sábado, 7 de marzo de 2009

Jaureguizar



Onte estiven na presentación en Lugo de "O Globo de Shakespeare", último libro do escritor, xornalista e blogueiro Santiago Jaureguizar, que é, sen dúbida, o escritor lucense de máis éxito das derradeiras décadas, e un dos escritores de referencia no panorama literario actual da nosa terra.
Este é o seu décimoquinto libro e, como varios anteriores, comezou con bo pé, recibindo o premio Terra de Melide, alá pola primavera pasada, e está sendo un éxito de ventas e de críticas.
A presentación na libraría Trama, que compartiu co seu editor Manuel Bragado, foi unha interesante conversa, na que Bragado lle tirou da língua a Jaureguizar, que respondeu co seu humor característico, as veces irónico e ás veces ácedo.
Neste tono contounos, por exemplo, o carácter onírico de parte da súa obra da que dixo que "todo llo debo aos meus soños, non traballei nada..." ;-)
Para min foi unha presentación interesante e divertida que me deixou tan bo sabor de boca que nin lembrei pedirlle a Jaureguizar esas ricas galletas de limón que a súa muller fixo para o evento. Que sexan de limón non é casualidade, xa que estes cítricos teñen moito que ver con libro.
Agora comezo a ler.

Traducción en comentarios

A foto copieina desta páxina: http://xerais.wordpress.com/

22 comentarios:

Cuspedepita dijo...

Ayer estuve en la presentación en Lugo de "O Globo de Shakespeare", último libro del escritor, periodista y bloguero Santiago Jaureguizar, que es, sin duda, el escritor lucense de mas éxito de las últimas décadas, y un escritor de referencia en el panorama literario actual de nuestra tierra.
Este es su décimoquinto libro y, como varios anteriores, comezó con buen pié, recibiendo el premio Terra de Melide, allá en la primavera pasada, y está siendo un éxito de ventas y de críticas.
La presentación en la librería Trama, que compartió con su editor Manuel Bragado, fué una interesante conversación, en la que Bragado le tiró de la lengua a Jaureguizar, quien respondió con su humor característico, a veces irónico e a veces ácido.
En este tono nos contó, por ejemplo, el carácter onírico de parte da su obra de la que dijo que "todo se lo debo a mis sueños, no he trabajado nada..." ;-)
Para mi fué una presentación interesante y divertida que me dejó tan buen sabor de boca que ni recordé pedirle a Jaureguizar esas ricas galletas de limón que su mujer hizo para el evento. Que sean de limón no es casualidad, ya que estos cítricos tienen mucho que ver con el libro.
Ahora comienzo a leer.

fonsilleda dijo...

Tomo nota e agardo pola túa opinión.
Hoxe teño lectura abondo.
Bicos e parabens no Día da Muller, ainda que este cansa dos "dias de..."

Antón de Muros dijo...

Eu xa lin dous libros de Jaureguizar: "Casa Skylab" e "As horas sucias".
Gustaronme moito.

Tamén tiven a oportunidade de estar xunto a el cando veu ao Ciclo Lectores Galegos en Bos Aires do Tortoni en outubro pasado :-)

Eu penso como Cuspe: Jaureguizar ten un humor irónico e ácedo, semella galego ;-)

Saúdos.

Antón.

Chousa da Alcandra dijo...

Pois mira que ben emprega o tempo a Sra Cuspedepita.
Xa nos contarás que opinas do libro, que eu estou rematando un que -fíxate ti por onde- cando o merquei (fai uns 10 anos) non puiden con él, e agora estouno devorando.
Es que el "crecer"...te es lo que tiene!

Chuchos de Antas

HADEX dijo...

Jaureguízar é bó...é bó periodista, bó escritor....


Calquera día nos encontramos na Trama, je je je....

Bicosssss

Pedro Ojeda Escudero dijo...

me apunto la sugerencia de lectura... y la de las galletas de limón

vintxuca dijo...

Que gusto da atoparse cousas así na vida cotiá, que che fan disfrutar un ratiño.
Un saudo, unha fan das bolachas... sexan de limón, de chocolate.....

Nome Andrés dijo...

Un libro con bonitas galletas. Así seguro que entra mejor. Interesante. Un saludo

Aniña (@vampyevil) dijo...

apuntado

besitos

Feliciti dijo...

Habrá que indagar en tan prolífico escritor. Un beso en este día tan esperado para la mujer!

Paz Zeltia dijo...

No he leído nada de ese autor que tanto admiras; ultimamente no tengo mucho tiempo para leer, bueno sí tengo tiempo, pero lo gasto en otras cosas, leo a ratos, cosas ligeras.
Supongo que le llegará el momento :-)
Me alegro de que hayas pasado un rato tan bueno!

montse dijo...

Entrar en este blog, es siempre una sorpresa agradable!!... Unas imágenes cambiantes del encabezado a cual más bonita y después el tema que escogéis expuesto a cuatro manos, las de Anton y las tuyas (perdona, no se tu nombre) y cada uno desde su lugar de residencia... y siempre con este toque de sensibilidad que os caracteriza...Enhorabuena y gracias por este momento que compartiis.
Un abrazo.

Anónimo dijo...

Un libro sacado dos soños non pode ser aburrido. Haberá que poñerse- poñelo á cola.

Carlos Sousa dijo...

Para a miña vergoña, teño que recoñecer que non o coñezo, tentarei informarme e se teño tempo igual me poño a lelo, igual.

Grazas polas vosas felicitacións, se cadra isto é unha cousa que nos une un poco, e Antón, cando fagamos unha queimada ten de seguro que me lembrarei de ti, sempre e cando non estexa medio afectado xa, ;-)

Un saudo para os dous.

Suso Lista dijo...

Pois eu tamén apunto. Saúdos

Cuspedepita dijo...

FONSILLEDA: Non me gustan moito tampouco os "días de", penso que hai demasiados e iso fai que deixen de ser eficaces para reivindicar nada. Xa logo son unha frivolidade máis das moitas que nos gastamos.

ANTÓN: E lerás "O globo de Shakespeare" tamén ;-))

CHOUSA: Xa me dirás que é iso tan interesante que les agora, logo ;-)
Se é polos anos, seguro que tamén me vai ben a min ;-)

HADEX: Non penses que non mirei a ver se te vía por alí...:-))

PEDRO: En lo de las galletas de limón no sé si podré ayudarte, porque eran "Made in Casa Jaureguizar", pero con el libro si puedo. Si quieres que te lo mande escríbeme, ¿vale?

Cuspedepita dijo...

VINTXUCA: Esas son as cousiñas que nos dan felicidade :-)

ANDRÉS: Un saludo para ti también.
Supongo que el libro les hará justicia a las galletas ;-)

ANIÑA: Un abrazo grande.

GOROCCA: Me ha encantado tu relato sobre el tema ;-)

ZELTIA: Eu coñecino primeiro como periodista e despois como escritor porque gañou o Xerais cun libro (casa Skylab) ambientado nun lugar que eu coñecía moi ben. Despois seguin lendo e niso estou.
Aparte agora sigo tamén o seu blog.


MONTSE: Me temo que la cabecera cambiante es producto de mi manía de cambiar las cosas (como los muebles de sitio, por ejemplo)y de la buena mano que tiene Antón para usar la cámara.
Como me dió libertad para hacer a mi gusto, voy cambiando las fotos (suyas y mías) como se me ocurre en el momento, sin ningún criterio, excepto "¿cual me apetece ver estos días?" :-))
(un buen criterio, ¿no? jeje)
Un beso y gracias por tu cariño de siempre.

VAKASTOLAS: Eu tamén o teño á cola. Estou rematando aquel que temos pendente no Clube de Lectura :-)

CARLOS: O tempo tamén é o meu problema, leo cada día duas ou tres follas antes de durmir e así día tras día, vounos rematando:-)
É cuestión de constancia, como case todo nesta vida ;-)

SUSO: Pois xa me contarás :-)


Apertas para todos.

Raposo dijo...

De Jaureguizar só teño lido cousas soltas. Terei que correxir esta eiva.

alfonso dijo...

mirando...

Me apunto a esa ricas galletas.

...bicos
CristalRasgado & LaMiradaAusente
_____________________________

Marina dijo...

Yo me apunto a las presentaciones de los libros, son muy enriquecdoras... a las galletas no sé, ¿Mejor me puedo pedir un helado?.
Un beso Cuspe

fgul dijo...

Sorteo do "Meme do Traste Galego".´
O número do sorteo da ONCE do día de onte (11 de Marzo) foi o 23488, polo que o gañador do Meme sería aquel que ten a terminación 88. Como non existe tal participante. Vólvese a sortear hoxe (día 12). Atentos ao cabezallo do blog e moita sorte.
Próximamente haberá ún outro sorteo no meu blog!!

CUSPE: Todo chegou perfectamente. Muito obrigado por todo e polo agasallo a maoires. Porei unha entrada coa foto dos manxares, co teu permiso, no meu blog. Saudaçons e sorte para o sorteo da empanada.

Cuspedepita dijo...

Raposo:
Pois xa sabes, aínda estás a tempo de te poñer ao día ;-)

ÑOco Le Bolo: Bicos para ti y gracias por la visita :-)

Marina: Me temo que esta vez sólo había galletas :-)Habrá que trasladarle la sugerencia a Jaureguizar para la siguiente presentación ;-) ;-)

Manuel: Alédame que todo chegase en bo estado :-)
Por suposto que non teño inconvinte en que fagas a foto e a poñas no blog.
Agora a cociñar!
Aiiiiii, a ver se me toca a empanada !! A ver se "San ONCE" escoita as miñas plegarias ;-)

Apertas