Mostrando entradas con la etiqueta paisaxes. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta paisaxes. Mostrar todas las entradas

domingo, 30 de junio de 2013

Hórreo en San Xián

Dende lonxe lembro o hórreo da casa da aldea.

jueves, 17 de febrero de 2011

Soidade


Ninguén na area.
A mañá na praia era para poucos ;-)
--
Lembro o mar dende a cidade...
Saúdos.
--
Antón.

sábado, 12 de febrero de 2011

Cores no ceo

Botei unha ollada ao ceo e pensei nos nosos amigos do blog ;-)

Saúdos.

Antón.

viernes, 19 de noviembre de 2010

Novembro en Bos Aires






Non podo deixar de ollar os jacarandás en novembro.
Son un agasallo para min. A ver se vos gustan...
Saúdos.
---
Antón.

lunes, 11 de octubre de 2010

Rúas de auga







Preto de Bos Aires, o Río Paraná desemboca no Río da Prata en forma de delta.

O lugar está no Partido de Tigre.

Alí fun cos meus e descansei nunha illa ollando os barquiños.


Cando marchaba atopei a un amigo, Rubén, coa súa muller e a súa filla menor.

Rubén contoume que os seus avós galegos viviron os seus derradeiros anos nunha illa do delta traballando a terra e amosandolle o xeito de ser galego na diáspora...

Agardo que vos gusten as fotos :-)
Apertas.
--
Antón.

jueves, 11 de febrero de 2010

Pantasmas




Fun da cidade ao mar.
Marchei despois á montaña.
Mais non o acadei...

As pantasmas estiveron sempre xunto a min.
Antón.

--

(Fotos Antón de Muros: Cabildo de Bos Aires, Mar del Sur, Merlo)

(Traducción en comentarios)

sábado, 9 de enero de 2010

Nunha praia do sur




Qué lonxe da terra chegaron os galegos...
(Preme nas fotos se queres ver os detalles)

martes, 8 de diciembre de 2009

Auga











Auga que arrasa,


auga que limpa,


auga que destrúe,


auga que nutre,


auga que mata,


auga que sana.



Auga salvaxe


auga mansa,


auga que roxe,


auga que canta,


auga que espanta.


auga que aleda.



AUGA,

AUGA,

AUGA,

AUGA,

AUGA...
<



Fotos: Cuspedepita.

Traducción en comentarios

domingo, 21 de junio de 2009

Dualidade

Amigos lectores, de súpeto entrou Cuspe no verán e no inverno...











Chegou o verán a Galicia.

É tempo de herba seca, cereixas e amorodos, de mañás nas que non hai que erguerse cedo e sestas a mediodía, de baños no río ou no mar, e de sentir o sol quentándonos a pel e a herba fresca debaixo dos pés nus, ou a area ardente...


É tempo de medrar e de comezar a recoller a colleita do traballo do ano, uns en forma de notas de fin de curso, outros a xeito de vacacións ben merecidas, outros enchendo de pacas de herba ou palla as palleiras para pasar o inverno.

É tempo de música e baile nos milleiros de verbenas dos nosos pobos e de reencontros coa familia e os amigos con aroma de sardiñas asadas e pan de boroa, de churrasco e queimada.


Cuspe



Chegou o inverno a Bos Aires.
Días de pouca luz, frío, vento e chuvia.

Ceos cincentos e moita roupa para pasar as baixas temperaturas.

Un político arxentino (de apelido vasco) hai moitos anos deixou unha frase que lembramos a miúdo: "hai que pasar o inverno"...

O desafío é poder disfrutar o novo tempo e atopar as cousas boas que trae.

Quizais a poesía non pasa de ningunha estación e está no noso espírito...

Antón

jueves, 26 de marzo de 2009

Viaxando con Astor Piazzola

O vento sinte cada nota, conmóvese o ar e o ceo azul da mañá cedo. O bandoneón pinta colores de intensa emoción na paisaxe cantábrica, bañada pola luz do sol recén nado, que percorren os meus ollos, mentres o son do piano fai estremecer os piñeiros e as ondas do mar, que deixo atrás para subir á serra, antes de vadear a chaira infinda kilómetro a kilómetro.
¡Que magnífica mistura, a música do xenial músico marplatense Astor Piazzola coa verde-azul paisaxe galega !


Paisaxe do Valadouro(Lugo)




Praia do Acantilado- Barreiros- Lugo




Traducción en comentarios