O cuspe de pita é o mellor pegamento do mundo. Nin sequera o loctite é tan efectivo.
Aparte de gañarlle en efectividade ( ningún outro pegamento é capaz de pegar cousas imposibles coma o cuspe de pita ) gáñalle tamén en veteranía: xa existía cando eu nacín...que non é pouco.
O cuspe de pita reconstrúe cacharros rotos pola torpeza das mans inocentes, anaquiños de ilusións que se desfixeron nunha treboada, soños que quedaron a medio coser, ata serve para rifar aos fillos: ¿E agora qué? ¿Con que o pegamos agora? ¿ Con cuspe de pita ?
Pois SIIIIIIIIIIIIIIII. En adiante iremos pegando aquí retais de telas estampadas, botóns de nácar, anacos de xornais recortados coa man, fotografías vellas e novas, cartonciños da caixa da galletas, debuxos dos nenos, contos de vellos, lembranzas varias, e todo aquelo que se poida (ou non) pegar.
Non hai nada imposible mentres teñamos abondo cuspe de pita.
5 comentarios:
pois entón, haberá que vir por aquí moitas veces, por ver canto é quen de pegar o cuspe de pita ;-)
Benvid@!
pero logo onde estiven eu ata agora que non me enterei da excelente calidade do cuspe de pita?
A ver que pegas, logo...
Para min é un reto manter un certo nivel de actividade, Torredebabel, porque, supoño que coma ti, non é precisamente tempo o que me sobra...
Unha aperta.
¿Lembras "Mar por Medio" e unha conversa sobre a neve en Bos Aires? ;-)
A ver que pego, Zeltia, a ver...
Estou encantada de leerte.
Bicos.
Publicar un comentario