Mostrando entradas con la etiqueta lecturas. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta lecturas. Mostrar todas las entradas

lunes, 6 de diciembre de 2010

Inverno


"Desde la guarida vemos transitar el invierno maldito, con su helado cortejo.
Vemos pasar a las brujas del Norte con su esperpento globalizador. Y apenas distinguimos a través de la niebla a los buitres solemnes que perdieron el rumbo.
En la guarida estamos ilesos mientras cunde algún desastre. Y nos contamos cuentos y encendemos la antorcha."

Texto : Mario Benedetti - "Vivir Adrede"

Foto: Buronesa

martes, 7 de julio de 2009

Antítese nativa




Hai uns días recibín o libro Antítese nativa do poeta noiés Manuel L. Rodrigues (preme) editado pola Fundación Amigos de Galicia.

Manuel foi cofundador e membro do Colectivo Literario Sacou. Acadou varios premios literarios e participou no World Poetry Day en Santiago de Compostela, convidado polo Pen Clube de Galiza. Colaborou na antoloxía "21 poemas por man propia" da Colección Bourel e en diversas revistas. Galardoado co XIV Premio de Poesía "Suso Vaamonde", Antítese nativa é o seu primeiro libro individual publicado.

O poemario amosa a forza e o lume da poesía nunha paisaxe bifronte. Por unha banda a cidade, cos seus postes, rúas, carteis luminosos, autos, bucinas que berran... e pola outra, a natureza coa súa profusión de vexetacións, silvas, enredadeiras, eucaliptos, aves, augas, rochas, ventos...
Nese escenario a sensibilidade e a orixinalidade do autor que sentencia "Somos o que cremos amar"

Moitas grazas, Manuel polo teu agasallo e moita sorte coa vindeira edición chea de sorpresas.

Antón.
(hai un dos poemas en comentarios)

sábado, 7 de marzo de 2009

Jaureguizar



Onte estiven na presentación en Lugo de "O Globo de Shakespeare", último libro do escritor, xornalista e blogueiro Santiago Jaureguizar, que é, sen dúbida, o escritor lucense de máis éxito das derradeiras décadas, e un dos escritores de referencia no panorama literario actual da nosa terra.
Este é o seu décimoquinto libro e, como varios anteriores, comezou con bo pé, recibindo o premio Terra de Melide, alá pola primavera pasada, e está sendo un éxito de ventas e de críticas.
A presentación na libraría Trama, que compartiu co seu editor Manuel Bragado, foi unha interesante conversa, na que Bragado lle tirou da língua a Jaureguizar, que respondeu co seu humor característico, as veces irónico e ás veces ácedo.
Neste tono contounos, por exemplo, o carácter onírico de parte da súa obra da que dixo que "todo llo debo aos meus soños, non traballei nada..." ;-)
Para min foi unha presentación interesante e divertida que me deixou tan bo sabor de boca que nin lembrei pedirlle a Jaureguizar esas ricas galletas de limón que a súa muller fixo para o evento. Que sexan de limón non é casualidade, xa que estes cítricos teñen moito que ver con libro.
Agora comezo a ler.

Traducción en comentarios

A foto copieina desta páxina: http://xerais.wordpress.com/

domingo, 8 de junio de 2008

En busca de cereixas


O martes andarei en busca de cereixas polo camiño de Santiago con esta muller:
" “Sou Rosaly Isabel Senra Barbosa, signo de escorpião, elemento água, ascendente em capricórnio: antenas no céu, pés fincados na terra. Mineira da gema, vivo em Belo Horizonte, respiro e transpiro o espírito de Minas: liberdade. Sou cidadã do mundo. Curto as artes, as gentes, os intercâmbios.”
“Escolhi o ‘caminho francês’, saindo de Saint-Jean Pied de Port, na França, aos pés dos Pirineus, passando por Santiago, indo até Finisterra ­ o ponto extremo-oeste da Europa. Finisterra significa ‘fim do mundo’ – época em que a humanidade acreditava ser plana a terra - Ali, ao pôr-do-sol, eram feitos rituais de morte e renascimento.
Decobrí que meu bisavó, galego, nascera numa aldeia chamada Almofrei, da provincia de Pontevedra, bem perto de Santiago (...) Como muitos galegos que vieram "fazer a América", saiu do porto de Pontevedra com quatro irmãos, no ano de 1881. Em Minas Gerais abriram estradas, acharam ouro. Morreram, mas as súas famílias cresceram..."
Rosaly, "radialista"(xornalista radiofónica) de Belo Horizonte, que percorreu o camiño francés no ano 2000, deixou nas páxinas deste libro un delicioso relato que nos leva desde Belo Horizonte a Fisterra nunha viaxe que inclúe 30 días de camiñada.
Despois de España e Francia, Brasil é o pais do que máis peregrinos saen para Compostela. Cada ano, 2000 brasileiros percorren "as trilhas"de Santiago, pero, nos anos xacobeos, este número triplícase.

sábado, 17 de mayo de 2008

Letras Galegas

Para celebrar este fermoso día quero traer a este blog estas palabras que chegan desde Bos Aires, coas que quero lembrar a todos aqueles galegos da diáspora que traballan para manter aceso o lume da cultura galega alí onde se atopan.

Conxuro

Crecín e aprendín a descodificar o mundo en clave galega.
Coexistiron na miña mente dúas paisaxes: a cidade na que moraba e maila aldea, feita carne na presencia inefable do meu avó.
Bos Aires na chaira, San Xián no val.

Foi natural para min escoitar dos beizos do meu avó expresións propias do lugar da súa nenez: " ferve o pote", "mata o candil"...

Non necesitei ver a figueira na que aganchaban os rapaces de alá, nin ver os porcos e demais animais. Tampouco as hortas, lugar das patacas e o millo.

Cada palabra galega foi un concepto, a garantía da existencia doutro universo alén do mar.

Agora é a miña ocasión: son un elo máis na cadea.
Rexistra-la historia dos meus é unha doce obriga.
Face-lo na nosa língua, un verdadeiro honor.

Ben sei que a memoria é o conxuro da morte.

" Son galego" Antonio J. F. Rey