O CAFÉ TORTONI E OS LECTORES GALEGOS EN BOS AIRES

Chegamos ao Tortoni ás catro menos cuarto. Ales e Nino quedaron comigo mentres a miña curmá levaba aos nenos á Feira do Libro infantil e Xuvenil.
No Tortoni agardábanos Antón, que saiu buscarnos porque a fila de turistas que querían entrar ao Tortoni era longa e nos non iamos á cafetería senón á sala Alfonsina Storni, que reservan os
Lectores Galegos de Bos Aires para as súas xuntanzas mensuais.
O
café Tortoni é un dos lugares de referencia da cultura en Bs As, porque durante moito tempo foi lugar de reunión de intelectuais e artistas. Por alí pasaron Alfonsina Storni, Borges, Juana de Ibarbourou, Roberto Arlt, José Ortega y Gasset, García Lorca, Einstein, Gardel, etc... Alí funcionou , por exemplo, entre 1926 e 1946 “La Peña”, que dirixía o pintor Benito Quinquela Martin e que levou a cabo tarefas de difusión cultural en forma de concertos, recitais, conferencias, debates, etc.
Sábese que foi inaugurado en 1858, pero funcionaba noutro lugar. Foi en 1880 cando se trasladou a súa actual ubicación na Avda. de Maio, anque ata 1898 a súa entrada estaba na rúa Rivadavia.

Eu coñecía xa a unha das organizadoras,
Débora Campos e a Antón de Muros, que forma parte deste grupo, e lera o libro que correspondía para o mes de Xullo.
Fai meses que quedara con Débora que asistiría a esta xuntanza, e agardabaa con moitisema ilusión e impaciencia.

Entramos por fin e alí estaban Débora e
Andrea Cobas, que coordinou a sesión de maneira maxistral.
O traballo que ambas desenvolven a prol destas xuntanzas, imaxino que é grande, e ademáis fano desinteresadamente, así que non podo senón admiralas pola xenerosidade co seu tempo, pola contancia, polo ben organizado que teñen todo e polo interesantes que resultan as sesións.
Nesta ocasión, o libro que analisamos polo miudo foi “ Á de mosca” de Aníbal Malvar, dirixidos por Andrea, que nos foi levando por cada recunchiño significativo do libro, ampliando información, e afondando no coñecemento da novela negra galega, obxecto deste periodo.

Ao remate da xuntanza, á que asiste moita máis xente da que eu agardaba, xente con moito interese pola cultura galega, e algún que outro visitante da península :-), sacamos unhas cantas fotos e atopei alí aos amigos de
Fillos de Galicia, cos que seguimos coa xuntanza, neste caso no Bar Iberia, da Avda de Maio, lugar de reunión dos exiliados republicanos españois despois da guerra.
Este foi sen dúbida, un dos mellores días que vivín na Arxentina.