domingo, 12 de enero de 2014

Presentación de "Son Galego"


Antón anda por Muros, por terceira vez.

O día 1 de Febreiro de 2014 presenta alí o seu libro "Son galego", na terra onde naceu o seu avó e de onde emigrou sendo un rapaz para acadar unha vida vellor na Arxentina, onde traballou e formou a súa  familia, sen poder volver nunca á súa casa natal.
 El foi quen lle transmitiu a Antón o seu amor por Galicia, e a súa maneira de ser,  pensar, falar  e sentir coma galego, con todo o que leva implícito, comezando por unha morriña que trae  a Antón a Galicia  sempre que as circunstancias llo permiten.

Organiza a presentación a revista The Muros Times , coa colaboración do Concello de Muros e I love Muros, onde atoparedes máis información.

Tamén vos recomendo moito este enlace:

http://fiosinvisibles.tumblr.com/post/72873154331/de-bos-aires-a-muros-as-moitas-maneiras-de-ser-galego


9 comentarios:

Chousa da Alcandra dijo...

Habíame gustar poder ir a Muros o día primeiro para que Antón me asinase o meu exemplar de "Son Galego"...Quen sabe!

Chousa da Alcandra dijo...

Cuspe: Contacta comigo a través do correo-e por favor. A miña lista de mail extraviou o teu enderezo, e no blog non o vexo

São dijo...

Se pudesse , estaria presente para te abraçar .

Assim , te envio , sinceros votos de muito sucesso!

Apertas.

Alís dijo...

Tamén me gustaría estar presente. Qué terá ser galego, un sentimento tan forte que sobrevive a varias xeracións a pesares da distancia.
Moita sorte co libro

Unha aperta

Antón de Muros dijo...

Moiatas grazas, Chousa, Sao e Alis.
Mandovos unha forte aperta!
E outra para Marisa, claro ;-)

Carmen Graña Barreiro dijo...

Parabéns, Antón!!!! Eu estiven na primeira presentación así que agora deséxoche dende aquí o mellor para ti e unha boa andaina para "Son galego".
Bicos e apertas

Concha L. F. dijo...

Parabéns! Ser galego ou galega é algo que non ten prezo, por moito que fóra do Padornelo e mesmo dentro nos queiran facer ver. Gustaríame saber como se pode adquirir o libro... Editorial e/ou puntos de venta. A Muros non podo ir...

Bicos e parabéns de novo!

homesdepedra dijo...

Que ledicia ter coñecido en persoa a "Cuspe de Pita"!
Foi unha tarde máxica a do domingo en Muros e un rotundo exito para Antón e o seu libro "SON GALEGO".
Saúdos e parabéns.

lambe goa dijo...

Estoy muy de acuerdo con sus puntos de vista sobre su blog.
gracias, puedo añadir la información de tu blog
bisnis online pemula dan cocok untuk mahasiswa