Os autores desta bitácora coñecémonos a través de internet vai para dez anos. Desde aquela foise forxando entre nos e as nosas respectivas familias unha forte relación fraternal, compartindo a vida á distancia, mais cunha presenza permanente, diaria.
Nestes anos só en dúas ocasións puidemos compartir uns poucos días xuntos, grazas as vacacións.
A primeira vez vímonos no inverno de Bos Aires, entre xullo e agosto do 2008, esta vez no verán de Galicia (xullo de 2012).
Aquí nos tedes paseando pola praza Maior de Lugo o día que Antón obtivo o seu primeiro DNI español :-)) A foto, esta vez, é obra do pai de Antón :-))