miércoles, 28 de diciembre de 2011

O pasamento dun amigo




O 16 de novembro de 2011 morreu un amigo.
Chamábase Rubén Servia e era fillo de galegos.
Nado na Arxentina, tiña un amor fortísemo pola terra e pola súa familia galega.

Foi un bo amigo, respectuoso, traballador, agarimoso.
A morte levouno cando tiña 52 anos.

Non é doado comprender que non estea entre nós.
Compartimos a dor da súa muller e das súas fillas.

Os que o coñecimos lembraremos sempre o seu xeito de home cabal e o seu sorriso.

9 comentarios:

São dijo...

Nestas ocasiões dolorosas , as palavras sobram.

Por isso te deixo um apertado e solidário abraço pela perda.

Antón de Muros dijo...

Moitas grazas,São.

Unha aperta.

PD: os mellores desexos para o 2012.

Antón.

Chousa da Alcandra dijo...

Non é doado entender este tipo de acontecementos, pero estou seguro de que a no voso recordo permanecerá sempre a súa lembranza.
Unha aperta

Pedro Ojeda Escudero dijo...

Que la tierra le sea leve.

Cuspedepita dijo...

Teño unha imaxe moi nítida e divertida de Rubén da retina, en moita parte grazas a ti, Antón, que nos facías rir a todos alá en Ezeiza, o último día que o vin. Pero sobre todo lembrarei sempre o seu bo corazón, o seu carácter animoso, conciliador, agarimoso, e a devoción que lle profesaba á súa familia,o amor co que falaba da súa muller, das súas fillas, dos seus pais, dos seus avós. E sempre de telón de fondo, o amor pola súa terra galega.

Concha L. F. dijo...

Cando alguén desaparece do noso entorno, sempre nos deixa unhas muxicas do seu mirar prendidas no corazón.

Un saúdo e feliz 2012.

Concha L. F. dijo...

Custa encaixar estas novas ás portas dunhas festas, pero non queda máis remedio ca seguir adiante, levando na memoria a lembranza de quen se foi. É a mellor homenaxe.

Feliz 2012.

ñOCO Le bOLO dijo...


· Recordar a alguien es hacer que viva siempre.

· un bico

CR & LMA
________________________________
·

Fernando dijo...

No puedo creer que haya fallecido. Yo era compañero de trabajo en el 2005 acá en Argentina. Era muy buen compañero y excelente persona. Una lástima.
Fernando