
E Luis Pimentel estes versos de "Sombra do aire na Herba":
Floretes loitan
nas encrucilladas,
áxiles, rápidos,
logo rotos sobre as pedras da rúa.
Sombras nos tellados,
negras, verdes, pesadas.
Rápido un anaco azul
quédase nunha pozaca.
As cornixas non tenen anxos,
a vila non é paisaxe;
as torres, quedas, presencian a loita
do vento nas rúas.
Ambos (esa praza e eses versos) inspiráronme este poema que fala de Lugo:
LUGO
Cabalos da noite soñan nas rúas,
xeado, húmido, amargo inverno,
nas fragas da capital da soidade.
Soños de vento nos lousados
entregan os sentidos ás lembranzas
da terra e mar amados.
Choivas salgadas alentan nos furados,
pingas de sangue das estrelas,
prantos mornos que enchen os menceres.
E, xa volta ao día e á loita,
un último bico nos beizos da lúa
pousa un resto de amor na praza sombría.
Este poema agardaba por esa foto :-))