Chegou o verán a Galicia.
É tempo de herba seca, cereixas e amorodos, de mañás nas que non hai que erguerse cedo e sestas a mediodía, de baños no río ou no mar, e de sentir o sol quentándonos a pel e a herba fresca debaixo dos pés nus, ou a area ardente...
É tempo de medrar e de comezar a recoller a colleita do traballo do ano, uns en forma de notas de fin de curso, outros a xeito de vacacións ben merecidas, outros enchendo de pacas de herba ou palla as palleiras para pasar o inverno.
É tempo de música e baile nos milleiros de verbenas dos nosos pobos e de reencontros coa familia e os amigos con aroma de sardiñas asadas e pan de boroa, de churrasco e queimada.
Cuspe
Chegou o inverno a Bos Aires.
Días de pouca luz, frío, vento e chuvia.
Ceos cincentos e moita roupa para pasar as baixas temperaturas.
Un político arxentino (de apelido vasco) hai moitos anos deixou unha frase que lembramos a miúdo: "hai que pasar o inverno"...
O desafío é poder disfrutar o novo tempo e atopar as cousas boas que trae.
Quizais a poesía non pasa de ningunha estación e está no noso espírito...
Antón