domingo, 15 de marzo de 2009

Preciosa


Cando meu avó Juan Antonio tiña 13 anos naceu María Preciosa na casa veciña da aldea de San Xián de Torea.
Poucos anos máis tarde Juan Antonio deixou Galicia para sempre e veu á Arxentina buscando unha nova vida.
Ela medrou na aldea e coñeceu ao meu bisavó Francisco, un home alto e de bo humor, que cando mallaban o pan cunha máquina facía rir ás mulleres e berraba ¡eeepa! namentres facían o traballo.

Primeiro foi o seu home, e despois ela, con case 40 anos, a súa nai e tres fillas; todos seguiron o camiño da emigración.
A súa familia estableciouse en Avellaneda, doutro lado do Riachuelo, preto da Cidade de Bos Aires.

Xa pasaron case 50 anos dende que María Preciosa chegou á Arxentina e hoxe lembra aqueles tempos e aquelas persoas e fala cun bisneto de Francisco, o veciño da aldea que a facía rir.
Ese bisneto, que son eu, nado tan lonxe da terra, pensa que ela é a testemuña da súa identidade.
Xeracións e xeracións de galegos da Ría de Muros que non morren porque o sangue perdura nos fillos dos seus fillos.

María Preciosa e máis eu sabemos que o repinaldeiro está camiño á fonte seca, e ámbolos dous rimos cando falamos na nosa lingua tan lonxe de San Xián...

A flor é un agasallo para ela no seu cumpreanos número 87.
Antón.
(Se queres ver mellor a foto pica nela)

(Traducción en comentarios)

36 comentarios:

Antón de Muros dijo...

Cuando mi abuelo Juan Antonio tenía 13 años nació María Preciosa en la casa vecina de la aldea de San Xián de Torea.
Pocos años más tarde Juan Antonio dejó Galicia para siempre y vino a la Argentina buscando una nueva vida.

Ella creció en la aldea y conoció a mi bisabuelo Francisco, un hombre alto y de buen humor que cuando molían el pan con una máquina hacía reír a las mujeres y gritaba ¡eeepa! mientras hacían el trabajo.

Primero fue su marido, y después ella con casi 40 años, su madre y tres hijas; todos siguieron el camino de la emigración.
Su familia se estableció en Avellaneda, del otro lado del Riachuelo, cerca de la Ciudad de Buenos Aires.

Ya pasaron casi 50 años desde que María Preciosa llegó a la Argentina y hoy recuerda aquellos tiempos y aquellas personas y habla con un bisnieto de Francisco, el vecino de la aldea que la hacía reír.
Ese bisnieto, que soy yo, nacido tan lejos de la tierra, piensa que ella es la testigo de su identidad.
Generaciones y generaciones de gallegos de la Ría de Muros que no mueren porque la sangre perdura en los hijos de sus hijos.

María Preciosa y yo sabemos que el repinaldeiro está camino a la fuente seca, y ambos nos reímos cuando hablamos en nuestra lengua tan lejos de San Xián...

La flor es un regalo para ella en su cumpleaños número 87.

Antón.

Aniña (@vampyevil) dijo...

que guay!!!

me has emocionau...

besitos

fonsilleda dijo...

Parabens para María Preciosa. Bonito post na sua honra
Bicos

Barreira dijo...

Felicidades para Preciosa e mais para ti por compartir eses momentos i esas risas.
Saudos.

Carlos Sousa dijo...

Pois o mesmo, parabéns para Preciosa. Se emigrou ós 40 anos, dúbote de contar moitas historias desta terra que añoras.

Un saúdo.

Anónimo dijo...

Estas equivocado...Anton, MAria preciosa sigue viviendo na aldea de San Xian de Torea, e mentras ela o recorde e fale de aqueles tempos,quen é , de donde ven, quienes foron os seus ancestros...seguira viva. E cando ela marche, quen sabe donde, se ainda alguen segue a falar dela a sua historia, os seus recordos e vivencias,de San Xian de Torea, ou de donde sexa...ela seguira viva.

Cuspedepita dijo...

Sei que María preciosa é unha persoa moi importante para ti e que disfrutas moito os momentos que pasas con ela, porque ten o poder de transportarte á túa terriña de Muros, e de volver atrás o tempo.
Unha aperta grande para ti e outra para María Preciosa.

Anónimo dijo...

Qué importante es que no perdais las raíces!
Saudos

Marcelo dijo...

Qué maravilla Antón! Y yo que tengo sangre andaluza y asturiana, te entiendo perfectamente.
Un abrazo y dile que un montón de gente le desea feliz cumpleaños!!

CriS dijo...

Hola, poco que añadir, preciosa foto, precioso texto y preciosa ella seguro que por mucho mas que su nombre. Felicidades!

Curisa palabra de verificación: "venes"

bess

HADEX dijo...

Parabens para María Preciosa e parabens por esa foto tan linda de esa flor tan linda!!

Bicos!

montse dijo...

Qué bonita y tierna historia nos cuentas para hacer este homenaje a María Preciosa en su compleaños.
Felicidades!!
Un abrazo.

Danimenorca dijo...

gracias por tu visita, siempre es interesante conocer a gente nueva, y poder visitar sus fotos.
nos segimos viendo.
Saludos

Raposo dijo...

Parabens para María Preciosa. Da gusto saber que lonxe da terra e despois de tantos anos se segue lembrando a Galicia e falando a fala nai.
Apertas.

Chousa da Alcandra dijo...

Eu xa cho teño dito máis veces Antón. Admírovos moito aos fillos e netos que amosades este explendor florido de amor, sentimento e sublime pasión por Galiza; pero admiro moito máis aqueles que foron quén de saber sementar en cada un de vos o xoromelo dese profundísimo amor...

Un bico para Mª Preciosa e unha aperta para ti

Anónimo dijo...

cantas lembranzas deixa esta terra nosa nos seus fillos, é canta morriña dos fillos que moran lonxe do seu lar.
muita sorte por esas terras amigo.

Paz Zeltia dijo...

mmmm que sensible me pillou, digo eu, porque o texto non é para que se me nublen os ollos con bágoas que me saíron, así de pronto, coma aparecen os brotes na primavera, da noite para a mañán.
eu... pareceme que foi que tí saibas que o repinaldeiro está camiño da fonte seca...

tcks! sempre con esta emotividade impredecible

matrioska_verde dijo...

unha homenaxe sentida, halle de gustar... e unha flor tan preciosa como a muller a quen vai destinada.

bicos.,

paideleo dijo...

Unha flor preciosa e extraña que non é suficiente para premiar o amor á terra e á fala da señora Preciosa.

fgul dijo...

Sorteo do "Meme do Traste Galego".´
O número do sorteo da ONCE do día de onte (17 de Marzo) foi o 40419 , polo que o gañador do Meme é...

que os interesados entren por favor...

torredebabel dijo...

Parabens á señora María Preciosa no seu aniversario e sobre todo parabens para ela e para Manuel por non deixar que a lingua esmoreza nesta beira do mar!!

nachocarreras dijo...

Hermosa y extraña flor, buen regalo.
Saludos.

Feliciti dijo...

Una historia preciosa.Buen fin de semana!

irene dijo...

Y seguirá perdurando en los hijos de los hijos de los hijos...
Seguro que a María Preciosa le encanta ese regalo por su 87 cumpleaños.
Bicos, Antón.

vintxuca dijo...

Que agasallo tan bonito, agasallo dobre, unha flor ben linda e un post emocionante ...eu en concreto quedome co segundo porque tal como está o tempo en Galiza estes días o meu corpo rebosante de estamina non atura máis polen, non paro de espirrar, picanme os ollos....hahaha, en fin parezco dona miserias.
Felicidades preciosa, e por suposto....QUE CUMPRAS MOITOS MÁIS!!!

Anónimo dijo...

Fermosa flor e fermoso agasallo para un fermoso nome.
Que cumpra moitos máis!
Un saúdo.

abueloscrisytoño dijo...

Preciosa homenaxe Antón, non perdas nin un só minuto cando esteas con ela, dille que che conte cousas, toma nota de todo, seguro que che contará historias recordos que non se deben esquecer.

Antón de Muros dijo...

ANIÑA: a mí también me emociona estar tan cerca a pesar de la distancia.
Un beso.

FONSILLEDA: grazas polo comentario :-)
Bicos.

BARREIRA: pois sí, que non todas son bágoas na vida ;-)
Saúdos.

CARLOS SOUSA: contoume, sí.
Para min non é unha velliña máis.
Unha aperta.

Antón de Muros dijo...

LATORREDELOSSUEÑOSESMERALDA: penso da mesma maneira que pensas ti :-)
Un saúdo.

CUSPEDEPITA: moitas grazas. Ti sabes todo jajaja
Chuchos.

RUBÉN: creo que no podría perderlas. Son parte de mi vida.
Saludos.

MARCELO: ya se que sos descendiente de buena gente.
Me alegra leer tus palabras por aquí.
Un abrazo.

Antón de Muros dijo...

CRIS: me alegro que te haya gustado la entrada :-)
Bicos.

HADEX: gustouche a foto? este verán que pasou tomei moitas en Mar del Plata.
Bicos.

MONTSE: hola, amiga.
Gracias por tus palabras.
Un abrazo que llegue hasta Barcelona :-)

DANIMENORCA: bienvenido a Cuspe de Pita :-)
Un saludo grande.

Antón de Muros dijo...

RAPOSO: é que aquí vive parte da Galicia emigrante que nunca esquece as súas orixes ;-)
Unha aperta.

CHOUSA: moitas grazas polos saúdos.
Unha aperta.

ANÓNIMO: moitas grazas pola mensaxe, amigo.
Unha aperta dende Bos Aires.

ZELTIA: aledame que a entrada chegara aos teus sentimentos.
Grazas polo comentario.
Bicos.

Antón de Muros dijo...

ALDABRA: María Preciosa disfruta moito cando fala con alguén en galego. Pásame o mesmo a min :-)
Bicos.

PAIDELEO: Ola! grazas pola visita e ánimo co Leíño e as súas ;-)
Unha aperta.

MANUEL RODRIGUES: xa está arranxado o tema, non si? ;-)
Unha aperta.

TORREDEBABEL: grazas Torre. Ti ben sabes que por aquí non esquecemos o noso tesouro cultural ;-)
Unha aperta.

Antón de Muros dijo...

NACHO CARRERAS: ¿te gustó la flor? las hay de todos los colores en esta variedad.
Un abrazo.

GOROCCA: me alegro que te haya gustado. Es muy estimulante para mi.
Un beso.

"IRENE": me alegra muchísimo encontrarte por aquí.
Un bico GRANDE.

VINTXUCA: grazas polo comentario e que mellores da alerxia ;-)
Bicos.

Antón de Muros dijo...

PAIDOVENTO: todo é fermoso? mellor así :-)
Unha aperta.

ABUELOSCRISYTOÑO: tes razón, teño que aproveitar as súas lembranzas.
Unha aperta.

Silvi (reikijai) dijo...

Anton...que bella historia.Muchos de nosotros,somos nietos e hijos de imigrantes.Y no queda casi nadie.Disfrutala.Besitos.Silvi.

Antón de Muros dijo...

Muchas gracias por pasar y dejar tu comentario, Silvi ;-)

Un abrazo.

Antón.