O cuspe de pita é o mellor pegamento do mundo. Nin sequera o loctite é tan efectivo.
Aparte de gañarlle en efectividade ( ningún outro pegamento é capaz de pegar cousas imposibles coma o cuspe de pita ) gáñalle tamén en veteranía: xa existía cando eu nacín...que non é pouco.
O cuspe de pita reconstrúe cacharros rotos pola torpeza das mans inocentes, anaquiños de ilusións que se desfixeron nunha treboada, soños que quedaron a medio coser, ata serve para rifar aos fillos: ¿E agora qué? ¿Con que o pegamos agora? ¿ Con cuspe de pita ?
Pois SIIIIIIIIIIIIIIII. En adiante iremos pegando aquí retais de telas estampadas, botóns de nácar, anacos de xornais recortados coa man, fotografías vellas e novas, cartonciños da caixa da galletas, debuxos dos nenos, contos de vellos, lembranzas varias, e todo aquelo que se poida (ou non) pegar.
Non hai nada imposible mentres teñamos abondo cuspe de pita.