domingo, 1 de febrero de 2015

Camposanto de Vitos (Grandas de Salime)






Fai algún tempo, andiven de paseo con Pilar, unha curmá miña, e dúas amigas súas, polo Concello de Grandas de Salime, limítrofe co da Fonsagrada.

Entre as moitas cousas interesantes que vimos, este camposanto leva a palma.
Está na aldea de Vitos, berce dunha ponla da familia da miña curmá. Para chegar ata lí xa vedes as voltas que hai que dar, primeiro para baixar ata o río e despois para subir pola outra ladeira. Pero pagou a pena.

O curioso deste cemiterio, aparte da paisaxe espectacular na que foi construido, é que só alberga tres nichos, o que o convirte no cemiterio máis pequeno que teño visto.

¿Sabedes  de algún máis pequeno?



6 comentarios:

  1. Si que é pequeno.
    Non creo que haxa algo máis pequeno aparte dalgunha tumba dalgún matrimonio.

    ResponderEliminar
  2. Si que é curioso, si. Máis pequeno non o haberá, non hai moita marxe.

    ResponderEliminar
  3. Me gustaría tener tan buenas vistas cuando me toque

    ResponderEliminar
  4. Bellas imágenes, pero lo que más me agrada es la tranquilidad y el sosiego que se intuye por esos parajes...

    Un abrazo

    ResponderEliminar
  5. É o campo santo máis pequeno do que oín falar.
    E o lugar é para non esquecer.

    ResponderEliminar

Deixanos a túa opinión.