martes, 21 de diciembre de 2010

Bos desexos



Nestas datas recibimos moitas mensaxes con motivo das festas.
Estiveron pola miña casa os que recollen o lixo.

Querían cartos, ademáis do meu saúdo.
Levaron o diñeiro e deixaron a súa poesía ;-)

Unha aperta.

Saúdos desinteresados para todos vós.

--
Antón.

lunes, 6 de diciembre de 2010

Inverno


"Desde la guarida vemos transitar el invierno maldito, con su helado cortejo.
Vemos pasar a las brujas del Norte con su esperpento globalizador. Y apenas distinguimos a través de la niebla a los buitres solemnes que perdieron el rumbo.
En la guarida estamos ilesos mientras cunde algún desastre. Y nos contamos cuentos y encendemos la antorcha."

Texto : Mario Benedetti - "Vivir Adrede"

Foto: Buronesa

viernes, 19 de noviembre de 2010

Novembro en Bos Aires






Non podo deixar de ollar os jacarandás en novembro.
Son un agasallo para min. A ver se vos gustan...
Saúdos.
---
Antón.

lunes, 11 de octubre de 2010

Rúas de auga







Preto de Bos Aires, o Río Paraná desemboca no Río da Prata en forma de delta.

O lugar está no Partido de Tigre.

Alí fun cos meus e descansei nunha illa ollando os barquiños.


Cando marchaba atopei a un amigo, Rubén, coa súa muller e a súa filla menor.

Rubén contoume que os seus avós galegos viviron os seus derradeiros anos nunha illa do delta traballando a terra e amosandolle o xeito de ser galego na diáspora...

Agardo que vos gusten as fotos :-)
Apertas.
--
Antón.

martes, 21 de septiembre de 2010

Primavera



Sempre nova e chea de vida: Benvida.
-
Antón.


(Xa sabedes que Cuspe de Pita ten un pé en cada hemisferio) ;-)

martes, 7 de septiembre de 2010

Cambios



Comeza setembro e sinto que a miña vida entrou nunha espiral de cambios que me custa un pouco asumir, anque algúns fosen moi agardados:
Este é o primeiro curso, despois de 21 anos, que traballo preto da miña casa, na Fonsagrada, a menos de catro km. do lugar desde o que estou escribindo isto. Agardei moitos anos este cambio, e sei que será positivo para min, pero agora mesmo boto moito de menos as miñas compañeiras e compañeiros do colexio de Rábade...
Dentro de nada, a fin de mes, cambiarei de década porque cumprirei os meus primeiros 50 anos. ¿Terá iso algo de bo? ;-)
A nivel emocional tamén algunhas cousas están cambiando dentro de min, quizá estou máis tranquila e centrada que nos derradeiros anos, pero tamén igual perdín un pouco de enerxía e ilusión e, por último, tamén o meu corpo parece que se sumou a este proceso e anda algo revolucionado pasando páxina.

En fin, que sería unha perfecta mascota dunha campaña electoral que tivese por slogan o cambio, se non fora que non estou de humor para políticas...¿Estarei tamén eu en crise?

Apertas


PD: Pensamos en vos, Javier. Que te recuperes pronto.


A pintada e a foto son miñas, o texto é un haiku de Javier Adúriz, querido amigo e admirado poeta.

viernes, 30 de julio de 2010

O porto










Non é a primeira vez que amosamos algo de Mar del Plata en Cuspe de Pita.

Tiven a sorte de pasear polo porto e trouxen algunhas fotos (pica nelas).

Agardo que vos gusten.
-
Unha aperta dende o inverno.
Antón.

lunes, 12 de julio de 2010

CAMPIÓNS !

Eu, que nunca fun moi futboleira, disfrutei( e tamén sufrín) este mundial.
Creo que me contaxiou este virus a miña filla, que é unha apaixoada do fútbol.
Así que hoxe foi un día de festa xa desde a mañá na miña casa: a mediodía un churrasquiño en familia á beira do río, á sombra dos amieiros, e pola tarde o partidazo da final.
Agora celebramos a victoria da selección española e, aínda máis, a derrota das malas artes dos holandeses, que non foron os mellores contrincantes cos que se mediu "la roja", anque quedasen segundos.

sábado, 3 de julio de 2010

RETORNO



Camiñamos pola vida de frente, de frente, de frente...obsesionados en seguir o camiño cara un lugar que ambicionamos, dereitos a un obxectivo onde se supón que atoparemos felicidade.

Pero, ás veces, despois de moito camiñar cos ollos fixos, decatámonos que estabamos errados, que o noso obxectivo comeza a se desdibuxar, de maneira que por un tempo, nos sentimos perdidos, sen rumbo, valeiros.

Daquela pensamos que cómpre volver atrás, camiñar sobre as nosas pegadas e replantexarse todo.

E descubrimos que era doado atopar o que buscábamos se mirásemos un pouquiño máis preto, sen tanta ambición...

Sinto que estou de volta, onde quero estar, serenamente feliz.

O camiño de regreso, anque non exento de bágoas, resultoume doado.

martes, 25 de mayo de 2010

Bicentenario





A nai do meu tataravó Antonio Rey tiña oito anos e vivía en Torea (Muros) cando o Cabildo de Bos Aires botou ao virrei Cisneros.

Hoxe, dous séculos despois, penso nas dúas beiras do océano (non esquecín as miñas orixes).

Curiosamente, o meu avó chegou en 1927 a un país cunha bandeira que ten as mesmas cores da bandeira galega.
Unha aperta dende Arxentina.
Antón.
(escarapela arxentina, bandeira galega, Cabildo de Bos Aires)

martes, 18 de mayo de 2010

17 de maio. Día das Letras Galegas

Falo, leo e escribo.
(Penso en galego)

Antón de Muros (dende a "fisterra americana")

domingo, 2 de mayo de 2010

Os meus fillos


O maior e o máis pequeno.

A vida é un milagre, ¿non si?

Así penso eu...

Apertas.


Antón.

martes, 20 de abril de 2010

Luces e sombras



Ao longo dos anos, dinme conta de que cando ti es sombra eu son luz, e cando eu paso por períodos grises ou mouros ahí estás ti, sempre, alumeando as miñas horas difíciles. Teño a sorte de poder contar contigo e tamén de poder estar cando me precisas. ¿Que máis se pode pedir, amigo ?


Tradución en comentarios

Foto: Cuspedepita

viernes, 9 de abril de 2010

"Yo destapé la trama Gurtel "

Espe, a máis grande especialista en darlles volta ao seu favor a tódalas tortillas, esta vez pasouse na reviravolta e a tortilla esnaquizouselle estrepitosamente contra o canto da tixola mentres nos escachabamos de risa todos os asistentes a este espectáculo penoso que nos está proporcioando a política dos derradeiros tempos.
Hai que recoñecer que como show-woman non ten prezo, e que se fora por cara dura xa lle tiña sacado o posto ao calzonazos de Rajoy, que a estas alturas xa perdeu totalmente o norte (¿quizá porque ten as mans atadas? )
A este paso vexo a Feijoo na Moncloa.

domingo, 21 de marzo de 2010

Velas Sudamérica 2010







Con motivo do encontro e regata Bicentenario chegaron a Bos Aires no mes de marzo grandes bergantins, goletas e fragatas de varios países do mundo.


A travesía comezou en Brasil e rematará en México.

Querovos amosar algúns dos veleiros que visitaron o porto.
--
As miñas fotos en orde: Fragata Libertad (Arxentina), Juan Sebastián Elcano (España), Sagres (Portugal), Cuauhtémoc (México), Simón Bolívar (Venezuela)

domingo, 14 de marzo de 2010

Repouso



Morre a tarde en Puerto Madero.


(Foto Antón de Muros)

domingo, 7 de marzo de 2010

Pares


Puerto Madero. Bos Aires.

(Foto Antón de Muros)

lunes, 1 de marzo de 2010

Cortiza




Cantas veces desexaríamos ter unha cortiza asi, coma desta árbore, para que os acontecementos do exterior chocasen contra ela e non nos afectasen !
Pero por sorte ou por desgraza temos esta fina pel que sinte o frío e o calor, e percibe ata os cambios de humor dos outros e deixa penetrar ao máis fondo dores e preocupacións, amarguras e desesperanzas...

Hoxe foi un de tantos días, con ledicias e penas, ledicia polos amigos chilenos dos que por fin tiven boas noticias (todos a salvo) e penas por outros problemas que afectan a xente á que eu quero, xente que precisaba ter un caparazón duro coma a tartaruga, pero que non o ten.

Nada, un día máis, a vida.

Traducción en comentarios
Foto: Cuspedepita

martes, 16 de febrero de 2010

MÁIS BAILE



Contoume un paxariño que o noso profe de baile preferido, Manuel Tillo, e a súa parella Gabriela Paredes, quedaron semifinalistas no "campionato de España de dez bailes" que se celebrou en Alcorcón o pasado 8 e 9 de Febreiro. Este campionato inclúe a modalidade de baile standard (vals inglés, tango, vals vienés, slow fox e quick step)e a de baile latino (samba, cha cha cha, rumba, pasodoble e jive).
Manuel e Gabriela quedaron ás portas da final por un posto (foron 8º e entraron 7 parellas á final)



Tamén me comentou o paxariño que foron outros dous galegos , Adrián Esperón e Patricia Martínez, quen se proclamaron campións de España, e que aínda houbo unha terceira parella galega que se clasificou no quinto lugar: Cristian e Claudia Álvarez Sieiro.

E é que os cataláns, que sempre foron os de maior nivel, xa deben botar as mans á cabeza cando len os nomes galegos nas listas de participantes ;-)
¡ Bravo polos nosos bailaríns que veñen pisando moi forte !

Fotos cedidas por Manuel Trillo.

Traducción en comentarios.

jueves, 11 de febrero de 2010

Pantasmas




Fun da cidade ao mar.
Marchei despois á montaña.
Mais non o acadei...

As pantasmas estiveron sempre xunto a min.
Antón.

--

(Fotos Antón de Muros: Cabildo de Bos Aires, Mar del Sur, Merlo)

(Traducción en comentarios)

viernes, 5 de febrero de 2010

SEGUNDO ANIVERSARIO




O 31 de xaneiro Cuspe de Pita cumpriu dous anos.

Non sei que relación ten iso coa foto que elexín para celebralo, pero quizá vosoutros teñades algunha idea.

Levamos un tempo algo relaxados, como ben comenta a avoa Cris. Antón está de vacacións e eu non atopo nada interesante que contar, ou cando o atopo non teño tempo e despois, cando xa o teño, non me parece tan interesante. As cousas hai que facelas "en quente"...
En fin, que estamos folgazáns! ;-)

Igual é que estamos en plena evolución e aínda non demos saído do capullo :-))

De todos os xeitos seguiremos dando guerra, anque sexa aos poucos.

Gracias por estar ahí.

Apertas.


Foto: Cuspedepita
Traducción en comentarios.

miércoles, 20 de enero de 2010

Leite



Hoxe fun mercar leite...
Aínda que viva en Bos Aires, non podo deixar de pensar en Galicia ;-)

Saúdos.

Antón.

sábado, 9 de enero de 2010

Nunha praia do sur




Qué lonxe da terra chegaron os galegos...
(Preme nas fotos se queres ver os detalles)