martes, 19 de febrero de 2008

Imaxe

Estaba revisando as miñas fotos cando atopei esta fotografía que saquei o ano pasado.

¡Cantas veces me sinto coma esta árbore soa, aillada e rodeada de beleza e frialdade!

Algúns experimentamos, no pasado ou no presente, o poder da "negra sombra" que nos impediu en períodos máis ou menos longos de tempo, poder apreciar as cousas boas que tiñamos ao noso carón, sentindo esa incapacitante imposibilidade de disfrutar da vida en ningunha circunstancia.

Ver nesta foto unha árbore illada e pensar na frialdade quizás forme parte do sentir da negra sombra que aínda planea riba da nosa cachola, porque tamén se podería ver nesta imaxe unha fermosa mañá de inverno, e imaxinar canto se podería divertir un con esa neve virxe, facendo bonecos, ou simplemente deixándose caer coma un morto riba dela para deixar "un santo" :-)

3 comentarios:

Paz Zeltia dijo...

Pois si, duas maneiras de velo.

Pero cando a unha persoa a cubre a sombra da que falas... ninguén e quen de ver o "vaso medio cheo"

Chousa da Alcandra dijo...

Ainda hai cousas peores: Estar so rodeado de xente.

Toda unha sorpresa. Todo un pracer. O blogomillo medrará co teu verbo!

mirada dijo...

Nunca me puxen a facer o santo...
Pero si o vin en moitas películas ;-)