viernes, 12 de septiembre de 2008

Quen é Rafael de Santiago?

"En la Villa de Noya, a ocho días del mes de octubre, año de MIL SETECIENTOS NOVENTA Y SEIS; ante mí y testigos apareció presente Francisca Blanco y Fernández, soltera, mayor, que confiesa ser de treinta años vecina de la Parroquia de Santa Cristina de Barro y natural de la Parroquia de San Julian de Torea, anexo de la de San Esteban de Abelleira, y dijo que hoy, y para siempre firmemente remata y da en venta Real y llana a RAFAEL DE SANTIAGO, vecino del Lugar de la Parroquia de Torea, que está presente y compra para sí, su mujer, hijos y herederos, a saber: toda la parte, voz, derecho y acción en Bienes Raíces que corresponden a la otorgante en la Parroquia de Torea por herencia....... y se compone de casas, cañeiras, labrado, montes, prados, dehesas, molino y más anexos, sin reservación alguna, todo ello con sus entradas, salidas, servidumbres, veigas..."

Transcribo este vello texto dun documento da miña familia - que ten un selo coa seguinte inscrición HISPANIARUM REX CAROLUS IV - D.G.

Pois RAFAEL DE SANTIAGO é o tataravó do tataravó do rapaz da foto.

Ahh! por certo, o neno chámase Manuel e naceu en Bos Aires na primavera austral do 2002.

Saúdos

9 comentarios:

  1. Así que agora nos dedicamos ó enigmático mundo da xenealoxía...

    ResponderEliminar
  2. Encantanme estas historias dos nosos ancestros...

    ResponderEliminar
  3. Que importante é saber de onde vimos ¿verdade?
    Cres que hai unha etapa na vida na que aparece a necesidade de procurar as nosas raices ou ti sempre a sentiche?

    Chuchiños

    ResponderEliminar
  4. Ten unha gran e impagable sorte, de saber quen é, de donde ven, cales foron as suas orixes, onde esta a terra que arropa e acolle os ancestros....
    Historia viva, e vivida que non debe esquecer, ningún de nos...
    A mi gustariame tamen ter por certo a arbore xenealoxica da miñafamilia, pero por desgracia, o eslabon...rompeu e a memoria caeu no abismo da enfermidade....perdida para sempre.

    ResponderEliminar
  5. Ten unha mirada de pillo o retátaraneto de Rafael... que mesmo parece parente meu!
    (E pode selo. Contaba meu avó que un ancestro noso marchou para "a terra de fora" e nunca máis del se soupo...)

    Unha aperta

    ResponderEliminar
  6. Vaya que descubrimiento ese texto, cierto? Reencontrarse con lugares, con nombres, con palabras, caras que quizá escondidas a la memoria mas reciente, no lo son para la memoria inscrita en nuestro pasado, la que llevamos en nuestra sangre.

    Hoy debo decirte gracias por la visita a mi blog y el comentario, y confesar que aunque sin dejar comentario, ya te había leído por los blogs que tenemos en común... que me apasionaron las curuxas y as cores do inverno... que disfruté conociendo lo que muestras de allá...

    Hoy te dejo saludos visibles!

    ResponderEliminar
  7. sempre me chamou a atención estas cousas da xenealóxía, precisamente por adornarla cun aura romántica e emotiva, coma fas tí, e así che quedou esta entrada tan bonita como pillabán o neno.

    hai pouco vin unha reportaxe que falaba duns que se xuntan cada ano, todos eles descendentes dun fulano, de canarias creo que é, (só os que levan o apelido de primeiro) e eran máis de 800 -que se sepa- e nin se entenden entre sí, pois hai distintas lenguas, e distintos continentes... e todo por un que se adicou a investigar nos seus ancestros e a porse en contacto con eles.
    Se miramos ben, seguro que eu mais o cativo somos parentes, ata me parece verlle un aire co meu fillo cando era cativo :D

    felcitoche por a recuperación dos nomes, os feitos, as caras...

    ResponderEliminar
  8. PEDRO: gracias por tu visita :-)

    VAKASTOLAS: cando fun a Galicia puiden atopar moitos datos sobre os meus devanceiros da Ría de Muros ;-)

    VECA: a min tamén. Quero que os meus fillos saiban a súa orixe.

    CUSPE: o meu interese polas miñas raíces fíxose moi forte a partir do pasamento do meu avó.

    AOPEDOFARELO: creo que tes razón. Coñecer a historia da miña familia é un plus moi importante para min :-)

    CHOUSA: pois se o rapaz ten cara de pillo non sairá ao pai, imaxinas ;-)
    Pode que teñas razón e eu sexa o teu curmán jajaja

    CRIS: moitisemas grazas polas túas verbas.
    Aledame que poidas visitar o noso curruncho da rede :-)
    Saúdos.

    ZELTIA: a verdade que pillabán é pillaban o neno :-)
    Tamén coñezo ese tipo de xuntanzas... non é o caso da miña familia. Non somos moitos en Arxentina.
    Seremos parentes?
    Por certo, os meus outros fillos non son tan cativos...

    Unha aperta para todos.

    Antón.

    ResponderEliminar

Deixanos a túa opinión.