martes, 7 de julio de 2009

Antítese nativa




Hai uns días recibín o libro Antítese nativa do poeta noiés Manuel L. Rodrigues (preme) editado pola Fundación Amigos de Galicia.

Manuel foi cofundador e membro do Colectivo Literario Sacou. Acadou varios premios literarios e participou no World Poetry Day en Santiago de Compostela, convidado polo Pen Clube de Galiza. Colaborou na antoloxía "21 poemas por man propia" da Colección Bourel e en diversas revistas. Galardoado co XIV Premio de Poesía "Suso Vaamonde", Antítese nativa é o seu primeiro libro individual publicado.

O poemario amosa a forza e o lume da poesía nunha paisaxe bifronte. Por unha banda a cidade, cos seus postes, rúas, carteis luminosos, autos, bucinas que berran... e pola outra, a natureza coa súa profusión de vexetacións, silvas, enredadeiras, eucaliptos, aves, augas, rochas, ventos...
Nese escenario a sensibilidade e a orixinalidade do autor que sentencia "Somos o que cremos amar"

Moitas grazas, Manuel polo teu agasallo e moita sorte coa vindeira edición chea de sorpresas.

Antón.
(hai un dos poemas en comentarios)

21 comentarios:

  1. Lo buscaré... gracias por compartir el regalo.

    bicos

    ResponderEliminar
  2. Hola, Cris :-)

    El autor nos explica que se está gestando una segunda edición mejorada que posiblemente incluirá ilustraciones y una parte complementaria con nuevos poemas.

    También están pensando en un disco sobre el libro con la participación de diversas voces (algunas conocidas) y músicos varios.

    Un bico.

    Antón.

    ResponderEliminar
  3. E não publicas nenhum poema dele?

    Apertas.

    ResponderEliminar
  4. Grazas pola vosa información, xa me pasei pola súa blog. Buscarei máis.
    Boa idea pór voz aos poemas.

    ResponderEliminar
  5. Un genuino placer leerte de nuevo, amigos.

    Besos para los dos.

    ResponderEliminar
  6. Para que logo digan que as boas novas non seguen vindo de Bos Aires...

    Grazas, Antón!

    ResponderEliminar
  7. Felicitamos ao amigo Manuel L Rodrigues pola súa obra poética "Antítese nativa" procuraremos facernos cunha das súas publicacións.
    As fotos de Vila Devoto (o xardín de Bos Aires) teñen un encanto especial.
    Un saúdo. A.Cris

    ResponderEliminar
  8. São, tes toda a razón.
    Aquí un dos poemas de Manuel L. Rodrigues:

    Entra a calma. Os lagartos
    non saen a pór o seu lombo na alta escuridade.
    Sementadas están as vexetacións desta arca.
    Describo
    como un obxecto faría despois
    da cadea de montaxe.

    Son os ferros de óxido;
    este ruxir metálico por entre as follas secas
    (o outono), que se escoita...

    non florece ningún berro.
    Simples moran as congostras:
    materia de lama filosófica
    e tellados podres apenas furados
    polos meteoros (ansiedade).

    Acaso percorrer do regato
    nega a virxindade
    extrema do territorio?

    ResponderEliminar
  9. FONSILLEDA: alédame que coñezas a obra de Manuel :-)
    Saúdos.

    CORNELIVS: muchas gracias por tu afecto, amigo.
    Un abrazo.

    CHOUSA: grazas a ti por vir a Cuspe de Pita ;-)
    Unha aperta.

    A.CRIS: grazas polo comentario.
    Bicos :-)

    ANIÑA: un bico para ti.

    ResponderEliminar
  10. Sera difícil de encontrar en este lado del mundo. Pero tomaremos buena nota. Tengo una lista extensísima.
    Un abrazo

    ResponderEliminar
  11. Me apunto la recomendación, por supuesto.

    ResponderEliminar
  12. Non lin o libro pero sabía del e coñezo o blog do autor.
    Apertas e grazas polo adianto dese poema.

    ResponderEliminar
  13. uuuupas!!

    Chego con algo de retraso, coido.

    Moitísimas grazas Antón polo detalle. Agardo que te chegase o libro en bo estado. Eu tamén recibín ese "son galego" desde terras arxentinas.

    Unha forte aperta!!!

    ResponderEliminar
  14. Soamentes desexarlle sorte ó amigo Manuel co seu poemario. Por outra banda fixéches un bo traballo coa túa recomendación.

    ResponderEliminar
  15. latorredelossueñosesmeralda8 de julio de 2009, 21:09

    Haberà que leelo..

    ResponderEliminar
  16. isto recórdame que son mal pagadora!
    (cousas nosas -de Manuel L. Rodrigues mais miñas-
    ;-)

    ResponderEliminar
  17. JAN PUERTA: ¡Hola amigo! bienvenido a nuestro rincón.
    Un abrazo.

    PEDRO: siempre tan atento a todo.
    Un abrazo.

    RAPOSO: ola, grazas polo comentario.
    Unha aperta.

    MANUEL: aledame que chegara o libriño.
    Unha aperta.

    Antón.

    ResponderEliminar
  18. CARLOS SOUSA: moitas grazas, amigo.
    Unha aperta dende o frío.

    NACHO: gracias por la visita.
    Saludos.

    LATORREDELOSSUEÑOSESMERALDA

    ResponderEliminar
  19. LATORREDELOSSUEÑOSESMERALDA: eu xa o lín ;-)
    Saúdos.

    ZELTIA: entre vós está o tema jajajaja
    Bicos.

    Antón.

    ResponderEliminar

Deixanos a túa opinión.