domingo, 3 de abril de 2011

Primavera


A primavera avanza, como cada ano, como se non pasara nada, allea aos nosos desvelos, ausente das nosas traxedias persoais, das nosas catástrofes, da vida e a morte deste formigueiro no que medran, sen embargo, as súas raigames.
Empurra a vida mentres nós seguimos enterrando víctimas do derradeiro terremoto, sen nos repoñer aínda do terror das imaxes do tsunami, preocupados polo futuro das nosas vidas e sobre todo das dos nosos fillos, a quen deixamos en herdanza un mundo de usar e tirar ao que non lle atopamos vacina para libralo deste cancro que está volvendo atrás todas as conquistas sociais do século XX.
Pero nesta praciña de Negueira de Muñiz onde medran as flores desta cereixal, semella que se detivo o tempo e nada aconteceu desde os tempos de bonanza.

9 comentarios:

São dijo...

Belissima foto, que efectivamente contrasta com a feiura que inunda o mundo.

Boa semana.

Cuspedepita dijo...

La primavera avanza, como cada año, como si no pasara nada, ajena a nuestros desvelos, ausente de nuestras tragedias personales, de nuestras catástrofes, de la vida y la muerte de este hormiguero en el que crecen, sin embargo, sus raices.
Empuja la vida mientres nosotros seguimos enterrando víctimas del último terremoto, sin reponernos aún del terror de las imagenes del tsunami, preocupados por el futuro de nuestras vidas y, sobre todo, de las de nuestros hijos, a quién dejamos en herencia un mundo de usar y tirar al que no encontramos vacuna para librarlo de este cáncer que está volviendo atrás todas las conquistas sociales del siglo XX.
Pero en esta placita de Negueira de Muñiz donde crecen las flores de este cerezo, semeja que se detuvo el tiempo y nada aconteció desde los tiempos de bonanza.

Antón de Muros dijo...

Un pouco de paz para este mundo tolo...

Chuchos.

Antón.

Pedro Ojeda Escudero dijo...

Es curioso cómo hemos ido celebrando la llegada de la primavera según la zona de España en la que vivimos.
Besos.

Aniña (@vampyevil) dijo...

como siempre me quedo embelesada con texto y fotos.
un beso.

A nena do paraugas dijo...

Canta razón tés no que dis! Pasan as primaveras, unhas detrás de outras, cada unha coas súas cores e mentres as vemos pasar, sentimos o paso do tempo e vemos tan cerca o futuro incerto que agarda ás nosas crianzas...

Un saúdo.

rubén lapuente dijo...

Ahora las estaciones vienen con incertidumbre que ya no nos deja detenernos demasiado en su belleza
Bicos

Angel Utrera dijo...

Tempo de tempos....pra min a primavera sempre brota nas cerdeiras de Belesar, alà ao pè do Miño....cara o CAbo do mundo..

Chousa da Alcandra dijo...

Son os milleiros de praciñas coma esa as que nos teñen que seguir empurrando cara diante (por máis que semelle que imos a ceacú).
Esas praciñas e mailos Chuchos que, de cando en vez, nos dan/damos

Chuchiños!