Miñas donas, meus cabaleiros :-), rematado o prazo e efectuado o sorteo polo mesmo método arcaico (nada de bombos, LM ;-)) ca Paideleo, e cunha man inocente, inocente(anque só neste asunto do meme ;-)) e algo máis grandiña ca de Leo, resultou gañador do butelo e do doce de leite que sorteamos en Cuspe de Pita o número 14 : Manuel L. Rodrigues , con quen me poño en contacto axiña para enviarllos na vindeira semana.
E moitas grazas a todos por participar no sorteo...
Agora vou ver se me tocou algo a min :-))
Fixen unha reportaxe fotográfica do proceso de sorteo, pero...esquecín o cable para pasar as fotos da cámara ao ordenador na casa onde paso metade da semana, así que ata mañá á noite non poderei subilas aquí. Prometo facelo en canto poida :-)
Eu sei de alguén que vai estar mooooi ledo de que o butelo e o doce de leite tocaran cara Noia :-))
ResponderEliminar¿A que si, Antón ? ;-))
pois pa min que Manuel L. Rodrigues ten un pauto co demo, porque tamén lle tocou o viño da ulla do meu blog!
ResponderEliminarBueno eu non me podo queixar que me tocou a tortilla de betanzos á que me vai invitar Artabria ;-)
Hainos con estrela, Zeltia !
ResponderEliminarEu aínda non mirei os blogs e vouno deixar para mañá porque estou moi cansa agora,pero agardo ser unha afortunada, que hoxe houbo grandes sinais no ceo, como cando naceu aquel moro da morería :-)( ¿lembras o poema que estudiabamos na escola ? Pois igual !) E eu agardo que foran por iso ;-)
Biquiños
Falas de Amenábar? ;-) ;-)
ResponderEliminarPor certo, a Ría de Muros e Noia é moi especial jajaja
Chuchos.
Antón.
si te toca algo repartiras¿
ResponderEliminarxd
es bromita
un beso fuerte
Felicidades a Manuel que ganó el vuestro y el de Zeltia, y a vosotros por la iniciativa, me ha parecido muy interesante y divertida!!
ResponderEliminarbesos
¡enhorabuena al agraciado!
ResponderEliminarSi, si, hainos afortunados, carallo!
ResponderEliminarEu tamén lle dou a noraboa, pero quedo cuberto de envexa!!!!
---Por certo!!, onte durante a emisión do programa quería aludir a este blog, feito dende Galiza e Arxentina; e ti pensas que me lembrei?. Cousas do directo!---
ResponderEliminarUN ABRAZO, QUERIDOS AMIGOS, Y FELIZ DOMINGO..!
ResponderEliminarANTÓN: Xusto en Amenábar estaba eu pensando!! jajaja. Faite o sueco, fai...;-)
ResponderEliminarChuchooossss!
ANIÑA: Nada que repartir e momento, como non sexa un pouco de cabreo porque nun dos blogs nos que pedín número non mo deron...Snif !
Nada......sigo a esperar que me toque algunha vez...
ResponderEliminarDe calquera xeito, este é unha autentica feira; Viño, pan de Antas, Quixo de nabiza, mel.-.....quese eu.
Vaia rede que temos montada¡¡¡¡
El sorteo seguro que fue tan limpio como la leite. Un saludo
ResponderEliminarNon hai maneira, aínda así foi unha experiencia marabillosa, vaia festas viruáis nos montamos cos nosos productos. Haberá que repetilo.
ResponderEliminarNoraboa a Manuel, vexo que é bastante afortunado. Todos a Noia a compartir!!
Apertas
bueeeno: chorarei pola derrota de Galiza nas eleccións, comendo butelo e doce de leite de Cuspedepita, co viño de Zeltia...
ResponderEliminar...enfin; xa non sei se chorar ou rir. Olho que os españolitos volven para darnos no cú a todos.
Viva Galiza Beibe!!
Pois noraboa para o gañador !.
ResponderEliminarEu cuns percebes e un viño verde totalmente inesperado xa vou ledo !.