jueves, 27 de septiembre de 2012
Facer limpeza e sacar o lixo
Anque o mundo se desmorone un pouco ao meu arredor, aplaudo rabiosamente a esta xuiza que, desde Lugo, está empeñada en facer limpeza das institucións e empresas galegas e sacar o lixo para que o cheiro a podre deixe paso ao ar limpo do outono.
Foto: Cuspe
sábado, 22 de septiembre de 2012
Cardos
E eu penso, nesta primeira tarde de outono, como podería, co meu pobre voto, pararlles os pés.
Foto de Elisa Fernández.
viernes, 14 de septiembre de 2012
Xuntos
Os autores desta bitácora coñecémonos a través de internet vai para dez anos. Desde aquela foise forxando entre nos e as nosas respectivas familias unha forte relación fraternal, compartindo a vida á distancia, mais cunha presenza permanente, diaria.
Nestes anos só en dúas ocasións puidemos compartir uns poucos días xuntos, grazas as vacacións. A primeira vez vímonos no inverno de Bos Aires, entre xullo e agosto do 2008, esta vez no verán de Galicia (xullo de 2012).
Aquí nos tedes paseando pola praza Maior de Lugo o día que Antón obtivo o seu primeiro DNI español :-)) A foto, esta vez, é obra do pai de Antón :-))
Nestes anos só en dúas ocasións puidemos compartir uns poucos días xuntos, grazas as vacacións. A primeira vez vímonos no inverno de Bos Aires, entre xullo e agosto do 2008, esta vez no verán de Galicia (xullo de 2012).
De Cuspe de pita |
sábado, 18 de agosto de 2012
Aire
Entre el alba y la noche hay un abismo
de agonías, de luces, de cuidados;
el rostro que se mira en los gastados
espejos de la noche no es el mismo.
El hoy fugaz es tenue y es eterno;
otro Cielo no esperes, ni otro Infierno.
J.L.Borges
O aire entra pola fiestra aberta de enfronte, por enriba do sofá de pel verde, percorre o espazo do cuarto, pasa entre as tulipas brancas da lámpada, baixa e agarima a miña fronte, despeiteame e sae pola fiestra da dereita, xunto á mesa e o aparador da louza.
O ar limpa a casa de malos pensamentos, move, lixeiro, as cortinas brancas con bordados de flores e remate de puntilla, e nas súas correntes planean un par de moscas que nunca se pousan en ningures, suspendidas para sempre alí, no medio do cuarto, mexidas pola brisa do verán á que acompañan trinos de paxaros nas ponlas dos castiñeiros de enfronte, cos seus penachos amarelos destacando entre o verdor frondoso das súas follas.
Escribo mentres miro pola fiestra. A casa está en silencio. O seu único habitante neste momento, aparte de min, o meu fillo, dorme aínda.
E eu, que me erguín moi cedo, almorcei, lin unhas cantas follas dun libro, puxen a lavadora, aireei o meu cuarto e fixen a cama, vin escorecer de nubes aquel ceo no que tanto madrugou hoxe o sol, agora agardo a que sexa hora de saír a ese mundo de fóra que, algunhas veces, tanto medo me da.
sábado, 5 de mayo de 2012
Anxos
Alcei a ollada e alí estaban.
Dominaban os cumes da necrópole.
Algúns tiñan coroas de flores e outros trompetas.
Erguían os seus brazos ao ceo quizáis co propósito de lembrarnos que todo chega a súa fin.
Pensei que o mellor sería disfrutar da mañá e sacar fotos para compartilas con vós.
Saúdos.
Antón.
(Tomei as fotos no Cemiterio de la Recoleta)
sábado, 28 de abril de 2012
Lembranza
Chove miúdo en Bos Aires.
O día de outono trouxome a lembranza do amigo morto.
Non podo esquecer a súa persoa que, intúo, sobrevoa a primavera de Galicia.
Apertas.
Antón.
(Quen coñeceu a Rubén Servia sabe do que falo)
domingo, 15 de abril de 2012
lunes, 2 de abril de 2012
2 de abril
Etiquetas:
aniversario,
Arxentina,
cultura arxentina,
homenaxes,
política
sábado, 31 de marzo de 2012
sábado, 24 de marzo de 2012
sábado, 17 de marzo de 2012
sábado, 10 de marzo de 2012
domingo, 26 de febrero de 2012
Monumento ecuestre
Moitas son as estatuas ecuestres de José Francisco de San Martín na Arxentina.
Hainas tamén noutros países.
Coa miña familia atopamos tódolos veráns unha que está camiño á praia en Mar del Plata
Deixovos dúas vellas fotos que atopei na rede e dúas que tomei eu (nunha podedes ver á nosa filla cando era moi pequena).
Agardo que vos gusten.
Apertas.
Antón.
martes, 31 de enero de 2012
Cuarto aniversario
Hoxe Cuspe de Pita cumpre o seu cuarto ano.
Primeiro comezou Cuspedepita dende A Fonsagrada e despois cheguei eu (Antón de Muros) dende Bos Aires.
Naqueles tempos (2008) todos eramos máis novos (non tanto como a cadeliña do meu pai que amosa a foto) ;-)
Neste último tempo o noso blog non estivo moi activo, mais sentimonos preto de moitos blogueiros.
A todos eles (vós): grazas polas visitas e os comentarios.
Apertas.
Etiquetas:
aniversario,
blogues,
Lembranzas,
nos
domingo, 22 de enero de 2012
Suscribirse a:
Entradas (Atom)