lunes, 20 de abril de 2009

Penélope


"Presiento que tras la noche
vendrá la noche más larga,
quiero que no me abandones
amor mío, al alba..."


Esta mañá escoitaba RNE-1 e soou esa fermosa canción de Luis Eduardo Aute. Despois o locutor explicou que era a canción elexida por Alberto Nuñez Feijoo para escoitar antes da entrevista que lle ían facer, e este explicou que era moi axeitada porque o seu goberno está xusto nese momento do mencer.
Gustoume a entrevista, case me convence ese discurso moderado de home diplomático, amante da súa terra e da súa familia, e tiven que esforzarme en lembrar que aquel que falaba da súa nenez humilde e aldeá nos Peares era o mesmo home que vai botar abaixo o decreto do galego, e que estivo detrás de todo ese tinglado artificial que montou o PP para facer crer que o castelán está ameazado en Galicia, cun único obxectivo: gañar as eleccións.
Se non fora mestra e non soubera que os problemas que ten Educación con respecto ao galego en Galicia consisten, sobre todo, en facer cumprir nos colexios (sobre todo nos das cidades) un mínimo de horas en galego, quizás me deixase enganar, pero como coñezo o tema, toda esa polémica resultoume tan absurda e irrisoria, coma este Núñez Feijoo que se declara galleguista e chega ao poder cunha promesa que botará ao galego das escolas, e volverá a sumilo na escuridade (se lle deixamos).

Quizá volverán os tempos, non tan remotos, en que o galego era cousa de aldeáns, e Galicia volverá a ser, unha vez máis, Penélope.

De verdade que agardo estar errada.

PENÉLOPE

Un paso adiante i outro atrás, Galiza,
i a tea dos teus soños non se move.
A espranza nos teus ollos se esperguiza.
Aran os bois e chove.

Un bruar de navíos moi lonxanos
che estrolla o sono mol coma unha uva.
Pro ti envólveste en sabas de mil anos,
i en sonos volves a escoitar a chuva.

Traguerán os camiños algún día
a xente que levaron. Deus é o mesmo.
Suco vai, suco vén, Xesús Maria!,
e toda cousa ha de pagar seu desmo.

Desorballando os prados coma sono,
o tempo vai de Parga a Pastoriza.
Vaise enterrando, suco a suco, o outono.
Un paso adiante i outro atrás, Galiza!

(Xosé María Castro Viejo)

A foto tomeina do seu propio blog:
http://www.nfeijoo.blogspot.com/

Hai unha traducción en comentarios.

28 comentarios:

Cuspedepita dijo...

"Presiento que tras la noche
vendrá la noche más larga,
quiero que no me abandones
amor mío, al alba..."


Esta mañana escuchaba RNE-1 y sonó esa hermosa canción de Luis Eduardo Aute. Después el locutor explicó que era la canción elegida por Alberto Nuñez Feijoo para escuchar antes de la entrevista que le iban a hacer y este explicó que era muy adecuada porque su gobierno está justo en ese momento del alba.
Me gustó la entrevista, casi me convence ese discurso moderado de hombre diplomático, amante de su tierra y de su familia, y tuve que esforzarme en recordar que aquel que hablaba de su niñez humilde y aldeana en Os Peares era el mismo hombre que va a echar abajo el decreto del gallego, y que estuvo detrás de todo ese tinglado artificial que montó el PP para hacer creer que el castellano está amenazado en Galicia, con un único objetivo: ganar las elecciones.
Si no fuera maestra y no supiera que los problemas que tiene Educación con respecto al gallego en Galicia consisten, sobre todo, en hacer cumplir en los colegios (sobre todo en los de las ciudades) un mínimo de horas en gallego, quizás me dejase engañar, pero como conozco el tema desde dentro, toda esa polémica me resultó tan absurda e irrisoria, como este Núñez Feijoo que se declara galleguista y llega al poder con una promesa que echará al gallego de las escuelas (se le dejamos).

Quizá volverán los tempos, no tan lejanos, en que el gallego era cosa de aldeanos, y Galicia volverá a ser, una vez más, Penélope.

PENÉLOPE

Un paso adelante y otro atrás, Galicia,
y la tela de tus sueños no se mueve.
La esperanza en tus ojos se despereza.
Aran los bueyes y llueve.

Un bramar de navíos muy lejanos
te estruja el sueño blando coma una uva.
Pero tu te envuelves en sábanas de mil años,
y en sueños vuelves a escuchar la lluvia.

Traerán los caminos algún día
la gente que se llevaron. Dios es el mismo.
Surco va, surco viene, Jesús Maria!,
y toda cosa ha de pagar su diezmo.

Secando el rocío de los prados como un sueño,
el tiempo va de Parga a Pastoriza.
Se va enterrando, surco a surco, el otoño.
Un paso adelante y otro atrás, Galicia!

(Xosé María Díaz Castro)

Antón de Muros dijo...

"O castelán está ameazado en Galicia"... e as ovellas comerán ao lobo :-(

Imaxino que os cataláns teñen outra visión da súa propia lingua.

Pobriña Galicia con estes gobernantes.

"Non esquezamos que si aínda somos galegos é por obra e gracia do idioma" Alfonso R. Castelao.

Unha aperta.

Antón.

Carlos Sousa dijo...

Mal vamos con esas ideas. O do castelán en perigo e a mentira máis grande que oín dende fai moito tempo.

Co galego non han terminar tan fácil, por moito que o intenten.

A canción de Aute si que era fermosa.

PABLO JESUS GAMEZ RODRIGUEZ dijo...

Galicia, bella y entrañable tierra.

Os deseo lo mejor.

Un abrazo.

Pedro Ojeda Escudero dijo...

Cuántas vueltas y revueltas para dejar la educación peor. Qué políticos los nuestros.

Chousa da Alcandra dijo...

Pois con máis razón agora os galegoparlantes habemos ser garantes da preservación do idioma.
E dudo moito que ningún governo da Xunta teña arrestos suficientes para relegar a lingua deste pobo a un segundo plano.

Os Peares é unha boa encrucillada para que os alí nados teñan sempre a brúxula disposta para saber cara onde lles queda o norte; así que eu vou pensar que as cousas non han ser tan malamentes malas como pronostican. Xa verás como en Antas aos toxos habemos seguilos chamando toxos despois dunha temporada co dos Peares no despacho oval de San Caetano...

Bicos e chuchos (sin besos)!

alfonso dijo...

Con la mirada nas galihnas

Mucho me temos que el ciclo de la oscuridad pueda iniciarse de nuevo. Ahí. allá y acullá.

...bicos.

CR & LMA.
____________________________

fonsilleda dijo...

Cousas veredes...
De todas maneiras, tamén e certo que o tema elexido, por moito que o seu goberno estea "nun mencer", o tema de Aute que a min gústame moitísimo, refírese a outros sucesos ben distintos e sanguentos.
Do tema do galego, xa discutín tanto, que non sei que dicir, só que é ben triste.

Nome Andrés dijo...

Hay una política que se hace con la letra pequeña. Un saludo

Aniña (@vampyevil) dijo...

perdiendo el idioma se pierde el principio de un todo, seguir asi!
luchar!
besitos

poemas de ruben dijo...

Si Galicia no sonara a gallego desde los buenos días hasta las buenas noches no estaría orgulloso de ser español.

HADEX dijo...

Eu, que son tanto galego coma castelan parlante, póñome enferma cada vez que escoito esa conspiranoia de que o castelán está en perigo....

Eu traballo nunha academia e teño alumnos que falan só en castelán ou só en galego. Exceptuando algunha persoa curtiña de cerebro, nunca hai problemas coas linguas. Eles non o ven como problema e ,na miña opinión, comparado cos anos nos que eu estudiaba, penso que a idea do galego como lingua igual ao castelán evolucionou moito entre a xente nova. Penso que o problema da normalización está máis ben na miña xeración que aínda teñen aquel antigo resquemor de lingua inferior.....
En fin, que espero que este pailán dure só catro anos e que non lle dea tempo a moito...



Bicos.....

Sempre me encantou este poema...

Xan dijo...

O idioma eo vehiculo da cultura. Sin cultura propia non hay pobo. Estámonos, pois, xogando a mesma existencia como País, un soño colectivo que sen fala, sen fio conductor non ten razón de ser, nen poderá existir.

Paz Zeltia dijo...

Qué ben lle acai o poema a este momento!
Gustoume especialmente este post, ese gran que arrimas ó graneiro de enseñar as mentiras que se esconden detrás de palabras bonitas.

São dijo...

Caro Antón, te venho agradecer muito as gentis palavras que me ofereceste no meu post de 21 de Abril.
Te deixo também o meu abraço solidário por teres uma perda tão grande , sendo ainda tão criança.
Bem hajas!

CriS dijo...

¿Qué quieren sacar el gallego de las escuelas? No he oído nada pero casi mejor porque me acabo de enfadar muy mucho.
Cuando llegué a Galicia a mis 6 años, lo primero que recuerdo son las canciones en gallego del cole, así empezé a aprenderlo y a sentir mas la tierra, la esencia gallega. Si no me hubieran enseñado la lengua nada habría sido igual, lo se... Ay que no, de verdad que me deja muy confundida y cabreada esta noticia, algo se podrá hacer, no??? No dejarles para empezar...

Saudiños!!

Barreira dijo...

O galego chegou ata hoxe pasando por momentos moi dificiles. E todo gracias a nosos avós e pais que o falaban a pesares de estar mal visto. Eses aldeáns foron capaces de manter vivo o linguaxe da única forma que se pode facer: falandoo. E falandoo cos fillos de xeito que o mamen xunto co leite materno, non ha de haber quen de mover o avance firme do noso idioma.
Os decretos pasan así a un segundo plano. Si temos que facer falar un idioma via decreto, mal vamos.
Saudos.

aopedofarelo dijo...

O malo desto, é que ata agora foi o rural o garante e gardian da lingua...Pero os vellos morren, os novos fuxen e marchan das aldeas..e as pedras non son quen de gardar soas este incalculable legado...Ao peor ten as horas contadas, por mor desta globalizacion de merda que estan a impoñer os garantes do orden muldial

Raposo dijo...

Pois si,o de que "vendrá la noche más larga" acaéselle ben os tempos escuros que están principiando.

HADEX dijo...

Tes un agasallo no meu blog se che apetece. Bicosss

nachocarreras dijo...

El fin va a ser siempre el mismo ganar las elecciones.
Saludos.

vintxuca dijo...

Penso que sempre conto o mesmo pero non fai moito que vin en intereconomía, facendo zapping, claro está, como Feijoo azuzaba e daba a razón a unha señora de Ourense que explicaba "yo tuve que llevar a mi hijo a Ponferrada al colegio para que no le enseñen gallego y así pueda tener una posibilidad en la vida, posibilidad laboral posibilidad cultural y posibilidad de llegar a ser alguien importante.
Xa non sei se esta xente fala en serio ou son unha esaxeración de eles mesmos facendo un monólogo no clube da comedia. Pero paréceme desolador o panorama que temos en Galiza. É unha vergoña ter un idioma propio, é unha vergoña ter as nosas propias tradicións, a nosa propia cultura, a nosa propia gastronomía e as nosas fragas e praias.
En fin.........sen comentarios, un saúdo.

Manel Vázquez dijo...

o noso pobo continua nas nosas mans, máis ca nada, logo destas eleccións se demostra que os políticos deberían protagonizar un espacio televisivo, un chou de máxima audiencia se nos apuramos, pero nunca, nunca manexar nin os presupostos nin os destinos dun pobo.
moitos saúdos.

Mararía dijo...

Acabo de poñer no reproductor a canción de Aute que mencionaches! Vou a empaparme de sentimentalismo!

LM dijo...

é que nom aprendemos! caemos sempre na mesma!
beijos

Anónimo dijo...

Mire señora Cuspe da pita, a mi me parece estupendo que le parezca muy bien , la presunción, el desprecio a ciertas profesiones “Personal no váteres” y la descalificación de los compañeros, la puñalada en la espalda, el peloteo, el esquirol que perjudica a terceros, pero a mi me parece muy mal esas actitudes. Yo respeto su posicionamiento, pero claro usted actuó de masa aborregada y me da pié a contestarle, mire señora debió aplicarse la receta a si misma y se evitaría mi latigazo. Uno debe aprender que cuando hace juicios en esferas públicas no se debe esperar la unanimidad y con la misma convicción que uno defiende su posicionamiento se deben aguantar o defender de las críticas. Estoy yo muy segura, que en el fondo y en su soledad espiritual, usted pensará que alguna razón me asiste. Leí un poquito su blog compartido y compruebo que es usted una buena persona, natural, cercana por lo que no voy hacer otro tipo de apreciaciones. Siento que nuestras primeras palabras sean por este tema, pero a mi la soberbia, el machismo, la descalificación de los compañeros me produce ingravidez y cada vez que me las encuentre opinaré. Tengo respeto por las opiniones contrarias, pero seguire ejerciendo mi opinión libre con la misma libertad que los que dicen cosas en un blog publico.
Pase usted un buen día. La solidaridad con nuestros amigos no nos debe convertir en ciegos ni en masa aborregada por que eso también es malo para nuestros amigos.

pitima dijo...

É un pouco frustrante comprobar como algúns personaxes poden facernos crer mentiras (só ás masas aborregadas, non a todos, por sorte..). Os políticos teñen talento para meternos medos inexistentes no corpo e para distraernos dos verdadeiros problemas cando o que está en xogo é a victoria electoral.

Eu viña a devolverche a visita ó meu blogue. Xa teño estado aquí e gústame o voso espazo, aínda que non son asidua, por falta de tempo.

Grazas. E sinto moito que os trasnos cheguen ata aquí a enturbiar o voso amigable espíritu.

Un bico.

Cuspedepita dijo...

Sr. Funcionario: Cuando alguien ofrece latigazos, anque sea en plano simbólico, pierde automáticamente todo respeto posible por mi parte y no me interesa en absoluto su opinión. Ofrézcame usted razones y entonces hablamos.