domingo, 12 de enero de 2014
Presentación de "Son Galego"
Antón anda por Muros, por terceira vez.
O día 1 de Febreiro de 2014 presenta alí o seu libro "Son galego", na terra onde naceu o seu avó e de onde emigrou sendo un rapaz para acadar unha vida vellor na Arxentina, onde traballou e formou a súa familia, sen poder volver nunca á súa casa natal.
El foi quen lle transmitiu a Antón o seu amor por Galicia, e a súa maneira de ser, pensar, falar e sentir coma galego, con todo o que leva implícito, comezando por unha morriña que trae a Antón a Galicia sempre que as circunstancias llo permiten.
Organiza a presentación a revista The Muros Times , coa colaboración do Concello de Muros e I love Muros, onde atoparedes máis información.
Tamén vos recomendo moito este enlace:
http://fiosinvisibles.tumblr.com/post/72873154331/de-bos-aires-a-muros-as-moitas-maneiras-de-ser-galego
Suscribirse a:
Entradas (Atom)