Os autores desta bitácora coñecémonos a través de internet vai para dez anos. Desde aquela foise forxando entre nos e as nosas respectivas familias unha forte relación fraternal, compartindo a vida á distancia, mais cunha presenza permanente, diaria.
Nestes anos só en dúas ocasións puidemos compartir uns poucos días xuntos, grazas as vacacións.
A primeira vez vímonos no inverno de Bos Aires, entre xullo e agosto do 2008, esta vez no verán de Galicia (xullo de 2012).
Aquí nos tedes paseando pola praza Maior de Lugo o día que Antón obtivo o seu primeiro DNI español :-)) A foto, esta vez, é obra do pai de Antón :-))
10 comentarios:
Quixera que todos saibades que Cuspe é a irmá que non tiven ;-)
Saúdos para todos.
Caray...
Me alegro por ese encuentro y esos años juntos en la distancia.
Un abrazo
Me ha gustado veros juntos.
Un abrazo muy fuerte para cada uno de vosotros.
E non avisastes ao primiño que vive a tiro de pedra da muralla!!!.
Seguro que o pasastes moi ben. Incluso sin min :-)
Apertas de Antas
Chousa
Antón terá dni hespañol, pero eu perdín o pasaporte para blogger
Que alegría me dá vervos xuntos! é un agasallo que amosedes a foto, compartir cos outros blogueiros a vosa linda amizade!
Internet é un mundo tan vivo... marabíllanme os encontros que produce, as posibilidades todas do mundo enteiro.
Espero que haxa unha próxima vez e que, desta, poida estar eu tamén nunha foto con vós.
· Felicidades. Es un tipo de experiencias de esas que marcan. Envidiable.
Hay que repetir... lo digo por experiencia.
· bicos e apertas
CR· & ·LMA
________________________________
·
Como decimos por aquí, da xenio verbos así de ledos nesa fermosa plaza de Lugo.
Unha fonda aperta para os dous dende a mariña
Isto da interrede é unha marabilla !.
Agora toca imaxinar o que acontecerá dentro doutros dez anos.
Moitas grazas a todos polos vosos comentarios.
a Antón polo agarimo e a compañía, a Jan por deterse un momento xunto a nós desde tan lonxe tamén, a Montse polos cálidos abrazos, a Chousa pola pequena envexa que lle din ;-), a Zeltia por compartir a nosa ledicia, e a Ñoco polo consello, que agardamos poder seguir en algún momento, a Balbi por pasarse por aquí, e a Paideleo por trasladarnos ao futuro por un momento.
Apertas para todos
Antón, Cuspe..., me alegra encontraros donde os dejé, sobre todo porque cuando me fui Cuspedepita estaba un poco desaparecida.
Me encantó tu visita y en cuanto te ví, una sonrisa grande se me instaló ¡qué cosas!.
Me alegra que os hayáis vuelto a ver y se os "ve" estupendamente a ambos.
Espero que a partir de ahora, nos encontremos como antes.
Bicos.
Publicar un comentario