lunes, 11 de febrero de 2008

Renacer

Por fin vou saíndo desa nebulosa na que estiven mergullada os últimos doce días.
A vida parece pasar por diante coma unha película en branco e negro cando un está mal e só, con moito esforzo, pode erguerse da cama para ir ao baño ou para intentar comer algo.
O peor é o noxo que se asenta dentro do corpo e lixa todo.
Fai anos que non me sentía tan enferma..
Hoxe, aínda feble, metín na lavadora as sabas, a roupa de durmir, aireei ben o cuarto, dinme unha boa ducha, e , coa compaña dos restos de dores que aínda non me abandonaron, decidín que xa está. Xa rematou. Volvo á vida.
RENACER
Máis alá dun soño de outono,
que  deixa unha dor infinda
no espazo baleiro do meu peito,
acho unha pequena morte,
e resucito  feble, feble...
Son coma o gromiño verde
que nace da gouña podrecida
no medio da xeada...
Sempre na liña
entre o perigo de morte,
e o perigo da vida
que me empuxa a saír ao sol.

4 comentarios:

Paz Zeltia dijo...

Debíchelo pasar mal.
Xa pesa a soidade moitas veces, pero cando se está enfermo, volvese espesa.

Deume un escalofrío cando lin este haiku de Hosei (de un solo verso)

"Ni tosiendo dejo de estar solo"

porque o entendín.

Cuspedepita dijo...

Moi acertado, si :-)Eu tamén o entendo.
A soidade é algo que se leva dentro, non importa o que fagas, a onde vaias, se hai ou non xente arredor e, as máis das veces, nin sequera importa con quen estás. As máis das veces, non sempre, por sorte ;-)

mirada dijo...

Identifícome. Xa pasou, xa pasou...
Todo pasa, aínda que pese. Por sorte, tamén.
Moitos bicos fermosa (e que xa te teño moito cariño)

Anónimo dijo...

top [url=http://www.c-online-casino.co.uk/]casino bonus[/url] check the latest [url=http://www.casinolasvegass.com/]free casino bonus[/url] unshackled no store bonus at the chief [url=http://www.baywatchcasino.com/]laid-back largesse casino
[/url].