lunes, 29 de septiembre de 2008

¿Que dicir, que pensar, que facer ?

Ola, ¿ti es a nai de A, verdade?
Si, e logo?
É que nos queriamos falar contigo polo que pasou o outro día.
Nos zumbámoslle a N porque lle tirou disolvente a un ollo a A e xa estamos fartos de que se metan con el …Nos somos de CH, non estamos con el en M, pero os seus compañeiros en vez de axudarlle están sempre ríndose del e facéndolle burla e, como vemos que pasan as cousas e non se fai nada, decidimos facerlles fronte nos, a ver se así paran. Non lle queriamos facer dano a N, pero si meterlles medo aos tres, porque entre el e outros dous fanlle a vida imposible…

Pero ¿sabes? agora o que lle tirou o disolvente, que saíu o pobre A berrando do baño, pedindo auxilio, e case caendo porque lle ardía o ollo e nin vía por onde ía, nin sequera o van expulsar e a nos, que o saímos defender, denunciáronnos e veu hoxe a policía por aquí facendo preguntas...

Agora parece que N tamén ten minusvalía, coma A, pero nos iso non o sabíamos, só vimos que estaban eles tres no baño cando lle tiraron a Anxo e os outros dixeron que eles non foran…que agora que o penso non sei a que viña dicir iso en vez de axudarlle, que tiven que vir eu correndo lavarlle a cara e limparlle as gafas, que eles nin puto caso…

Os profes din que sería xogando, pero non, se fora así ¿porque non foron onda a A axudarlle e se desculparon daquela ?... Non, o que fixeron foi esconder o vaso no que estaba o disolvente para que os profes non souberan...que despois atopámolo escondido…para iso teñen valor…para dar a cara non…

E que sempre son os mesmos, ho, e ao pobre rapaz téñeno aburrido, que xa lle fixeron de todo, tíranlle auga por riba cando vai ao baño, rompéronlle a taquilla, roubáronlle cartos varias veces, enchéronlle o bolso do pantalón de aceite, e moitas máis cousas, e agora esto… E sempre se están rindo del…sempre con esa cara de burla...

E que fixeron os profes? Pois mandarlle a A que agardase a que saísen todos para que non se metesen con el, despois de que un día o ameazaron con darlle unhas hostias se non lles daba uns euros, pero el non tiña a culpa, os que tiña que sair despois eran os que se metían con el, ou tomar medidas con eles...pero non se fixo nada, e ao fin sempre sae perdendo el, sempre...

E eu xa non aguantei máis, ¿sabes? porque A nunca se mete con ninguén, ao contrario, sempre ven falar con todos e trata de ser amigo de todos, pero eles sempre se están rindo del. O que pasa é que el é moi inocente e non se sabe defender. Pero ti pregúntalle quen foi, apúrao para que che diga porque el ten que sabelo, que el parvo non é, non, parvo non che é…

E a min aféctame ¿sabes? porque na miña familia tamén hai un caso…e o outro día ata chorei de rabia aquí, de ver que aínda por riba os abusóns parecemos nos e non eles…

Que vaian aprendendo que aquí hai xente así e que hai que respectala…

Porque mira, eu xa non che son un neno, teño 24 anos e vexo as cousas como son, a min non me enganan coas súas mentiras, e eu ben vexo a clase de persoas que son, pero a eles nunca lles pasa nada, fagan o que fagan seguen aquí, e ao que o fixo non lle ha pasar nada, nin o han expulsar sequera uns días, porque os profes non queren problemas e están a escurrir o vulto, e nos, polo de pronto, estamos denunciados, xa verás…

21 comentarios:

Aniña (@vampyevil) dijo...

que aprendan!

Antón de Muros dijo...

Ufffffff

Neste mundo a crueldade non ten límites :-(

Antón.

Pedro Ojeda Escudero dijo...

Estoy de acuero con Antón.

Lapis-vermello dijo...

Que cruel.

Anónimo dijo...

QUE RABIA ME DA UFFF SIEMPRE LOS BUENOS DE CORAZON SON LOS QUE PAGAN LAS CONSECUENCIAS,PORQUE LA SOCIEDAD SE HACE LA SORDA.

LILY

vermella dijo...

Cando hai que pagar ca mesma moeda porque a inxusticia xa pasa da raia as boas persoas síntense culpables,mentres cas outras saen victoriosas,algo falla no sistema que nin profes nin pais somos quen de botarlle mán.
saúdos.

LM dijo...

esperemos que nom sempre seja assim.beijos

Chousa da Alcandra dijo...

Non sempre é asi, claro que non; pero cando é...amola moito!!!

paideleo dijo...

Sempre me incomodaron os abusos e atacanme os nervios.
Nada, querías agradecer as palabras de cariño e a ver se sae nena por iso da parelliña.

Anónimo dijo...

A crueldade sempre nós fai sentir impotencia pero máis que buscar culpables o importante é buscar solucións. Bicos.

Paz Zeltia dijo...

púxome triste esta entrada.
o primeiro ano meu da escola fun o centro de burla dos "maiores" por unha circunstancia que se daba na miña familia e que era de dominio público. os rapaces son crueles, pero eu non os culpo a eles, senon ós maiores baixo a responsabilidade de quén están, que tamen son os que crean os primeiros prexuicios e espellos nos que os nenos se miran para logo actuar.

Anónimo dijo...

Non e posible....
Sobran as palabras, e so queda chorar polo que estamos a facer entre todos...

Cuspedepita dijo...

Esta é unha historia real, que me afecta directamente, que non é a primeira vez que a vivimos, que sabemos que, por desgracia, tampouco será a última e que é algo que calquera familia que teña unha persoa discapacitada no seu seo( sobre todo se a discapacidade é psiquica) ten pasado en múltiples ocasións.

O tempo de escola e instituto acostuma a ser un inferno para os rapaces con discapacidade. Despois supoñíase que eso remataría, porque estarían rodeados de adultos, pero se se quere acceder a un emprego hai que facer cursos e neses cursos volve a comezar o pesadelo.

Como di este rapaz ao que lle transcribín as verbas coa maior exactitude posible, sempre perden eles.

Se os outros os acosan, son eles os que teñen que sair máis tarde, se lle tiran auga no baño son eles os que teñen que agardar a que os outros saian para poder entrar, se os rouban, son eles os que teñen que levar só unhas moedas nun bolsillo con cremalleira para pagar o bocadillo...

Sen embargo, a pesar da dor que esta situación me produce, estou leda por unha cousa: Vin que aínda hai rapaces que son educados con principios e valores como a solidariedade ou a necesidade de respetar e facer respetar ao indefenso. Non está todo perdido.

A mágoa foi que son rapaces aínda e teñen poucos recursos, así que as formas non foron as axeitadas, pero eu sei que a súa intención era boa, deter esa situación que A estaba vivindo e da que eles eran mudos testigos día tras día.

Agora, este mundo ao revés no que vivimos igual lles fai pagar cara esa ousadía...

Anónimo dijo...

A ver Anton, he tratado de entender el relato en gallego pero se me escapa, se trata de una burla hacia algún disminuído?si es así sobra decir que es algo cruel y sin sentido pero a ver si puedes ser un poco bilingue ;)

Un abrazo!
Gorocca

Antón de Muros dijo...

Gorocca:

Hola! gracias por interesarte. Primero quiero comentarte que este blog lo escribimos dos personas: Cuspedepita desde Galicia y yo (Antón) desde Buenos Aires.
Ambos escribimos en gallego.
Para saber quién es el autor de cada entrada, tienes que mirar quien la publica ;-)

Cuspedepita comenta con dolor las burlas e injustas situaciones que tiene que pasar un miembro de su familia que tiene una discapacidad psíquica.
Seguramente ella misma te lo explicará mejor.

Un abrazo.

Antón.

Cuspedepita dijo...

Si, Gorocca, es como te dice Antón, y como supones.
En este caso se trata de un miembro de mi familia, pero no es una situación que vivamos solo nosotros. Pertenecemos a varias asociaciones y son incidentes que todos hemos vivido, en especial si la discapacidad no va acompañada de rasgos físicos muy evidentes y si el discapacitado está en edad escolar.
Lo que quería de alguna forma denunciar es que, en una situación de este tipo, y para evitar otras posteriores, en vez de restringir la libertad de los agresores, se suele recurrir a restringir la de los agredidos.
Y también la injusticia, en este caso, de que, los únicos chicos que demostraron el corazón de defenderle, hartos de ver que quien debería tomar medidas sancionadoras contra el(los) agresor(es), deja pasar todo sin ejercer su autoridad, serán, a fin de cuentas, los que paguen el pato.

Creo que este caso pone de menifiesto que en los centros educativos hay que empezar ya a seguir el reglamento de régimen interno a rajatabla si se quieren atajar estos casos, porque el "vacío de autoridad" hace que los chavales se tomen la justicia por su mano.

María dijo...

Hola:

No entiendo muy bien lo que está escrito, pero me encantó haber entrado en tu blog.

Un saludo.

María dijo...

Muchísimas gracias, eres muy amable, gracias por devolverme la visita, te lo agradezco de verdad.

Quería saber cómo debo hacer para poder enteder este textom ¿en qué está escrito? quisiera traducirlo al castellano para poderlo leer ¿me ayudas, por favor? me gustaría leerlo para poder comentarlo.

Muchas gracias, de nuevo.

Saludos y feliz tarde.

Mararía dijo...

Denunciar os tres delincuentes e o colexio tamén.

carmiña dijo...

.

Anónimo dijo...

los profesores han de ser politicamente correctos .Su sustento y su estatus socialmente correcto depende de eso ,hoy estan mas atados de pies y manos q nunca , los padres cada vez mas idiotas y mas protectores _donde va aquella frase q decian mis padres _son cosas de niños .(hoy solo se utiliza si es mi hijo el q hace el daño y yo he de defenderlo,pero simplemente por una cosa ,porque tengo miedo a q asuma sus responsabilidades , y hasta cuando tiene 18 me creo q (es una cosa de niños), pues no .Ya esta bien no son cosas de niños cuando uno tiene el uso de la razon intacto (basicamente pq no lo ha usado nunca),eso no es una disculpa .Tienes 17 18 da igual pero tienes uso de la razon y eso no te exime de culpa ,es mas te da derechos a tu favor pero tb te obliga a respetar reglas de convivencia y de obligado respeto para todo el mundo con lo cual ,si no lo haces no respetas esas reglas ,no respetas a los demas solo queda algo q dicen mis padres y decian antes mis abuelos _NO LAS HAGAS Y NO LAS TEMAS_, para el q no lo entienda ,dejemos q al menos una vez cuando lo merezcan estos personajes sean responasables de sus actos y no les protejamos ,eso ya lo hacen ellos muy bien ,ya tienen toda la informacion del mundo para hacerlo ,y si no apliquemos la maxima calabresa _ hagamosles una visita y q parezca un accidente_(por supuesto aunque fuese deseable esto no seria mas q una opinion de broma "calobressa").Y con eso aun no he aclarado de quien es la culpa pq esa respuesta esta claramente contestada en el texto : la culpa es de tod@s.Y el arreglo real tb,y es q el miedo se vence con miedo (y esto tal vez sea una postura muy extrema e intensa ,pèro q demostraria a cualquiera).Por cierto no siempre ganan los mas fuertes (ver david vs goliat por ejemplo).pero si es el camino mas corto.