lunes, 27 de julio de 2009
Árbore da Choiva
Séntome ahí, na frescura da túa sombra, e quedo en silenzo, deixando que a miña soidade escorregue e molle a terra que cubre as túas raigames. Despois dun tempo, subirá polo teu tronco áspero ata as ponlas, onde se encherá de sol e de luz para alimentarte a ti e facer medrar esas follas túas que me dan sombra e me devolven a soidade pinga a pinga, nese inevitable círculo que nos mantén sempre un a carón do outro.
Foto: Cuspedepita ( Samanea Samán- Árbore da choiva- Xardín botánico de Tenerife)
Traducción en comentarios
sábado, 18 de julio de 2009
Non todo é o que parece
Non é unha catedral, non.
É unha sede da Facultade de Enxeñería da Universidade de Bos Aires.
Está sobre a avenida Las Heras e as rúas Pacheco de Melo, Azcuénaga e Cantilo, no barrio da Recoleta de Bos Aires.
Arturo Prins, nado en Montevideo e feito cidadán arxentino, fixo o proxecto que inicialmente tiña un estilo Luis XIV e despois por pedido da Facultade trocou a gótico.
A obra comezou en 1912 e foi inaugurada en 1939 como sede da Facultade de Dereito ata 1948 cando pasou a Enxeñería.
Hoxe fucionan os Departamentos de Agrimensura, Construccións e Estructuras, Estabilidade, Xestión Industrial, Hidráulica e Transporte.

(Traducción en comentarios)
Etiquetas:
Arquitectura,
Arxentina,
Bos Aires,
cultura arxentina
martes, 14 de julio de 2009
Volver
Din que o corpo chega uns días antes que a cachola.
Debe ser verdade, porque a miña aínda segue alí, pendurada sobre os campos de lava, percorrendo terras desérticas ao sul e verxeis ao norte, navegando baixo os cantís xigantes, á procura de avistar baleas e golfiños, admirando antigas pirámides construídas con pedras volcánicas e portos onde a auga está tan limpa que a xente se baña a carón dos barcos, ou paseando vilas e cidades cosmopolitas onde sempre se atopa un recunchiño que lembra a orixe bereber dos antigos poboadores guanches.

jueves, 9 de julio de 2009
martes, 7 de julio de 2009
Antítese nativa
Hai uns días recibín o libro Antítese nativa do poeta noiés Manuel L. Rodrigues (preme) editado pola Fundación Amigos de Galicia.
Manuel foi cofundador e membro do Colectivo Literario Sacou. Acadou varios premios literarios e participou no World Poetry Day en Santiago de Compostela, convidado polo Pen Clube de Galiza. Colaborou na antoloxía "21 poemas por man propia" da Colección Bourel e en diversas revistas. Galardoado co XIV Premio de Poesía "Suso Vaamonde", Antítese nativa é o seu primeiro libro individual publicado.
O poemario amosa a forza e o lume da poesía nunha paisaxe bifronte. Por unha banda a cidade, cos seus postes, rúas, carteis luminosos, autos, bucinas que berran... e pola outra, a natureza coa súa profusión de vexetacións, silvas, enredadeiras, eucaliptos, aves, augas, rochas, ventos...
Nese escenario a sensibilidade e a orixinalidade do autor que sentencia "Somos o que cremos amar"
Moitas grazas, Manuel polo teu agasallo e moita sorte coa vindeira edición chea de sorpresas.
Antón.
(hai un dos poemas en comentarios)
sábado, 4 de julio de 2009
Unha mañá de inverno
O outro día fun pasear polas rúas tranquilas de Villa Devoto, un dos barrios da cidade de Bos Aires.
Eu vivín en Villa Devoto uns 25 anos.
Aquí deixovos algunhas fotos.
Saúdos.
Saúdos.
(Traducción en comentarios)
Suscribirse a:
Entradas (Atom)