Mostrando entradas con la etiqueta premios. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta premios. Mostrar todas las entradas

domingo, 10 de mayo de 2009

Premio "Olha que blog Maneiro ! "



Fai uns días dous blogueiros; Hadex e Barreira puxéronse de acordo e concedéronnos un premio moi churrusqueiro que nos encantou: O premio ¡Olha que blog Maneiro!, que trae un manual de instruccións que paso a copiar:
Para cumprir coas normas que acreditan o ser maneiros de pleno dereito, as condicións son:
-- Exhibir a imaxe do premio “Olha que blog Maneiro”.
-- Exhibir o nome do blogue que concedeu o premio.
-- Indicar outros 10 blogues propostos para seren maneiros.
-- Comunicar o premio aos blogues seleccionados.
-- Publicar as regras.
-- Comprobar que os blogues premiados seguen as normas.

Seguindo a "política da casa", pasamos este premio a todos os blogs dos nosos que están na columna da dereita, que por algo están alí, e que son algo máis de dez, anque supoño que iso non será problema. Agardo que o recollan todos aqueles que aínda non o teñan.

Grazas Hadex e grazas Barreira por lembrarvos de Cuspe de Pita! :-))

martes, 31 de marzo de 2009

Premio



Victoria, do blog BOLBORETA acordouse de nós e concedeunos o premio SYMBELMINE (No me olvides) que foi creado en Novembro de 2008 por Maeglin do blog "Patio de los Senescales" para celebrar o primeiro aniversario na web. Con él preténdese agradecer aos blogs premiados o seu traballo e esforzo.

Os requisitos son:
1. Elexir 7 blogs ou sitios de Internet que pola súa calidade, afinidade ou cualquera razón conseguiran establecer un vínculo que se desexe reforzar e premiar con un "no-me-olvides" e enlazalos no post escrito.
2. Escribir un post amosando o premio, citando o nombre do blog ou web que cho regala e notificar aos teus elegidos con un comentario.
3. Opcional: Exhibir o Premio no blog.

Seguindo a política de Cuspe de Pita, concedemos este premio a todos os nosos amigos de "Os blogs dos nosos" que teñen os seus enlaces na columna da dereita de Cuspe de Pita porque os seus son, sen dúbida, os mellores blogs da rede :-))

martes, 24 de febrero de 2009

DOUS PREMIOS

Victoria concedeunos estes dous premios :

Premio Dardo:




Premio Blog de Ouro



Cumprindo as regras deberíamos concedelos nós a outros cinco, pero non nos sentimos capaces de escoller entre os blogs que seguimos, porque consideramos que todos eles os merecen (por iso os seguimos ! ;-)) así que vai para todos os que estades na lista "Os blogs dos nosos"Apertas