E como non ?... Hoxe tiña que falar do debate!
Non me gustan moito estas lerias, teño que recoñecelo, ponme nerviosa ver como se acusan mutuamente, como se buscan cousas mal feitas polo outro, anque sexa "aloxacando", como se lle da volta a todo para que cadre ao favor dun, e como un fala de churras e outro de merinas, ( neste caso un de macroeconomía e outro do prezo do polo :-))
En fin, para non entrar en debates, eu vin un ZP todo ollos e cellas, que parecía un pouco amedrentado nos primeiros asaltos, pero que despois pareceu que medraba en seguridade (sobre todo despois que Rajoi meteu a zoca dicindo que " agredía" ás víctimas do terrorismo) e a un Rajoi que arremetía coma un mihura, turrando seguido sen descanso, pero que non soubo despegarse da sombra do seu antecesor e utilizou as mesmas armas (calcadiñas) de sacar " as súas cifras", o seu "mire usted" e xa sabedes...¡que vos vou contar!.
Para min non andiveron moi lonxe do empate técnico, así que o debate non me serviría para elexir ( en caso de que tivese algunha dúbida ;-) )
Mestres vía o debate, para non aburrirme, fixen un test en internet que se supoñía que me diría o candidato que se achegaba máis ás miñas ideas e resulta que non é ningún dos dous...
¡Magoa! Pero segundo o test eu debería votarlle... a Gaspar Llamazares!
¡Xa dicía eu !....
Por certo, non sei se fiarme deste test porque creo que só recoñecía tres candidatos, pero polo menos quedoume claro que non preciso ver a segunda parte para ir votar.
Non preciso... pero igual non resisto a tentación...
5 comentarios:
Estou anonadado (e defraudado) coa simpleza infantil coa que se está desplegando esta campaña electoral.
Ainda así, seguramente tamén vexa ese segundo debate. (Son así de facilón, e déixome convencer...)
Un bico (chucho)
Tes unha entrada no blog Im-pulso cunha relación de todas as posibilidades para votar :-)
Ah, e mira que atopei:
http://cuspedepita.blog.com/?page=1/
Pois sí, Chousa, si.
Esta tarde viña no coche escoitando a radio e pasaron unhas cantas mensaxes publicitarias de certos partidos (minoritarios, menos mal) e rematei por ter calafríos...
¿Facilón? ;-)))
¿Como era aquelooo...¿dime do que presumes...? )
Outro chucho para ti.
Deus cho pague, Zeltia, darei unha volta por alí :-)
Sobre o meu homónimo, direiche que cando abrín o meu blog este nome apareceu como dispoñible (eu barallaba dous), así que comecei a publicar tranquilamente. Cando xa levaba unhas cantas entradas, un día deume por buscar o meu nome en Google e atopei ao meu dobre. A verdade é que non me fixo nin puñetera gracia, e estiven dándolle voltas á posibilidade de volver atrás e cambiar, pero como vin que no outro non había ningunha actividade despois de tantos meses pareceume unha parvada, así que seguín adiante.
Non sei moito deste mundo dos blogs, son novata...¿paréceche que fixen mal?
O outro "cuspe de pita" é un grupo musical de Sarria por o que parece, así que parece que pode haber sitio na blogosfera para todos ¿non si? se non pobres dos Antonios, Josés, Marías...
:-) arriba con o teu cuspe de pita!
Publicar un comentario