jueves, 9 de abril de 2009

Vella



Pasan os anos, os días, as horas, os minutos e os segundos e de súpeto, nun momento, unha mírase nun espello e descubre que todo o seu pelo, baixo o tinte, se volveu branco e que unhas enrugas nas que nunca reparara adornan os seus ollos e os cantos da súa boca.
Día a día aparecen dores ou fanse máis frecuentes e irreversibles algunhas que xa tiña. Comeza unha a ir ao médico con frecuencia, cousa que nunca fixera, e nas súas conversas xa se inclúen distintas doenzas das que antes nada sabía.
Os fillos, que poboaban a casa a todas horas de murmurios, risas e preguntas, comezan a abandoar o niño pola noite e séntese ese terrible silenzo que non enche a televisión.
Unha deixa atrás a "etapa constructiva", xa se conforma coa casa como está, non quere máis obras, nin máis cacharros para a cociña, nin máis mobles, nin máis electrodomésticos.
Comeza a perder a paciencia antes as ocurrencias (¡tan graciosas! )dos sobriños. Por fin entende moitas das cousas que fan ou fixeron os seus pais.
Deixa de pensar como sería a súa vida se...e reconfórtaa ter arredor as mesmas persoas e as mesmas cousas de sempre.
Empeza a sentir máis preto o futuro, tan preto que case o toca coa man.
Aprecia no seu valor os verdadeiros agarimos, aqueles que chegan os dedos das mans para contar, e comeza a coidar só a quen a coida e querer só a quen a quere.
Tamén se desprende doutras cousas inservibles que só son unha carga no seu lombo: obrigas estériles que non a satisfacen, roupa que xa non pón, apuntes de cando ía a universidade, lembranzas que non pagan a pena...
De súpeto unha mañá unha sente que se fixo vella e non soubo cando se pasaron os anos, os días, as horas, os minutos e os segundos.
Pero mira hacia atrás e dase conta de que non soubo porque... estivo moi ocupada vivindo!!

Traducción en comentarios

30 comentarios:

Cuspedepita dijo...

Pasan los años, los días, las horas, los minutos y los segundos y de repente, en un momento, una se mira en un espejo y descubre que todo su pelo, debajo del tinte, se ha vuelto blanco e que unas arrugas en las que nunca reparara adornan sus ojos y los cantos da su boca.
Día a día aparecen dolores o se hacen más frecuentes e irreversibles algunos que ya tenía. Comienza una a ir al médico con frecuencia, cosa que nunca hiciera, y en las conversaciones ya se incluyen distintas dolencias de las que antes nada sabía.
Los hijos, que poblaban la casa a todas horas de murmullos, risas, preguntas... comienzan a abandonar o nido por las noches y se siente ese terrible silencio que non llena la televisión.
Una deja atrás la "etapa constructiva", ya se conforma con la casa como está, no quiere más obras, ni más cacharros para la cocina, ni más mobles, ni más electrodomésticos.
Comienza a perder la paciencia antes las ocurrencias (¡tan graciosas! )de los sobrinos. Por fin entiende muchas de las cosas que hacen o hicieron sus padres.
Deja de pensar como sería su vida si...y la reconforta tener alrededor a las mismas personas y las mismas cosas de siempre.
Empieza a sentir más cercano el futuro, tan cerca que casi lo toca con la mano.
Aprecia en su valor los verdaderos cariños, aquellos que bastan los dedos de las manos para contar, y comienza a cuidar sólo a quien la cuida y a querer sólo a quien la quiere.
También se desprende de otras cosas inservibles que sólo son una carga sobre su espalda : obligaciones estériles que no la satisfacen, ropa que ya no se pone, apuntes de cando iba a la universidad, recuerdos que no pagan la pena, relaciones que no pagan a pena...
De repente una mañana una siente que se hizo vieja y no supo cuando se pasaron los años, los días, las horas, los minutos e los segundos.
Pero mira hacia atrás y se da cuenta de que no supo porque estaba muy ocupada viviendo!!

Antón de Muros dijo...

Tes razón Cuspe: os verdadeiros agarimos e as cousas inservibles... o tempo pon cada cousa no seu lugar.

Pasaron os anos, mais aínda quedan cousas boas por vivir ;-)

Chuchos.

Antón.

CriS dijo...

Oh, que la vida pasa pasa tan rápida cuando uno la vive de verdad... Hace mucho que lo pienso, que el paso del tiempo es tan tan relativo. Que quizá sólo depende de la intensidad con la que uno viva, el provecho que saque del día a día y el valor que la de, el que la vida sea corta o se hagan los días eternos.

Cuspe, me ha encantado tu texto, tu forma de explicar...muy tierno, muy sereno, muy sensato, muy... entrañable como siempre en tí.

Besos y abrazos

el cuaderno de poemas de ruben dijo...

Envejecer es ir viendo cómo las cosas se alejan, nos quegan cada vez más distantes.De los achaques no te preocupes, a partir de los cuarenta si al levantarnos no nos duele nada, es que probablemente estemos muertos.

HADEX dijo...

É absolutamente necesario disfrutar de cada segundo de vida, de emocións, de alegrías....envellecer é un regalo se soubeches disfrutar do anterior...

Bicosss

Chousa da Alcandra dijo...

Boeno carallo boeno; xa che teño dito que non escribas despois de beber tanto viño!!!.
Os síntomas aos que ti aludes son a clara evidencia de que estás a piques de entrar na magnífica "segunda xuventude". Esa que sabe da mesura das cousas, coñece dos erros e sabe bordear pedras para non tropezar outra vez nelas...

Non mudamos nós. Mudan os proxectos e temos que acomodarnos a eles. O síndrome no niño baleiro abre novas oportunidades ;-)...

Chegar a comprender os motivos e os porqués de moitas cousas que fixeron nosos pais, xa o fomos vendo paseniñamente até o de agora; ou non?

E as arrugas que dis...tampouco eres unha camisa para ir planchada pola rúa carallo!. E as expresións con elas toman un significado máis activo, contundente e profundo. (Eu non son xastre nin famoso; pero concordo con A.D. cando dixo que a arruga é bella -con b-).

Acaso cando pos pos morros para dar un bico non os arrugas, ainda con 20 anos? Pois eso!. Bicos arrugados!!!

NOTA: eu de todo isto, falo de oidas; que como ben sabes, ainda non me saliu barba)

abueloscrisytoño dijo...

O tempo voa, pero voar e precioso.
A.Cris

Marcelo dijo...

Tal cual. Yo también siento lo que cuentas...
Un saludo!

Anónimo dijo...

Hola Cuspedepita: Como me decían os meus fillos no meu último cumpreanos "Non é cuestión de engadir anos á vida senón vida aos anos", pero refrexas moi ben o que sentimos algúns que xa estamos a piques de deixar a "cuarentena".
É a primeira vez que fago algún comentario, pero entro de cando en vez no teu blog, porque encontro nel cousas da miña infancia que ti retratas moi ben, como xa facías de pequena cando te poñías a escribir. Os que non nacemos tan dotados para plasmar en palabras aquelo que pasa o noso arredor, ou dentro de nós, coa fermosura e claridade que ti o fas, gozamos lendo o que ti escribes coma se pode gozar lendo un libro ou escoitando unha canción, aínda sen ter idea de música ou de literatura.
Volvendo ao tema da vellez, un empézase a sentir vello cando os que veñen atras, comezan a facer o que tí facías, e tamén cando xa perdiche esa referencia física que tiñas por diante e que de repente deixa de ser unha referencia física, para ser un referente case que continuo en todos os aconteceres.
Chuchos e vémonos.
E. de Ferreiro

Aniña (@vampyevil) dijo...

conservas muchas cosas que espero que nunca te desahagas de ellas...

besitos

Paz Zeltia dijo...

Elojo cando vin eu escribir esto aquí?????
jajaja
ai mimadriña que parecidiños somos todos para algunhas cousas... hasta iso fode! ¿que non? nin para envellecer nos deixan saír do carreiro! (eu dicia: "a min non me vai pasar esto, non me vai pasar o outro..., pero xa che hai ben anos que sei ´que, se non morro antes, pasarei por todas as etapas, mesmo a de necesitar a teena lady, (que me arrepía moito)
Esa frase que dis "Empeza a sentir máis preto o futuro" pois filliña, eu empezo a sentir que o futuro xa pasou jajaja que che é peor!
Sí é verdade cousas "consoladoras" que di Chousa, por ex. como o de mudar de proxectos e tal, pero cando te decides a tirar os apuntes, cando te das conta de que esas cousas que gardaches "para cando as necesite" xa non che sirvirán para nada, ben porque xa non podes, ou porque xa non queres... ese día cain por riba mínimo 15 anos!
E despois o que di a tua coñecida, eso de que "os que veñen atrás comenzan a facer o que tí facías", e que xa non son eles os que che preguntan a tí, se non tí quen empezas a preguntarlles cousas, ai, malo, malo.
Supoño que ainda quedará bastante para o paso seguinte, ese en que se vai un descolgando do mundo, cada vez entendendo de menos cousas, ata que chega un momento en que o que pase ó arredor nos importe un carallo!
biquiños de labios co seu código de barras! :-) (pero gratis)

Barreira dijo...

Cada enruga proven dunha carcajada ben botada. Asi que cantas mais teñas mellor.
Ademais agora hai unhas magnificas cremas que rechean o que faga falla.

fonsilleda dijo...

Teño que ser moi vella. Xa fai tempo que souben que aquela que tiña o pelo escuro foise, non existe. Agora teño arrugas nos ollos nas beiras do bico e...
Non importa, Hai que aceptar a vida tal como vén pero non deixarse abater polas circustancias. Conservar o corazón novo e presto. E seguir aprendendo sempre.
Bicos.

matrioska_verde dijo...

ti dís Vella
eu digo Viva.

biquiños,

nachocarreras dijo...

Lo importante se nos olvida y la vida pasa deprisa.
Saludos.

PABLO JESUS GAMEZ RODRIGUEZ dijo...

Me gusta enormemente este post, amigos mios.

Por cierto, ¿Habeis leido "Confieso que he vivido", de Pablo Neruda?

Un abrazo para los dos...!

Carlos Sousa dijo...

A enruga é bela, non sí?

E que millor que non darse conta de como pasaron os anos porque un estivo moi ocupado vivindo. Por desgraza non é o caso de todo o mundo.

Aínda quedan moitos por vivir, e moitas vivencias por pasar, aínda que haxa que visitar ó medico máis a miudo.

LM dijo...

já sabes que um nom se faz velho senom maior ;-P
beijos tenrinhos

paidovento dijo...

Comezo a notar eu esa desacougante sensación. Aínda que de momento o bule-bule dos fillos aínda me acompaña, por iso pretendo disfrutar deles ao máximo, aínda que non sempre o consigo.
Unha aperta doutro "vello".

Raposo dijo...

Daquela valeu a pena ¿non si?

Nome Andrés dijo...

Jo, que forma más bonita de resumir el camino de la vida. Esas cosas lentas que llegan derepente un día..., pero que llegan como si fuera la primavera que nos sorprende una tarde..., porque vendrán otros días, y otros niñós más pequeños... y otros dolores... pero de esos prefiero no acordarme. Bueno, que me ha gustado mucho. Un saludo.

vermella dijo...

Pois claro que os anos pasan,e neste mismo momento que eu escribo e ti leeras hai o paso de presente a futuro pero non olvides que mentras pasa ti estás e esa memoria da moitas cousas boas,experiencia,serenidade,saber elexir....
por certo cónvidote a unha merenda cas miñas tías,é o mellor antidepre para o paso dos anos,si lles dís,engordeí,elas estás mellor,xa sabes ou te amojamas ou te ajamonas e o jabugo sempre foi o rei da mesa,si teño enrrugas,cala que esas as tes dende nova son de expresión,sempre enrrugabas a fronte cando algo non che gustaba,que si me doe aquí,elas ti que saberás de dores,es unha queixiñas,así que xa sabes a elas que lles encantan as visitas convidada quedas.con chocolate e LK incluído...........
bicos bella.

vakastolas dijo...

Eu xa estiven pensando en tirar as cousas da universidade, hai que ir facendo sitio a cousas novas que o mellor sempre está por chegar.

montse dijo...

Me ha gustado mucho tu reflexión sobre la vida y el tiempo pasado.Creo que también estoy en este momento tuyo de cabellos blancos(sin tinte) llevados con orgullo y todo lo demás que mencionas.Aunque me parece qué, con algunos años más encima.
Es cierto que cuando miras hacia atrás te das cuenta de este paso de los años sin apenas darte cuenta, pero a partir de este momento en que haces balance de tu vida, tomas conciencia de esta vida que te pertenece y qué, desprovista de toda cosa superflua, quieres vivir.A eso le digo yo haber conseguido el punto de despegue de apreciar el momento del dia a dia y disfrutarlo, sin pensar en el futuro ni en el pasado.Ese momento que has tomado la conciencia de vivirlo en plenitud y a partir de aquí a disfrutar de todo lo hermoso de la vida!! Y sobre las dolencias, las vas aceptando como cosas que ya van en ti y que no preocupan, simplemente estan y hay que convivir con ellas y nada ha de perturbar ese momento!!.
Y no somos viejas, simplemente vamos cumpliendo años y nos vamos llenando de sabiduria.
Un abrazo.

irene dijo...

Así es, llega un momento en que no crees que hayan pasado tantos años, no eres muy consciente de que te vas haciendo "mayor", y piensas, ¿tantos años tiene ya mi hijo?, no es posible, pero lo es, afortunadamente has vivido y estás viviendo, unas ilusiones dan paso a otras, lo importante es saber llevar con dignidad y alegría el paso del tiempo.
Moitos biquiños para los dos.

Victoria dijo...

Mais que "Vella" eu diría que eres "Bella"
Mil bicos e abrazos

Lapis-vermello dijo...

Bueno iso é lei de vida pero sempre que mo recordan como ti o acabas de narrar véxoo noutro punto de vista distinto

Mararía dijo...

Estar ocupada vivindo é a mellor ocupación que se pode ter.

E .... es xove, moi xove, sempre xove.

Cuspedepita dijo...

Moitísemas grazas a todos polos vosos comentarios, que me amosaron distintas perspectivas, todas positivas, para observar esto que me está pasando.
Vexo que é un tema que preocupa a todos, sobre o que todos temos pensado algunhas veces.É inevitable.
Creo que envellecer é algo que precisamos aprender, como todo nesta vida, e asumir, para poder vivir esta nova etapa con dignidade e proveito. Desde logo non creo que pasáramos ningunha outra étapa anterior na que foramos tan conscientes de nós mesmos, así que haberá que aproveitar esa sabiduría para que sexa a mellor etapa da vida (esquecendo as dores e os achaques).
Permitideme que deixe un saúdo moi agarimoso para unha persoa que comenta por primeira vez en Cuspe de Pita, pero que me coñece desde que naceu: E. de Ferreiro, con quen compartin unha infancia moi feliz e unha xuventude un pouco máis complicada, pero tamén moi boa.
A ver se nos vemos pola Santa Bárbara, que xa está a caer :-))
Moitos chuchos para ela e a súa familia.
Apertas para todos os outros comentaristas.

latorredelossueñosesmeralda dijo...

Ninguen poderia describir mellor o que sinto estes dias.....eu so poñeria un apendice , que dixera.... porque estiven moi ocupado vivendo, e non puiden facer nada do que nos meus soños pensara algun dia ia facer...
Deixei que duas bágoas resbalaran polas miñas meixelas rumba ao infinito das frustracions...