domingo, 24 de mayo de 2009

Video de Iago


Preme aquí para ver o vídeo e poder votalo.


Paideleo deixoume este vídeo como agasallo no seu blog. Eu xa coñecía o vídeo de Iago, que como vedes recomendo na columna dereita, desde que a Avoa Cris (que é avoa de Iago) me falou del, pero non me extraña que mo envíe Paideleo porque el sabe que a miña vida ten un vínculo indisoluble co autismo :-)
Así que recollo o agasallo e pásollo a estas outras blogueiras, que agardo que se paren uns minutos para velo, para votalo e, se lles parece ben, para recomendalo aos lectores do seu blog e pasalo a outros cinco blogueiros:

Zeltia
Cris
Hadex
Irene
Aniña

domingo, 17 de mayo de 2009

LETRAS GALEGAS 2009


San Xián de Torea- Muros

Un ano máis, as palabras de Antón de Muros, neste Día das Letras Galegas, dan fé da forza vital da nosa lingua, que supera o tempo e a distancia...

PODES

Podes vivi-la túa vida coma un fenómeno presente
que se desenrola nunha xeografía reducida.

A túa xente é a que tratas de xeito cotián,
non contan os mortos (os cemiterios son para os vellos).

O teu lugar son os catro muros e o teito;
o bus que colles á mesma hora;
o tren que viaxa debaixo da terra, verme das sombras,
as escaleiras que te achegan ás mesmas beirarrúas;
unha porta gris que te permite unha viaxe vertical,
sempre con destino ao mesmo piso.

Ou te sintes parte duna historia,
folla dunha póla dunha árbore que afunde as súas raíces
nas profundidades do tempo.

Dalgunha maneira, misteriosa, por certo,
viven en ti os que te precederon no camiño da vida;
falas a súa lingua, lonxe dos vales,
escoitas a súa música aínda que non véxa-las rías;
sentes que Galicia vive en ti,
e redimes deste xeito
o teu presente ameazante,
cara a un futuro promisorio.

Traducción en comentarios

jueves, 14 de mayo de 2009

Concurso-sorteo dunha fin de semana nunha casa rural de Galicia


Desde o programa "Sempre en Galicia" de Radio Cornellá, convídannos a participar neste concurso que ten un premio do máis apetitoso para os aventureiros do turismo rural.
As bases do concurso atoparédelas no blog de Sempre en Galicia :
Nós deixamos aquí unha característica de cada unha das casas:
Casa 1 (Xanela da Lúa): O apelido da dona é SIABA
Casa 2 (Santa Mariña da Ponte): O teléfono é o 988 340257
Casa 3 (Hotel Vila de Viana): Está ubicado na Praza Maior de Viana do Bolo
Casa 4 (A Nosa Casa): Unha das especialidades culinarias é a Androlla
Casa 5 (O Retorno): Está na Rúa Mazairas de Viana do Bolo
Casa 6 (Mirador da Ribeira): Unha das galerías que ten é de cor branco
Casa 7 ( Casa Rosalía): Aparte do marco incomparable, seica os almorzos que ofrecen nesta casa son espectaculares.
Lote 7 (Queixo do Xurés): A explotación de cabras está rexentada por Antonio.

E pásolle o testigo a :

Fonsilleda

La Torre de los sueños esmeralda

Victoria

Os nenos

E ás miñas companeiras de traballo, que seguro que estarán interesadas en disfrutar dunha finde nestes fermosos lugares.

domingo, 10 de mayo de 2009

Premio "Olha que blog Maneiro ! "



Fai uns días dous blogueiros; Hadex e Barreira puxéronse de acordo e concedéronnos un premio moi churrusqueiro que nos encantou: O premio ¡Olha que blog Maneiro!, que trae un manual de instruccións que paso a copiar:
Para cumprir coas normas que acreditan o ser maneiros de pleno dereito, as condicións son:
-- Exhibir a imaxe do premio “Olha que blog Maneiro”.
-- Exhibir o nome do blogue que concedeu o premio.
-- Indicar outros 10 blogues propostos para seren maneiros.
-- Comunicar o premio aos blogues seleccionados.
-- Publicar as regras.
-- Comprobar que os blogues premiados seguen as normas.

Seguindo a "política da casa", pasamos este premio a todos os blogs dos nosos que están na columna da dereita, que por algo están alí, e que son algo máis de dez, anque supoño que iso non será problema. Agardo que o recollan todos aqueles que aínda non o teñan.

Grazas Hadex e grazas Barreira por lembrarvos de Cuspe de Pita! :-))

viernes, 1 de mayo de 2009

Flor de outono


Como dixo torredebabel:
"Nas rúas de Bos Aires, todo é agora outono e sen dúbida ese é o mellor vestido que ten esta cidade".

Fermosa estación, engado eu, que me fai esquecer o quente verán que pasamos.

Saúdos para tódolos traballadores e ánimo para os que agardades mellores tempos.

Na foto: unha flor que aleda o meu xardín

Antón.
(Traducción en comentarios)