Despois da sensación de impotencia que deixa o último atentado de ETA, quédome con dúas imaxes de mulleres, moi significativas:
- Por un lado unha rapaciña moi nova, Sandra Carrasco, filla de Isaias Carrasco, lendo o comunicado da familia tras a morte do seu pai, coa cabeza alta, tratando de que a dor non lle quebrara a voz, toda vontade de enteireza e de valor.
-Por outro lado a alcaldesa de Mondragón, Inocencia Galparsoro, abandonando o seu posto ao frente do consistorio mentres dure o loito polo ex concellal asasinado, fuxindo ("por respeto y para facilitar las cosas" ) de verse na obriga de organizar a capela ardente no concello.
A todos nos sorprendeu a "enteireza" da filla. Tiven a sensación de que vivía un chisco nunha nube... Con todo merece unha aperta.f
ResponderEliminarO do "f" que me saiu despois do punto...non sei moi ben se tiña que ver coa verificación da mensaxe ou é que a artrose dixital empeza a facer mella en min...
ResponderEliminarAgora a aperta é para ti!
Saludos desde a Costa da Morte
ResponderEliminaro último atentado de eta foi terrible, mellor non recordalo, pobre familia, que imaxe máis... aterradora quizá?? e a primeira vez que te visito gústame moito a foto de cabeceira, se queres visitalo meu blog a dirección é: www.asbeirasdoarnego.blogspot.com
ResponderEliminarSi a imaxen da filla foi admirable. Con tanto sufrimento e o tranquila que estaba.
ResponderEliminarPois eu non sei... solidarízome coa dor. Pero non coa instrumentalización da dor. Ahí a presidenta do goberno a carón da rapaza, non sei revólveme todo un pouco o estómago.
ResponderEliminarPor outro lado, sabías que a primeira persoa da política que acudiu ó hospital a ofrecerlle as condolencias a familia foi Inocencia Galparsoro? Que logo non queira firmar nun comunicado "conxunto" secadra non ten o significado que nós lle damos... xa digo, non o sei. Reservo un pequeno espazo para a duda.
Eu poida que firmase que "rexeito o uso da violencia, inda tamén a que exerce o Estado a través das suas institucións", pero poida que así non lle valese.
Bueh, ó fin, pobre home, e pobre familia. Que os mais xa están planificando as suas vacacións, ou celebrando as sendas "victorias" electorais.
Queria decir a "vicepresidenta" onde dixen presidenta, claro.
ResponderEliminaray perdoa se me puxen seria de máis, e que acabo de ter unha apaixoada discusión política cun compañeiro e quedei un pouco desacougada.
Chousaaaa ! Ti escribes un f demais e eu case invento a palabra "enteireza" ;-))
ResponderEliminarCando lin a túa resposta fun ao diccionario da RAG e non aparecía... "vaia metedura de zoca!", pensei, pero non, o Estraviz salvoume do apuro ;-): eles xa a inventaran antes ;-))
Saúdos a Suso Lista, Asbeirasdoarnego e D´agolada, gracias pola visita e os comentarios.
Asbeirasdoarnego, a foto non che é mérito da fotógrafa(moi maliña), senón da ocasión. O ceo é un espectáculo moitas veces e algunhas, coma ese día, teño a sorte de estar alí e levar unha cámara ;-)
Por certo, por se non recoñecestes o sitio, :-) alá abaixo estaba Negueira de Muñiz.
Penso que a filla de Carrasco aínda non asimilara de todo o que pasou. Ás veces pasa que unha persoa faise forte en determinados momentos, e logo, cando xa non é necesario que aguante o tipo, derrumbase moito máis que os que se fan un mar de bágoas...
¡Pobre rapaciña!
Zeltia, vexo que coincidimos en moitas opinións e formas de ver as cousas, esa foto coa "vice" tamén me deu repelús.
Sobre a alcaldesa, non sei que tipo de persoa é, pero desde logo non me parece moi coherente nos seus xestos.