Mostrando entradas con la etiqueta Memes. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Memes. Mostrar todas las entradas

jueves, 14 de mayo de 2009

Concurso-sorteo dunha fin de semana nunha casa rural de Galicia


Desde o programa "Sempre en Galicia" de Radio Cornellá, convídannos a participar neste concurso que ten un premio do máis apetitoso para os aventureiros do turismo rural.
As bases do concurso atoparédelas no blog de Sempre en Galicia :
Nós deixamos aquí unha característica de cada unha das casas:
Casa 1 (Xanela da Lúa): O apelido da dona é SIABA
Casa 2 (Santa Mariña da Ponte): O teléfono é o 988 340257
Casa 3 (Hotel Vila de Viana): Está ubicado na Praza Maior de Viana do Bolo
Casa 4 (A Nosa Casa): Unha das especialidades culinarias é a Androlla
Casa 5 (O Retorno): Está na Rúa Mazairas de Viana do Bolo
Casa 6 (Mirador da Ribeira): Unha das galerías que ten é de cor branco
Casa 7 ( Casa Rosalía): Aparte do marco incomparable, seica os almorzos que ofrecen nesta casa son espectaculares.
Lote 7 (Queixo do Xurés): A explotación de cabras está rexentada por Antonio.

E pásolle o testigo a :

Fonsilleda

La Torre de los sueños esmeralda

Victoria

Os nenos

E ás miñas companeiras de traballo, que seguro que estarán interesadas en disfrutar dunha finde nestes fermosos lugares.

jueves, 5 de febrero de 2009

Meme do traste galego

LM convídanos a seguir o meme do traste galego, que consiste (máis ou menos ) en :

1.- Recibes o meme e engades o produto da túa zona que vas a sortear no teu blogue.
2.- Envíaslle o "encarguiño" ;-) a tres persoas
3.- Vas dando número aos que deixen un comentario nesa entrada, e o dia 28 de febreiro realizas o sorteo. E despois, claro, mándaslle o produto ao gañador.















1.- Sendo da Fonsagrada, ¿que hei sortear? :-))


Pero, como somos dous aquí en Cuspe, para que quede constancia da nosa metade Arxentina, o butelo irá acompañado dun "dulce de leche" para que o gañador poida facer ( se non lle toca o queique de Ordes) uns "panqueques de dulce de leche", coma estes, para a sobremesa:














Os panqueques son as filloas arxentinas ;-)
Mandareille tamén ao/á afortunado/a as instruccións para cocer o butelo.

2.-O encarguiño vai para estes blogueiros (agardo que non llelo mandara ninguén antes):
A Avoa Cris

Ao pé do Farelo, e

Manuel Busto


3.- Agora xa é cousa vosa se vos apetece ou non...

¡Que aproveite!

miércoles, 15 de octubre de 2008

Meme do millonario excéntrico


Convidounos Paideleo a seguir este meme tan curioso:

"O meme chámase: o millonario excéntrico. Nel hai que nomear polo menos cinco excentricidades que poderías permitirte facer se foses millonario de poder ilimitado. No meme non pregunto polo típico que farías se foses millonario senón polo raro de máis "

Despois de botar a voar a pouca imaxinación que me queda nesta cachola miña que parece rechea de mocos nestes días, sen espazo para nada máis, se eu tivera poder ilimitado faría moitas máis que estas cinco cousiñas:

- Mercaría avións de superluxo para que poidan viaxar a Galicia cómodamente todos os que eu sei que morren por vir e non veñen porque non poden, comezando por algúns que se querían vir de polizóns na miña maleta o 9 de Agosto ;-)

- Mercaría unha casa en cada lugar do mundo que me gusta. Comezaría por un departamento preto do Xardín Xaponés de Bos Aires, para poder tomar café con Antón a mediodía e discutir que entradas ou que fotos hemos subir a Cuspe ;-)

- Acompañaría ao meu amigo Miguel nunha viaxe en moto arredor do mundo parecida a esta (sen prisas de volver traballar)

- Levaríavos a todos os amigos de Cuspe de vacacións a este hoteliño canto tempo quixérades.

- Xubilaríame xa e pagaríalle a Chousa de Alcandra unhas vacacións de seis meses cada ano para que deixe de cometer ese pecado capital que se chama envexa ;-))(é que teño medo que estea en perigo a súa salvación eterna ;-))

Alguén anímase a seguir o meme? É moi divertido imaxinarse con esas posibilidades.


A foto do hoteliño atopeina aquí:http://www.arquitecturahoy.com/dubai/hoteles-de-dubai.html Eu non lla saquei, pero non me importaría ;-)

sábado, 4 de octubre de 2008

Meme


(foto do escrito dun rapaz que xa apareceu algunha vez neste blog)

Aquí tedes as miñas respostas ao meme que nos agasallou Zeltia.
¿Qué facer se un soubese que ao mundo lle queda só un día de vida?
Eu darei a miña versión dende o mesmo lugar ca ela, é dicir, dende a lóxica que só sexa o MEU derradeiro día...

1) ¿Qué canción escoitaría? O tema “Sólo se trata de vivir” de Litto Nebbia, xunto aos meus fillos.

2) ¿Qué libro lería? O primeiro que pensei foi nalgunha novela galega, por exemplo de Santiago Jaureguizar ou Aníbal Malvar, mais como non quero ocupar moito tempo, quizáis prefira un conto de Jorge Luis Borges.

3) ¿Con quén falaría? Cos meus fillos e a miña muller en primeiro lugar, despois cos meus (aquí tamén entran os amigos: aqueles que son felices coa miña ledicia e choran as miñas dores)

4) ¿Qué comería? Polbo e tortilla de patacas, sen dúbidas.

5) ¿Qué faría? Iría cos meus fillos á beira do mar. Alí amosaríalles as ondas, que sempre voltan á area aínda que rematen sen forza, e tamén o horizonte como metáfora de que as ilusións e os soños non teñen límites.

6) ¿Qué me quedaría por facer? Ver medrar aos meus e bicar aos fillos dos meus fillos. Aínda ficaría coa ilusión de bicar á miña naiciña que marchou cando era unha muller de 32 anos...

Grazas Zeltia, por elixirnos para este exercicio extremo ;-)

Unha aperta.

Antón.