Ola, ¿ti es a nai de A, verdade?
Si, e logo?
É que nos queriamos falar contigo polo que pasou o outro día.
Nos zumbámoslle a N porque lle tirou disolvente a un ollo a A e xa estamos fartos de que se metan con el …Nos somos de CH, non estamos con el en M, pero os seus compañeiros en vez de axudarlle están sempre ríndose del e facéndolle burla e, como vemos que pasan as cousas e non se fai nada, decidimos facerlles fronte nos, a ver se así paran. Non lle queriamos facer dano a N, pero si meterlles medo aos tres, porque entre el e outros dous fanlle a vida imposible…
Pero ¿sabes? agora o que lle tirou o disolvente, que saíu o pobre A berrando do baño, pedindo auxilio, e case caendo porque lle ardía o ollo e nin vía por onde ía, nin sequera o van expulsar e a nos, que o saímos defender, denunciáronnos e veu hoxe a policía por aquí facendo preguntas...
Agora parece que N tamén ten minusvalía, coma A, pero nos iso non o sabíamos, só vimos que estaban eles tres no baño cando lle tiraron a Anxo e os outros dixeron que eles non foran…que agora que o penso non sei a que viña dicir iso en vez de axudarlle, que tiven que vir eu correndo lavarlle a cara e limparlle as gafas, que eles nin puto caso…
Os profes din que sería xogando, pero non, se fora así ¿porque non foron onda a A axudarlle e se desculparon daquela ?... Non, o que fixeron foi esconder o vaso no que estaba o disolvente para que os profes non souberan...que despois atopámolo escondido…para iso teñen valor…para dar a cara non…
E que sempre son os mesmos, ho, e ao pobre rapaz téñeno aburrido, que xa lle fixeron de todo, tíranlle auga por riba cando vai ao baño, rompéronlle a taquilla, roubáronlle cartos varias veces, enchéronlle o bolso do pantalón de aceite, e moitas máis cousas, e agora esto… E sempre se están rindo del…sempre con esa cara de burla...
E que fixeron os profes? Pois mandarlle a A que agardase a que saísen todos para que non se metesen con el, despois de que un día o ameazaron con darlle unhas hostias se non lles daba uns euros, pero el non tiña a culpa, os que tiña que sair despois eran os que se metían con el, ou tomar medidas con eles...pero non se fixo nada, e ao fin sempre sae perdendo el, sempre...
E eu xa non aguantei máis, ¿sabes? porque A nunca se mete con ninguén, ao contrario, sempre ven falar con todos e trata de ser amigo de todos, pero eles sempre se están rindo del. O que pasa é que el é moi inocente e non se sabe defender. Pero ti pregúntalle quen foi, apúrao para que che diga porque el ten que sabelo, que el parvo non é, non, parvo non che é…
E a min aféctame ¿sabes? porque na miña familia tamén hai un caso…e o outro día ata chorei de rabia aquí, de ver que aínda por riba os abusóns parecemos nos e non eles…
Que vaian aprendendo que aquí hai xente así e que hai que respectala…
Porque mira, eu xa non che son un neno, teño 24 anos e vexo as cousas como son, a min non me enganan coas súas mentiras, e eu ben vexo a clase de persoas que son, pero a eles nunca lles pasa nada, fagan o que fagan seguen aquí, e ao que o fixo non lle ha pasar nada, nin o han expulsar sequera uns días, porque os profes non queren problemas e están a escurrir o vulto, e nos, polo de pronto, estamos denunciados, xa verás…
lunes, 29 de septiembre de 2008
viernes, 26 de septiembre de 2008
O tempo non para
Cambia, todo cambia; o que hoxe é dun xeito mañá é doutro.
O tempo non para e algunhas das súas consecuencias están á vista...
.
.
...................................4 de setembro..................................
..................................13 de setembro.................................
..................................26 de setembro.................................
domingo, 21 de septiembre de 2008
Un novo tempo
viernes, 19 de septiembre de 2008
Saavedra e as pombas
Cando Cornelio Judas Tadeo de Saavedra e Rodríguez era un rapaz que vivía no Virreinato do Perú, preto de Potosí (hoxe Bolivia), quizáis non pensase que sería o Presidente da Primeira Xunta de Goberno das Provincias Unidas do Río da Prata. Tampouco, creo eu, que tería unha estatua na Avenida Córdoba da cidade de Bos Aires, onde tódalas mañás as pombas irían facerlle compaña.
A vida ten moitas voltas.
Non é doado coñecer o noso futuro...
(preme na foto para ollar mellor as pombas...)
Saúdos.
martes, 16 de septiembre de 2008
A PAZ
sábado, 13 de septiembre de 2008
O natural
Hoxe comín marmelada feita na casa.
Morangos e azucre mesturados, cunhas pingas de limón.
Só tes que remexer ao lume e servir nalgún pote.
Sinxelo, ¿non si?
Morangos e azucre mesturados, cunhas pingas de limón.
Só tes que remexer ao lume e servir nalgún pote.
Sinxelo, ¿non si?
Prefiro toda a vida este tipo de alimento.
Sei moi ben que non ten “conservantes”, “colorantes”, “saborizantes”, “xelificantes” e demáis “antes”...
Sei moi ben que non ten “conservantes”, “colorantes”, “saborizantes”, “xelificantes” e demáis “antes”...
Mmmmm qué ben sabe! ;-)
Saúdos.
Saúdos.
viernes, 12 de septiembre de 2008
Quen é Rafael de Santiago?
"En la Villa de Noya, a ocho días del mes de octubre, año de MIL SETECIENTOS NOVENTA Y SEIS; ante mí y testigos apareció presente Francisca Blanco y Fernández, soltera, mayor, que confiesa ser de treinta años vecina de la Parroquia de Santa Cristina de Barro y natural de la Parroquia de San Julian de Torea, anexo de la de San Esteban de Abelleira, y dijo que hoy, y para siempre firmemente remata y da en venta Real y llana a RAFAEL DE SANTIAGO, vecino del Lugar de la Parroquia de Torea, que está presente y compra para sí, su mujer, hijos y herederos, a saber: toda la parte, voz, derecho y acción en Bienes Raíces que corresponden a la otorgante en la Parroquia de Torea por herencia....... y se compone de casas, cañeiras, labrado, montes, prados, dehesas, molino y más anexos, sin reservación alguna, todo ello con sus entradas, salidas, servidumbres, veigas..."
Transcribo este vello texto dun documento da miña familia - que ten un selo coa seguinte inscrición HISPANIARUM REX CAROLUS IV - D.G.
Pois RAFAEL DE SANTIAGO é o tataravó do tataravó do rapaz da foto.
Ahh! por certo, o neno chámase Manuel e naceu en Bos Aires na primavera austral do 2002.
Saúdos
Transcribo este vello texto dun documento da miña familia - que ten un selo coa seguinte inscrición HISPANIARUM REX CAROLUS IV - D.G.
Pois RAFAEL DE SANTIAGO é o tataravó do tataravó do rapaz da foto.
Ahh! por certo, o neno chámase Manuel e naceu en Bos Aires na primavera austral do 2002.
Saúdos
miércoles, 10 de septiembre de 2008
As cores do inverno
domingo, 7 de septiembre de 2008
Dous hemisferios
Este blog que visitas está escrito dende os dous hemisferios.
Nós somos:
Cuspe, dende o Hemisferio Norte (Galicia)
Antón, dende o Sur (Arxentina)
Por iso os dous reloxos que podes atopar na columna da dereita ;-)
Saúdos.
A imaxen pertence a http://html.rincondelvago.com/desarrollo-cerebral_1.html
martes, 2 de septiembre de 2008
Agardando a noite
Eu non son como as curuxas e os farois que agardan as sombras da noite para comezar coas súas actividades.
O meu reloxo biolóxico está deseñado para o día. Érgome cedo e comezo a xornada con azos, mais cando medran as tebras e o sol baixa polo horizonte, ao revés do Conde hematófago, comeza a miña debilidade, síntome feble e a miña humanidade busca a posición horizontal.
Non sei cal será o teu xeito....
Suscribirse a:
Entradas (Atom)