Ola, ¿ti es a nai de A, verdade?
Si, e logo?
É que nos queriamos falar contigo polo que pasou o outro día.
Nos zumbámoslle a N porque lle tirou disolvente a un ollo a A e xa estamos fartos de que se metan con el …Nos somos de CH, non estamos con el en M, pero os seus compañeiros en vez de axudarlle están sempre ríndose del e facéndolle burla e, como vemos que pasan as cousas e non se fai nada, decidimos facerlles fronte nos, a ver se así paran. Non lle queriamos facer dano a N, pero si meterlles medo aos tres, porque entre el e outros dous fanlle a vida imposible…
Pero ¿sabes? agora o que lle tirou o disolvente, que saíu o pobre A berrando do baño, pedindo auxilio, e case caendo porque lle ardía o ollo e nin vía por onde ía, nin sequera o van expulsar e a nos, que o saímos defender, denunciáronnos e veu hoxe a policía por aquí facendo preguntas...
Agora parece que N tamén ten minusvalía, coma A, pero nos iso non o sabíamos, só vimos que estaban eles tres no baño cando lle tiraron a Anxo e os outros dixeron que eles non foran…que agora que o penso non sei a que viña dicir iso en vez de axudarlle, que tiven que vir eu correndo lavarlle a cara e limparlle as gafas, que eles nin puto caso…
Os profes din que sería xogando, pero non, se fora así ¿porque non foron onda a A axudarlle e se desculparon daquela ?... Non, o que fixeron foi esconder o vaso no que estaba o disolvente para que os profes non souberan...que despois atopámolo escondido…para iso teñen valor…para dar a cara non…
E que sempre son os mesmos, ho, e ao pobre rapaz téñeno aburrido, que xa lle fixeron de todo, tíranlle auga por riba cando vai ao baño, rompéronlle a taquilla, roubáronlle cartos varias veces, enchéronlle o bolso do pantalón de aceite, e moitas máis cousas, e agora esto… E sempre se están rindo del…sempre con esa cara de burla...
E que fixeron os profes? Pois mandarlle a A que agardase a que saísen todos para que non se metesen con el, despois de que un día o ameazaron con darlle unhas hostias se non lles daba uns euros, pero el non tiña a culpa, os que tiña que sair despois eran os que se metían con el, ou tomar medidas con eles...pero non se fixo nada, e ao fin sempre sae perdendo el, sempre...
E eu xa non aguantei máis, ¿sabes? porque A nunca se mete con ninguén, ao contrario, sempre ven falar con todos e trata de ser amigo de todos, pero eles sempre se están rindo del. O que pasa é que el é moi inocente e non se sabe defender. Pero ti pregúntalle quen foi, apúrao para que che diga porque el ten que sabelo, que el parvo non é, non, parvo non che é…
E a min aféctame ¿sabes? porque na miña familia tamén hai un caso…e o outro día ata chorei de rabia aquí, de ver que aínda por riba os abusóns parecemos nos e non eles…
Que vaian aprendendo que aquí hai xente así e que hai que respectala…
Porque mira, eu xa non che son un neno, teño 24 anos e vexo as cousas como son, a min non me enganan coas súas mentiras, e eu ben vexo a clase de persoas que son, pero a eles nunca lles pasa nada, fagan o que fagan seguen aquí, e ao que o fixo non lle ha pasar nada, nin o han expulsar sequera uns días, porque os profes non queren problemas e están a escurrir o vulto, e nos, polo de pronto, estamos denunciados, xa verás…
Mostrando entradas con la etiqueta Discapacidade. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Discapacidade. Mostrar todas las entradas
lunes, 29 de septiembre de 2008
lunes, 7 de julio de 2008
Festa da discapacidade no Carballiño
Onte, domingo, asistín a unha das festas máis animadas que vivín nos últimos anos: A festa das familias de persoas con discapacidade intelectual no Carballiño que celebraba o seu duodécimo aniversario, anque eu era a primeira vez que asistía a ela.
Organizada por Fademga-Feaps (Federación de Asociacións en favor das Persoas con Discapacidade Intelectual de Galicia)e Special Olimpics, celebrouse no parque da vila ourensá do Carballiño coa presencia de 1600 participantes que nos achegamos desde os catro puntos cardinais de Galicia.
Alí, despois dos dircursos das autoridades locais e autonómicas, e dos representantes de Fademga e Special Olimpics, da misa co acompañamento da Coral do Carballiño, demos boa conta dun xantar de confraternidade no que non faltou o pulpo e a carne ao caldeiro, seguidos do baile amenizado pola orquestra Costa Azul, e pola entrega dunha medalla de honra a María del mar Insua Álvarez, polos seus méritos deportivos ao longo de 30 anos.
Aparte da multitudinaria resposta a esta convocatoria anual, chamáronme a atención dúas cousas: A ledicia reinante todo o día (e senón pregúntenlles aos da orquesta se tiveron algunha vez público máis entregado )e a excelente organización do evento.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)