Quero ser eu
Eu núa,
Eu verdadeira.
Sen adobíos de agarimos nin feridas
Sen mentiras, nin cousas agochadas.
Ser eu, por fin,
eu mesma.
Libre.
Atoparme no infindo desta dor
para, coma o aromo de Atahualpa,
que medra na rocha,
ter a alma tan linda,
que, non tendo alegrias,
poida, ao fin,
facerme flores desta pena.
3 comentarios:
As licencias poéticas permiten con máis premura ser un mesmo. As licencias vitais poñen complicacións nesa teima. En todo caso paga a pena tentalo!
Un bico dende occidente!
Si, supoño que debería ser un obxectivo a longo prazo, pero ás veces ún sente a necesidade de "tirar o que non serve", de arrincar as capas vellas que, coma as cebolas, co tempo imos criando, e respirar pola pel núa, ou mellor dito, pola alma núa, para escapar daquelo que nos asfixia.
Creo que me entenderás :-)
un poema sin exageraciones, que desprende una esperanza serena. Es lo que me dice a mi.
Publicar un comentario