domingo, 23 de noviembre de 2008

A Coroa






Para Maria Juana Magadán e todos os que saimos de Vilaframil algún día...



A COROA

A Coroa
érguese contra o ceo
no contraluz da tardiña
e pinta de verde,
sobre vermello,
a paisaxe do val.

A Coroa...lúa chea
que baila nas sombras
da Chaila dos Lobos
unha danza ancestral.

Alma inqueda do piñeiral,
morada de mouros
en antigas covas.

Vento que aúla
entre os castiñeiros
de Gaiol e Fargaoso.

Xabaril que foza
nas leiras do estivo,
cortín de cen colmeas,
ouro soterrado,
campá de lenda.

Séculos de pedra
gardan, coas súas murallas,
o sol no teu cume.

24 comentarios:

  1. hi,
    nice blog here...
    it's full of beautiful pict..good work

    ResponderEliminar
  2. A terra ten un segredo.

    Os fillos que a deixan nunca esquecen o seu misterio.

    Preto ou lonxe, fican as súas paisaxes gravadas no corazón.

    Unha aperta.

    Antón.

    ResponderEliminar
  3. Que sorte temos os que vivimos nestas montañas verdade??? Nunca me canso de mirar a paisaxe, nunca.

    biquiños!

    ResponderEliminar
  4. E tamén temos sorte os que, ainda non vivindo nelas, nos brindades a oportunidade de disfrutalas visual e incluso intelectualmente.

    Chuchiños dende o Centro do País

    ResponderEliminar
  5. El sentimiento de la tierra es lo único que nos puede salvar. Bello poema.

    ResponderEliminar
  6. Ohhh, qué entrañable de verdad! De todas formas hay tierras mágicas, mas que otras, hay tierras que atrapan el alma de una forma muy especial...

    Me hizo recordar una canción:

    "Ainda hoxe queda xente
    que sabe sentir a terra
    queda ainda quen comprende
    canto pode aprender dela

    Que non existe o silencio
    todo está cheo de sons
    canta o río, brúa o vento
    todo fala ao teu redor

    I é preciso que entendas
    o que intues no interior
    somos parte desta terra
    porque terra somos nós

    Somos coma o vento
    que peitea a herba
    gardando os segredos
    dos confins da terra

    Somos como as pedras
    que o tempo moldea
    envoltas nas neboas
    dos confíns da terra

    Somos coma o lume
    que da luz nas tebras
    i esperta as concencias
    dos confins da terra"

    besos

    ResponderEliminar
  7. Son preciosas las fotos, unos paisajes muy bellos.
    Espero ver algo parecido en los próximos días, estoy encantada, este viernes voy a Galicia, hace un montón de años que no voy, tenía muchas ganas de volver.
    Biquiños.

    ResponderEliminar
  8. Bonitas as fotografías, o val, o monte... e tí envolvendoo todo de maxia con este poema.

    precioso

    ResponderEliminar
  9. Sentidos versos para unha fermosa paisaxe.
    Parabens.

    ResponderEliminar
  10. Gracias por compartir imágenes que me llevan a otros lugares!!
    Un abrazo desde Barcelona.

    ResponderEliminar
  11. Piquei no voso blog por pura casualidade e por outro motivo no que ten moito a culpa Antón.
    É unha grata sorpresa saber que coñeces Marín e recordas "A Goleta" é un local que aínda funciona, non tanto como neses anos que podías ir todos os días á cafetería e gozar das vistas, un dos fillos encargábase dela e sempre tiñan moita xente. Este mozo unha tarde de inverno cando o mar rompe coa forza do vento , foi coa súa noiva á zona de Bueu (creo que foi en Cabo
    Udra ) para facerse unhas fotos. Un golpe de mar levou á noiva, el tirouse a salvala e morréron os dous, este triste acontecemento afecto moito á Goleta que estivo moito tempo pechada ao publico.
    Na miña ultima entrada "A camelia da Praia" se picas na terceira foto poderás ver ao fondo entre o barco branco e o vermello un edificio branco esa é "A Goleta".

    Antón de Muros; quero que saibas que eu pase moitas tempadas por esa a túa terra, o meu avó paterno era de Outes e os curmáns (fillos dunha irmá do meu avó) rifabanse por terme con eles. Fun moi feliz e moi querida por esa a miña familia. A casa matriz e por tánto a parada principal era en Ountes Rodrigo o máis pequeno fixo a mili en Marín, permiso que tiña, viaxe que faciamos xuntos, toda unha aventura cambiando de autobús en Santiago ata chegar a Outes. Eran unha chea de curmáns, Rodrigo casou cunha moza do Freixo e alí fixo a súa casa. As mozas, Anuncia, Pepa e Joaquina quedaron cos pais mentres Manuel un dos mozos estudaba para cura .A súa primeiro parroquia foi en Fisterra, logo Santa Cristina de Noia máis tarde, a parroquia de Louro e faleceu sendo cura párroco de Esteiro. Pasei moitas tempadas nesas parroquias. As súas irmás Pepa e Anuncia coidábanme como unha raíña e desde Louro iamos a Muros para facer as compras, se as pedras falasen diríanche moitas cousa do meu paso por esas terras, terras dos meus devanceiros.
    Un abrazo. A.Cris

    ResponderEliminar
  12. Auqnue hay alguna palabra que se me escapa, esos versos tienen imágenes tan físicas que se ve que están pegados a una tierra. Un saludo

    ResponderEliminar
  13. hi again, thank you for visit me...
    I will add you in my link if you want..
    regard

    ResponderEliminar
  14. hi Anton,
    Thanks for visit me too...
    your blog really stunning...
    best regard from Indonesia

    ResponderEliminar
  15. o conjunto de fotografias e poema é mesmo sentido.
    beijos

    ResponderEliminar
  16. Estas paisaxes sempre me evocan segredos.

    ResponderEliminar
  17. NIAR: welcome and thanks for your visit.

    ANTÓN: "Voan, pero nunca abandonan o niño " ;-)))Gustouche? Unha aperta

    HADEX: Si, temos moita sorte, anque supoño que se naceramos na chaira amaríamos a nosa terra da mesma maneira. Bicos

    CHOUSA: Ahhhhh, atopamos algo que en Antas non teñen mellor ? ;-))) jajaja Chuchiños.

    PEDRO: Es importante para el individuo, como para los árboles, tener las raíces en la tierra.
    Abrazos.

    CRIS: ¡Canto me gusta esa canción de Lúar na Lubre! Boh! esa e as outras ;-)
    Biquiños

    IRENE: Si pasas por Lugo avísame aquí para tomar un café juntas, ¿vale?
    Besos.

    Zeltia: Cando queiras ven e ímoslle dar a volta andando á Coroa ;-)
    Chuchos

    Raposo: Graciñas, os versos saen do corazón :-)Unha aperta

    ResponderEliminar
  18. ANIÑA: Cuando quieras :-)Serás bienvenida.
    Un beso

    MONTSE: Gracias a ti también por las tuyas :-)
    Abrazos.

    AVOA CRIS: Que triste historia a da Goleta, non tiña idea do que pasou.
    Eu vivín en Marín porque son mestra e estiven dous cursos no Sequelo.
    Estando alí casei e aprobei a oposición, así que Marín é un lugar case máxico para min ;-)
    Escribín un poema a Marín fai anos, calquera día sae aquí.
    Bicos

    NOMEDIGAS: Le voy a copiar la idea a Euphorbia y pondré una traducción de cada post, como comentario, en adelante :-)
    Un abrazo

    LM: Alédame que che guste. Bicos para toda familia.


    VAKASTOLAS: Teñen segredos ;-) Por exemplo había unha cova na aba da Coroa, e en tempos houbo osos nas súas ladeiras.
    Chuchos

    SUSO: Canta variedade de paisaxes pode ofrecer Galicia ¿Verdade?
    Bicos.

    ResponderEliminar
  19. Mil noraboas por tantos anos collidos das mans. Fermosa maneira de celebrar os tres decenios.
    Moitas apertas.

    ResponderEliminar
  20. AVOA CRIS: grazas pola historia. Vexo que coñeces moi ben os lugares da terra dos meus devanceiros: Fisterra, Louro, Esteiro, Outes, Muros.
    ¡Canta ilusión de voltar a eses lugares!

    Unha aperta.

    Antón.

    ResponderEliminar

Deixanos a túa opinión.