Mostrando entradas con la etiqueta Bos Aires. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Bos Aires. Mostrar todas las entradas

sábado, 5 de mayo de 2012

Anxos










Alcei a ollada e alí estaban.
Dominaban os cumes da necrópole.
Algúns tiñan coroas de flores e outros trompetas.
Erguían os seus brazos ao ceo quizáis co propósito de lembrarnos que todo chega a súa fin.

Pensei que o mellor sería disfrutar da mañá e sacar fotos para compartilas con vós.

Saúdos.

Antón.

(Tomei as fotos no Cemiterio de la Recoleta)

sábado, 10 de marzo de 2012

Igrexa







Camiño ao traballo atopo a Igrexa do Salvador.

Deixovos algunhas imaxes.

Saúdos.


Antón.

viernes, 19 de noviembre de 2010

Novembro en Bos Aires






Non podo deixar de ollar os jacarandás en novembro.
Son un agasallo para min. A ver se vos gustan...
Saúdos.
---
Antón.

domingo, 21 de marzo de 2010

Velas Sudamérica 2010







Con motivo do encontro e regata Bicentenario chegaron a Bos Aires no mes de marzo grandes bergantins, goletas e fragatas de varios países do mundo.


A travesía comezou en Brasil e rematará en México.

Querovos amosar algúns dos veleiros que visitaron o porto.
--
As miñas fotos en orde: Fragata Libertad (Arxentina), Juan Sebastián Elcano (España), Sagres (Portugal), Cuauhtémoc (México), Simón Bolívar (Venezuela)

domingo, 14 de marzo de 2010

Repouso



Morre a tarde en Puerto Madero.


(Foto Antón de Muros)

domingo, 7 de marzo de 2010

Pares


Puerto Madero. Bos Aires.

(Foto Antón de Muros)

miércoles, 7 de octubre de 2009

Nenos da paz


Fronte ao edificio do Congreso da Nación Arxentina hai un conxunto de tres prazas: Praza do Congreso, Mariano Moreno e Lorea.
A construcción dos espacios foi parte dos festexos do Primeiro Centenario da Revolución de Maio e ten moitos monumentos e esculturas.

Hoxe quero amosarvos unhas roldas de nenos que representan a paz e están sobre unha gran fonte na Praza do Congreso.
(Pica nas fotos para ver mellor os detalles)

Antón.
(Traducción en comentarios)

miércoles, 23 de septiembre de 2009

Congreso


O edificio do Congreso Nacional é moi fermoso (aínda que non me fío moito do que pasa dentro)


Antón.

viernes, 4 de septiembre de 2009

Avenida Santa Fe



Nestas fotos podense ollar a cúpula do Edificio da Avenida Santa Fe e Callao, a Casa do Teatro, o Edificio Kavanagh, entre outros, e ao fondo O Río da Prata.

Saúdos.

Antón.

viernes, 28 de agosto de 2009

Edificios





Non sei se vos dixen que me gusta moito gozar dos edificios da cidade de Bos Aires.

Cada día reparo neles, comparo os seus diseños e estilos e observo como comparten a rúa cada un á súa forma.

Hai tres edificios contiguos sobre a Avenida Callao que me gustan particularmente.


(Traducción en comentarios)

sábado, 18 de julio de 2009

Non todo é o que parece













Non é unha catedral, non.


É unha sede da Facultade de Enxeñería da Universidade de Bos Aires.

Está sobre a avenida Las Heras e as rúas Pacheco de Melo, Azcuénaga e Cantilo, no barrio da Recoleta de Bos Aires.

Arturo Prins, nado en Montevideo e feito cidadán arxentino, fixo o proxecto que inicialmente tiña un estilo Luis XIV e despois por pedido da Facultade trocou a gótico.

A obra comezou en 1912 e foi inaugurada en 1939 como sede da Facultade de Dereito ata 1948 cando pasou a Enxeñería.

Hoxe fucionan os Departamentos de Agrimensura, Construccións e Estructuras, Estabilidade, Xestión Industrial, Hidráulica e Transporte.


(Traducción en comentarios)

sábado, 4 de julio de 2009

Unha mañá de inverno









O outro día fun pasear polas rúas tranquilas de Villa Devoto, un dos barrios da cidade de Bos Aires.

Eu vivín en Villa Devoto uns 25 anos.

Aquí deixovos algunhas fotos.

Saúdos.
(Traducción en comentarios)

domingo, 14 de junio de 2009

Sesta




Sesta: "descanso que se fai despois da comida e sono que se dorme"


(Diccionario Xerais da Lingua)

jueves, 11 de junio de 2009

A casa abandonada




Primeiro foi unha construcción do persoal do ferrocarril, despois foi un bar e por último ficou baleira.

O outro día descubrín que ten un vixía no primeiro andar...
(Traducción en comentarios)