viernes, 9 de enero de 2009

Proposicións

Hoxe teño dúas proposicións para todos os que nos visitades, que agardo que vos parezan ben e que vos atrevades a aceptar ;-)


A primeira é que vos sumedes ao Manifesto pola Solidariedade que, a proposta do amigo Cornelius, se está fraguando entre a familia blogueira e que pretendemos que saia á luz en todos os blogs que queiran adherirse o vindeiro 30 de xaneiro, Día da Paz. Agardo a vosa colaboración. Paga a pena.
Polo momento leredes no blog de Cornelius o borrador provisional e a forma en que se vai facer. Agardo a vosa participación :-)

A segunda é que dediquedes un minutiño de tempo a asinar a campaña “Pola accesibilidade da muralla romana de Lugo” que pretende convertir a nosa muralla na primeira europea accesible en todo o seu perímetro para as persoas con mobilidade reducida, e que é unha iniciativa de Auxilia Lugo propiciada polo Servizo de Participación e Integración Universitaria do campus de Lugo.
Aceptades ? :-))

15 comentarios:

  1. Importantisima a iniciativa de facer accesible a muralla. É de xustiza recoñecer un lugar moi destacado aos nosos discapacitados polo seu tesón.
    E en relación co manifesto, visto que vos vades encargar da sua traducción ao galego, contade comigo para o que se necesite.
    Saudos.

    ResponderEliminar
  2. Duas cousas moi interesantes.
    Contade con nós para o que necesitedes. Un Abrazo.

    ResponderEliminar
  3. Cousas ambalas dúas moi cabales. Apertas

    ResponderEliminar
  4. Grazas por avisarnos, a min parecenme unhas iniciativas ambalasduas fantasticas...

    ResponderEliminar
  5. As duas propostas soy moi interesantes e contarán co meu apoio.
    Biquiños

    ResponderEliminar
  6. Parécenme dúas boas iniciativas. Estarei atento a primeira e xa asinei pola segunda.
    Apertas.

    ResponderEliminar
  7. Ambas propuestas te honran Cuspe, echaré un vistazo.
    Saludos!

    Gcc.

    ResponderEliminar
  8. Propstas aceptadas,pola accesibilidade xa asignei e para o día da paz a mandar...
    bicos.

    ResponderEliminar
  9. O día 29 de Xaneiro á noite publicarei unha entrada coa versión definitiva do Manifesto en galego e castelán para que os que queirades poidades copiala e subila tamén aos vosos blogs e que todas estean o día 30.

    Moitas grazas a todos os que asinastes ou ides asinar pola accesibilidade da muralla e/ou pensades apoiar o Manifesto.

    Apertas para todos.

    ResponderEliminar
  10. Gracias por la información y la colaboración, estaré al tanto.
    Un abrazo!!

    ResponderEliminar
  11. As dúas cousas son moi boas.

    Unha aperta.

    Antón.

    ResponderEliminar
  12. bueno, parece que ainda me enterei a tempo de publicar o 30 o manifiesto. e quixen firmar o da muralla e saeme todo o tempo error 404, parece de coña, como el chiste aquél. bueno, espero que me encuentre la página en otro momento, que me sumaré encantada

    ResponderEliminar

Deixanos a túa opinión.