miércoles, 28 de diciembre de 2011

O pasamento dun amigo




O 16 de novembro de 2011 morreu un amigo.
Chamábase Rubén Servia e era fillo de galegos.
Nado na Arxentina, tiña un amor fortísemo pola terra e pola súa familia galega.

Foi un bo amigo, respectuoso, traballador, agarimoso.
A morte levouno cando tiña 52 anos.

Non é doado comprender que non estea entre nós.
Compartimos a dor da súa muller e das súas fillas.

Os que o coñecimos lembraremos sempre o seu xeito de home cabal e o seu sorriso.

9 comentarios:

  1. Nestas ocasiões dolorosas , as palavras sobram.

    Por isso te deixo um apertado e solidário abraço pela perda.

    ResponderEliminar
  2. Moitas grazas,São.

    Unha aperta.

    PD: os mellores desexos para o 2012.

    Antón.

    ResponderEliminar
  3. Non é doado entender este tipo de acontecementos, pero estou seguro de que a no voso recordo permanecerá sempre a súa lembranza.
    Unha aperta

    ResponderEliminar
  4. Teño unha imaxe moi nítida e divertida de Rubén da retina, en moita parte grazas a ti, Antón, que nos facías rir a todos alá en Ezeiza, o último día que o vin. Pero sobre todo lembrarei sempre o seu bo corazón, o seu carácter animoso, conciliador, agarimoso, e a devoción que lle profesaba á súa familia,o amor co que falaba da súa muller, das súas fillas, dos seus pais, dos seus avós. E sempre de telón de fondo, o amor pola súa terra galega.

    ResponderEliminar
  5. Cando alguén desaparece do noso entorno, sempre nos deixa unhas muxicas do seu mirar prendidas no corazón.

    Un saúdo e feliz 2012.

    ResponderEliminar
  6. Custa encaixar estas novas ás portas dunhas festas, pero non queda máis remedio ca seguir adiante, levando na memoria a lembranza de quen se foi. É a mellor homenaxe.

    Feliz 2012.

    ResponderEliminar

  7. · Recordar a alguien es hacer que viva siempre.

    · un bico

    CR & LMA
    ________________________________
    ·

    ResponderEliminar
  8. No puedo creer que haya fallecido. Yo era compañero de trabajo en el 2005 acá en Argentina. Era muy buen compañero y excelente persona. Una lástima.
    Fernando

    ResponderEliminar

Deixanos a túa opinión.