Mostrando entradas con la etiqueta árbores. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta árbores. Mostrar todas las entradas

domingo, 15 de abril de 2012

Primeiras follas




O freixo perdeu as primeiras follas.

Consolidase o outono no Sur de Cuspe de Pita ;-)

Apertas.

Antón.

domingo, 3 de abril de 2011

Primavera


A primavera avanza, como cada ano, como se non pasara nada, allea aos nosos desvelos, ausente das nosas traxedias persoais, das nosas catástrofes, da vida e a morte deste formigueiro no que medran, sen embargo, as súas raigames.
Empurra a vida mentres nós seguimos enterrando víctimas do derradeiro terremoto, sen nos repoñer aínda do terror das imaxes do tsunami, preocupados polo futuro das nosas vidas e sobre todo das dos nosos fillos, a quen deixamos en herdanza un mundo de usar e tirar ao que non lle atopamos vacina para libralo deste cancro que está volvendo atrás todas as conquistas sociais do século XX.
Pero nesta praciña de Negueira de Muñiz onde medran as flores desta cereixal, semella que se detivo o tempo e nada aconteceu desde os tempos de bonanza.

viernes, 19 de noviembre de 2010

Novembro en Bos Aires






Non podo deixar de ollar os jacarandás en novembro.
Son un agasallo para min. A ver se vos gustan...
Saúdos.
---
Antón.

lunes, 27 de julio de 2009

Árbore da Choiva



Séntome ahí, na frescura da túa sombra, e quedo en silenzo, deixando que a miña soidade escorregue e molle a terra que cubre as túas raigames. Despois dun tempo, subirá polo teu tronco áspero ata as ponlas, onde se encherá de sol e de luz para alimentarte a ti e facer medrar esas follas túas que me dan sombra e me devolven a soidade pinga a pinga, nese inevitable círculo que nos mantén sempre un a carón do outro.

Foto: Cuspedepita ( Samanea Samán- Árbore da choiva- Xardín botánico de Tenerife)

Traducción en comentarios

domingo, 21 de junio de 2009

Dualidade

Amigos lectores, de súpeto entrou Cuspe no verán e no inverno...











Chegou o verán a Galicia.

É tempo de herba seca, cereixas e amorodos, de mañás nas que non hai que erguerse cedo e sestas a mediodía, de baños no río ou no mar, e de sentir o sol quentándonos a pel e a herba fresca debaixo dos pés nus, ou a area ardente...


É tempo de medrar e de comezar a recoller a colleita do traballo do ano, uns en forma de notas de fin de curso, outros a xeito de vacacións ben merecidas, outros enchendo de pacas de herba ou palla as palleiras para pasar o inverno.

É tempo de música e baile nos milleiros de verbenas dos nosos pobos e de reencontros coa familia e os amigos con aroma de sardiñas asadas e pan de boroa, de churrasco e queimada.


Cuspe



Chegou o inverno a Bos Aires.
Días de pouca luz, frío, vento e chuvia.

Ceos cincentos e moita roupa para pasar as baixas temperaturas.

Un político arxentino (de apelido vasco) hai moitos anos deixou unha frase que lembramos a miúdo: "hai que pasar o inverno"...

O desafío é poder disfrutar o novo tempo e atopar as cousas boas que trae.

Quizais a poesía non pasa de ningunha estación e está no noso espírito...

Antón

viernes, 12 de diciembre de 2008

Espacio e tempo




Un mesmo lugar ten distinto aspecto co paso do tempo.

Outono, inverno, primavera... xa virá o verán a Bos Aires.

O Ginkgo biloba é unha das árbores que máis me gustan.

(Se queres, preme nas fotos que tomei nas distintas estacións do ano)


Antón.

martes, 18 de noviembre de 2008

Jacarandás





Se puideses camiñar polas rúas de Bos Aires en novembro, non poderías deixar de admirar os jacarandás (preme aquí).

Amosan as súas flores tubulares azul violáceas e enchen de cor a cidade.

Un agasallo para a vista e unha caricia para a alma.
(Fotos Antón de Muros - Preme nelas se queres)