domingo, 15 de abril de 2012
sábado, 31 de marzo de 2012
sábado, 24 de marzo de 2012
domingo, 22 de enero de 2012
jueves, 17 de febrero de 2011
sábado, 12 de febrero de 2011
miércoles, 19 de enero de 2011
viernes, 19 de noviembre de 2010
Novembro en Bos Aires





lunes, 11 de octubre de 2010
Rúas de auga






martes, 21 de septiembre de 2010
Primavera

sábado, 9 de enero de 2010
domingo, 11 de octubre de 2009
domingo, 6 de septiembre de 2009
lunes, 27 de julio de 2009
Árbore da Choiva
Séntome ahí, na frescura da túa sombra, e quedo en silenzo, deixando que a miña soidade escorregue e molle a terra que cubre as túas raigames. Despois dun tempo, subirá polo teu tronco áspero ata as ponlas, onde se encherá de sol e de luz para alimentarte a ti e facer medrar esas follas túas que me dan sombra e me devolven a soidade pinga a pinga, nese inevitable círculo que nos mantén sempre un a carón do outro.
Foto: Cuspedepita ( Samanea Samán- Árbore da choiva- Xardín botánico de Tenerife)
Traducción en comentarios
domingo, 21 de junio de 2009
Dualidade



Chegou o verán a Galicia.
É tempo de herba seca, cereixas e amorodos, de mañás nas que non hai que erguerse cedo e sestas a mediodía, de baños no río ou no mar, e de sentir o sol quentándonos a pel e a herba fresca debaixo dos pés nus, ou a area ardente...
É tempo de medrar e de comezar a recoller a colleita do traballo do ano, uns en forma de notas de fin de curso, outros a xeito de vacacións ben merecidas, outros enchendo de pacas de herba ou palla as palleiras para pasar o inverno.
É tempo de música e baile nos milleiros de verbenas dos nosos pobos e de reencontros coa familia e os amigos con aroma de sardiñas asadas e pan de boroa, de churrasco e queimada.
Cuspe
Chegou o inverno a Bos Aires.
Días de pouca luz, frío, vento e chuvia.
Ceos cincentos e moita roupa para pasar as baixas temperaturas.
Un político arxentino (de apelido vasco) hai moitos anos deixou unha frase que lembramos a miúdo: "hai que pasar o inverno"...
O desafío é poder disfrutar o novo tempo e atopar as cousas boas que trae.
Quizais a poesía non pasa de ningunha estación e está no noso espírito...
Antón
domingo, 7 de junio de 2009
viernes, 1 de mayo de 2009
Flor de outono

Na foto: unha flor que aleda o meu xardín
lunes, 2 de marzo de 2009
Despois da chuvia



Non tódolos habitantes dunha megalópolis poden dicir o mesmo.
O outro día, por exemplo, despois da chuvia medraron pequenos paraugas de efémera existencia.
sábado, 21 de febrero de 2009
Caracois


A súa cuncha helicoidal feita de proteínas, resistente por fóra e suave nácara por dentro é un verdadeiro milagre do deseño.
Na medida que avanza o eixo, o radio medra respectando unha espiral de crecemento.
Moitos matemáticos dende Arquímedes, Descartes o Bernoulli estudiaron a súa xeometría.
Teño na miña man dúas xoias da natureza que falan de proporción, beleza e infinito.














