domingo, 1 de febrero de 2015

Camposanto de Vitos (Grandas de Salime)






Fai algún tempo, andiven de paseo con Pilar, unha curmá miña, e dúas amigas súas, polo Concello de Grandas de Salime, limítrofe co da Fonsagrada.

Entre as moitas cousas interesantes que vimos, este camposanto leva a palma.
Está na aldea de Vitos, berce dunha ponla da familia da miña curmá. Para chegar ata lí xa vedes as voltas que hai que dar, primeiro para baixar ata o río e despois para subir pola outra ladeira. Pero pagou a pena.

O curioso deste cemiterio, aparte da paisaxe espectacular na que foi construido, é que só alberga tres nichos, o que o convirte no cemiterio máis pequeno que teño visto.

¿Sabedes  de algún máis pequeno?