domingo, 12 de enero de 2014

Presentación de "Son Galego"


Antón anda por Muros, por terceira vez.

O día 1 de Febreiro de 2014 presenta alí o seu libro "Son galego", na terra onde naceu o seu avó e de onde emigrou sendo un rapaz para acadar unha vida vellor na Arxentina, onde traballou e formou a súa  familia, sen poder volver nunca á súa casa natal.
 El foi quen lle transmitiu a Antón o seu amor por Galicia, e a súa maneira de ser,  pensar, falar  e sentir coma galego, con todo o que leva implícito, comezando por unha morriña que trae  a Antón a Galicia  sempre que as circunstancias llo permiten.

Organiza a presentación a revista The Muros Times , coa colaboración do Concello de Muros e I love Muros, onde atoparedes máis información.

Tamén vos recomendo moito este enlace:

http://fiosinvisibles.tumblr.com/post/72873154331/de-bos-aires-a-muros-as-moitas-maneiras-de-ser-galego


9 comentarios:

  1. Habíame gustar poder ir a Muros o día primeiro para que Antón me asinase o meu exemplar de "Son Galego"...Quen sabe!

    ResponderEliminar
  2. Cuspe: Contacta comigo a través do correo-e por favor. A miña lista de mail extraviou o teu enderezo, e no blog non o vexo

    ResponderEliminar
  3. Se pudesse , estaria presente para te abraçar .

    Assim , te envio , sinceros votos de muito sucesso!

    Apertas.

    ResponderEliminar
  4. Tamén me gustaría estar presente. Qué terá ser galego, un sentimento tan forte que sobrevive a varias xeracións a pesares da distancia.
    Moita sorte co libro

    Unha aperta

    ResponderEliminar
  5. Moiatas grazas, Chousa, Sao e Alis.
    Mandovos unha forte aperta!
    E outra para Marisa, claro ;-)

    ResponderEliminar
  6. Parabéns, Antón!!!! Eu estiven na primeira presentación así que agora deséxoche dende aquí o mellor para ti e unha boa andaina para "Son galego".
    Bicos e apertas

    ResponderEliminar
  7. Parabéns! Ser galego ou galega é algo que non ten prezo, por moito que fóra do Padornelo e mesmo dentro nos queiran facer ver. Gustaríame saber como se pode adquirir o libro... Editorial e/ou puntos de venta. A Muros non podo ir...

    Bicos e parabéns de novo!

    ResponderEliminar
  8. Que ledicia ter coñecido en persoa a "Cuspe de Pita"!
    Foi unha tarde máxica a do domingo en Muros e un rotundo exito para Antón e o seu libro "SON GALEGO".
    Saúdos e parabéns.

    ResponderEliminar
  9. Estoy muy de acuerdo con sus puntos de vista sobre su blog.
    gracias, puedo añadir la información de tu blog
    bisnis online pemula dan cocok untuk mahasiswa

    ResponderEliminar

Deixanos a túa opinión.