martes, 7 de septiembre de 2010

Cambios



Comeza setembro e sinto que a miña vida entrou nunha espiral de cambios que me custa un pouco asumir, anque algúns fosen moi agardados:
Este é o primeiro curso, despois de 21 anos, que traballo preto da miña casa, na Fonsagrada, a menos de catro km. do lugar desde o que estou escribindo isto. Agardei moitos anos este cambio, e sei que será positivo para min, pero agora mesmo boto moito de menos as miñas compañeiras e compañeiros do colexio de Rábade...
Dentro de nada, a fin de mes, cambiarei de década porque cumprirei os meus primeiros 50 anos. ¿Terá iso algo de bo? ;-)
A nivel emocional tamén algunhas cousas están cambiando dentro de min, quizá estou máis tranquila e centrada que nos derradeiros anos, pero tamén igual perdín un pouco de enerxía e ilusión e, por último, tamén o meu corpo parece que se sumou a este proceso e anda algo revolucionado pasando páxina.

En fin, que sería unha perfecta mascota dunha campaña electoral que tivese por slogan o cambio, se non fora que non estou de humor para políticas...¿Estarei tamén eu en crise?

Apertas


PD: Pensamos en vos, Javier. Que te recuperes pronto.


A pintada e a foto son miñas, o texto é un haiku de Javier Adúriz, querido amigo e admirado poeta.

16 comentarios:

Chousa da Alcandra dijo...

Un contínuo cambio e unha reiterada monotonía son os aditamentos habituais no circo sin carpa que nos acubilla...

Todo che ten algo de bo e unha pizca de malo; ou seica pensabas que era doutro xeito?

Chuchos con bicos

PD: Alédame a túa escrita por estes lares.

Pedro Ojeda Escudero dijo...

Eso sí es cambiar.
El año debería comenzar en septiembre, desde luego.
Saludos.

Paz Zeltia dijo...

Eu tamén penso coma o comentarista anterior: a celebración de fin de ano (ou do inicio de seguinte) debía ser cando comenza o outono: a vida cotidiana pega un cambio nesta data, acaba a vida desordenada do verán, comenzan os colexios coa rutina que marca iso, para pais, profes, avós... [tráfico, grrrrrrrrrrrrr]
Tamén os cambios estacionais: os días acúrtanse, a naturaleza colle un descanso, cambia a paisaxe, o tempo atmosférico fainos sentir quén manda: a rutina vén a salvarnos! :)
Pero se a todos eses cambios que todos temos lle sumas un cambio de traballa coa carga emocional que iso leva -ainda que sexa para mellor-,
e uns cambios hormonais que nos afectan tanto física como emocionalmente... pois vas ter razón que és un cambio con pernas! :)
Esta tempada tiven varias celebracións de cumpreanos dos 50, ese ano que non é un cumpreanos coma outro calquera, está recargado de significantes e significados. Eu ainda non o celebrei, ainda que xa o pasei, pero non me sentía eu nesse momento de cambio, nin por dentro nin por fora, pero a pouco sí que me sentín mudando e agora ben instalada e cómoda, ben asimilados os cambios, síntome estupendamente con moita gana de celebrar, porque teño moitísimo que celebrar, así que celebrarei non só 50, se non todo o muller que me sinto: por dentro, por fora.
Mándoche unha aperta moi grande, e estou leda de ver que apareces por aquí.

Alís dijo...

Molestan os cambios porque nos sacan da tranquilidade da rutina, pero son bós cando nos sacuden e nos lembran que estamos ben vivos e nos obrigan a exercer como tales.

PABLO JESUS GAMEZ RODRIGUEZ dijo...

Un placer leeros de nuevo.

Abrazos...!

mariajesusparadela dijo...

Pois, que o saibas: entras no que eu chamo "a década Prodixiosa": o corpo ainda non se queixa e a mente está a pleno rendemento. Atrás quedan as parvadiñas que te facían sufrir : os complexos, as dúbidas parvas, as inseguridades...
E non quero dicir que todo se arranxe, non, pero ollámos as cousas con moita mais nitidez e solucionámolas limpamente.
Xa verás.

alfonso dijo...


Los cambios enriquecen. Los cincuenta son el comienzo de otra nueva vida... lo verás.
No dejas nada atrás. Lo llevas contigo si ese algo, sinceramente existía. Y si no fuese así, te enfrentarás a una prueba de fuego... tener que valorar aquellos años idos.
Y no es lo mismo Rábade que Fonsagrada. Cuaro kilómetros, a veces, compensan la pérdida.
Novos nenos, novos compañeiros. Estás estrenando zapatos nuevos.

un bico

CR LMA
________________________________

fonsilleda dijo...

Penso que cambiar é case sempre bo, salvo que se volva un costume obrigado.
Algún cambio é imposto, non che caiba dúbida, pero nada que ver precisamente cos 50. Simplemente é que, chegas aí, e páraste a pensar que sucedeu ou que nos fasa que facías...
Bicos.

Myriam dijo...

Los cambios son buenos porque nos hacen renovar. Feliz cambio de decada.

Besos

Antón de Muros dijo...

Benvida á nova etapa :-)

Pensa nas cousas boas e no que aprendiches nestes anos ;-)

Unha aperta para ti e outra para Javier Adúriz (agardo que poida ler estas verbas)

Antón.

Angel Utrera dijo...

Benvida o club¡¡¡.....
A vida e iso, un montòn continuo de medos, cambios,, renuncias, inquedanzas, tristuras, e esperanzas,,,,,,¿En que?.
Ah, si xa o sei, e de cando en vez, unhas migajas de alegria,....

Aniña (@vampyevil) dijo...

ya paso la primera mitad de septiembre a por la segunda!!
besitos

Niar dijo...

Dear Anton & Cuspedepita,

I thank you for your comment in my latest post. indeed, I am happy with my new job.

nice to visit this site again :)
I hope your day will always be nice and great

irene dijo...

Los cambios siempre, o casi siempre, tienen eso, un lado positivo y otro negativo, algo se pierde y algo se gana, seamos positivos y quedémosnos con lo bueno que pueda venir.
Entras en una estupenda década, yo va a hacer tres años que entré en la siguiente y no está mal, a ti aún te queda bastante, míralo por ese lado.
Estupenda foto por el poema, todas las pintadas deberían ser así.
Besos y mis mejores deseos en tus cambios, Cuspedepita.

Anónimo dijo...

Buenas noches, Cuspedepita:
Te pongo una cita de Maria Aurelia Capmany:

"Nunca seré
lo suficiente vieja
ni lo suficiente cobarde
como para no volver
a comenzar
desde el principio
y con las manos
vacías."

Te lo pongo en catalán, como lo tengo escrito en un punto de libro, que suelo utilizar, para marcar las páginas.

"Mai no seré
prou vella
ni prou covarda
com per no tornar
a començar
de cap i de nou
i amb les mans
buides".

(El motivo de dibujo es un racimo de uvas, con sus hojas, colocado sobre unas ondas alternas verdes y de color vino).

Un abrazo. Gelu

respirando dijo...

"benditos y malditos cambios"