Dende a Antiga Grecia utilizaronse columnas con forma de muller chamadas Cariátides.
As máis famosas son as do templo Erecteión da Acrópolis ateniense.
Tamén as columnas antropomórficas tiveron forma de home: os Atlantes.
Bos Aires ten moitas destas figuras arquitectónicas, que en moitos casos son pequenos pilares adosados a un muro para apoio de algún elemento coma os balcóns.
Aquí tedes algunhas fotos que tomei de construccións da primeira parte do seculo XX que son un agasallo para quen ten a sorte de erguer a ollada por riba do tránsito infernal da cidade.
Saúdos.
Antón.