Mostrando entradas con la etiqueta Lendas. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Lendas. Mostrar todas las entradas

miércoles, 21 de octubre de 2009

EL AROMO

(Foto: Antón de Muros)

"Que no teniendo alegrías se hace flores de sus penas"...


Con esta primeira choiva do outono, apetece poñerlle color á tardiña . E como xa extrañamos o sol, nada mellor que esta canción que fala de flores amarelas. Confeso que me chegan á alma os seus versos sinxelos e a voz serena deste grande da música arxentina que foi, é, e será, Atahualpa Yupanqui.

Confeso que, anque non son nada choramicas, teño verquido moitas bagoiñas escoitándoa, e todo por esa frase coa que comezo este texto, que me lembra sempre o que houbo que loitar na vida e cantas veces tiven que apretar os dentes e esquecer as dores do corpo e da alma para seguir e saír adiante.


El aromo

Hay un aromo nacido
en la grieta de una piedra.
Parece que la rompió
pa’ salir de adentro de ella.

Está en un alto pelao
no tiene ni un yuyo cerca
viéndolo solo y florido
tuíto el monte lo envidea.

Lo miran a la distancia
árboles y enredaderas,
diciéndose con rencor
¡pa’ uno solo, cuánta tierra!

En oro le ofrece al sol
pagar la luz que le presta
y como tiene de más,
puñao por el suelo siembra.

Salud, plata y alegría
tuíto al aromo le suebra
asegún ven los demás
desde el lugar que lo observan.

Pero hay que dir y fijarse
cómo lo estruja la piedra,
fijarse que es un martirio
la vida que le envidean.

En ese rajón el árbol
nació por su mala estrella,
y en vez de morirse triste
se hace flores de sus penas.

Como no tiene reparo
todos los vientos le pegan,
las heladas lo castigan,
l’agua pasa y no se queda.

Ansina vive el aromo
sin que ninguno lo sepa
con su poquito de orgullo
porque justo es que lo tenga.

Pero con l’alma tan linda
que no le brota una queja
que no teniendo alegrías
se hace flores de sus penas.
Eso habrían de envidiarle
los otros si lo supieran.

Pero con ‘l alma tan linda
que no le brota una queja,
que no teniendo alegrías
se hace flores de sus penas.

(Romildo Risso - Atahualpa Yupanqui)

domingo, 22 de junio de 2008

O conto do zapateiro



Emilio era un home pequeno, fraco, de idade indefinida, sempre coas barbas cinsentas apuntando nas meixelas.
Casara, xa non moi novo, cunha muller de Vilaframil e foran vivir a unha casoupa pequena , vella e algo embarrigada que chaman a casa da Caseira, no medio da aldea.
El era zapateiro e tiña o taller, cheo de anacos de coiro e zapatos vellos, no baixo da casa, onde tamén tiñan unha corte para a única vaca.
Ela era costureira, cosía no cuarto, que era tamén único, pero espacioso, e tiña a pequena máquina preto da ventá, onda a súa cama.
Aparte de costureira era moi boa cociñeira e por iso, sempre que había voda ou algunha festa importante, chamábana de todas as casas para dirixir os labores da cociña.
Ela era unha muller enxoita a que lembro sempre vestida con moita pulcritude e roupa escura. A pesar do seu aspecto austero e serio, era falangueira e sempre atopaba conversación.
Pola contra, Emilio era un home calado do que moi pouco se sabía, sempre co cigarro case apagado colgando do canto dos beizos.

Contan que un día, Emilio tiña que ir aos roxóns á casa da súa irmá, que vivía na aldea veciña de Vilardíaz, separada da súa polo castiñeiral de Fargaoso e o río.

Para atallar, en vez de seguir a nova estrada , meteuse por un carreiro cheo de silvas e de toxos, que baixaba ao río polo medio do souto.
Marchou case de noite, no escurecer de inverno, con idea de quedar alí a durmir e volver ao día seguinte. Apañouno a noite antes de chegar ao castiñeiral.
Baixaba tranquilo por baixo da espesura das árbores, pensando nas cousas da súa vida, cando escoitou berros na outra banda do río, alá enfronte, no lado de Vilardíaz.

Parou e escoitou. O tempo detívose canda el. Un xemido que parecía de voz de muller chegáballe co vento:
- ¡ Emiiiilioooooo, Emiiiilioooooo ! Aiiiii, Emiliooooo!
A pesar de que un calafrío lle percorría o espiñazo, sacou peito e respondeu :
- ¿Queeeeeeeee ? ¿Que queeeerees?
Pero quen queira que fose pareceu non escoitalo e volveu a berrar :
-¡ Emiiiiilioooooo ! ¡ Emiiiilioooooo ! Aiiiii, Emilioooo!
Outra vez Emilio respondeu con todas as forzas que puido atopar:
- ¡ Queeeeeeeeeeee ! ¿Queeeen éeeees? ¿Que queeeereeeees ?
Pero outra vez a voz do outro lado seguiu sen escoitalo e volveu a berrar moitas veces , cada vez máis abaixo e máis preto do río e del.

Por máis que Emilio intentaba tranquilizarse, un medo frío e inmenso comezou a prenderlle as pernas ás silveiras do camiño e de súpeto pegou a volta e comezou a correr monte arriba, sen tino e sen seguir o carreiro, que xa non vían os seus ollos aterrorizados. Un medo antigo espantábao e impulsábao a seguir correndo malia que se arrolou varias veces entre os toxos e na lama.
Así e todo, cando chegou á Bouza, o lamento escoitábase máis lonxe e pasado o Estivo de Castro xa deixou de oílo, pero aínda así seguiu correndo cara a casa , a onde chegou sen fala , todo rabuñado.
A muller, que xa estaba na cama, alporizouse toda cando o viu chegar así, pero el, que non sabía como explicarlle o que pasara , inventou un encontro co xabaril no castiñeiral, para que deixara de facer preguntas.

Pola mañá, a primeira hora, un home de Vilardíaz que ía cara a Fonsagrada, parou na súa casa para dicirlle que aquela mesma noite, a súa irmá caera, de súpeto, ao chan da cociña e morrera a iso das oito e media, cando preparaba a cea dos roxóns.

Daquela Emilio soubo quen berraba por el en Fargaoso.

( A foto do zapateiro é xentileza de "Emigrante sen destino" http://www.emigrantesindestino.com/
¡Graciasssss
!)