domingo, 8 de junio de 2008

En busca de cereixas


O martes andarei en busca de cereixas polo camiño de Santiago con esta muller:
" “Sou Rosaly Isabel Senra Barbosa, signo de escorpião, elemento água, ascendente em capricórnio: antenas no céu, pés fincados na terra. Mineira da gema, vivo em Belo Horizonte, respiro e transpiro o espírito de Minas: liberdade. Sou cidadã do mundo. Curto as artes, as gentes, os intercâmbios.”
“Escolhi o ‘caminho francês’, saindo de Saint-Jean Pied de Port, na França, aos pés dos Pirineus, passando por Santiago, indo até Finisterra ­ o ponto extremo-oeste da Europa. Finisterra significa ‘fim do mundo’ – época em que a humanidade acreditava ser plana a terra - Ali, ao pôr-do-sol, eram feitos rituais de morte e renascimento.
Decobrí que meu bisavó, galego, nascera numa aldeia chamada Almofrei, da provincia de Pontevedra, bem perto de Santiago (...) Como muitos galegos que vieram "fazer a América", saiu do porto de Pontevedra com quatro irmãos, no ano de 1881. Em Minas Gerais abriram estradas, acharam ouro. Morreram, mas as súas famílias cresceram..."
Rosaly, "radialista"(xornalista radiofónica) de Belo Horizonte, que percorreu o camiño francés no ano 2000, deixou nas páxinas deste libro un delicioso relato que nos leva desde Belo Horizonte a Fisterra nunha viaxe que inclúe 30 días de camiñada.
Despois de España e Francia, Brasil é o pais do que máis peregrinos saen para Compostela. Cada ano, 2000 brasileiros percorren "as trilhas"de Santiago, pero, nos anos xacobeos, este número triplícase.

10 comentarios:

Chousa da Alcandra dijo...

Pois eu non sei que etapa farás o martes; pero como che toque algún tramo que coñezo...vas ter que comer as follas. Este ano con tanta choiva na primaveira van atrasadas as cereixas por aquí.

Pode semellar curioso o feito de que sexan brasileiros unha importante cantidade de peregrinos a Compostela. Paulo Coelho ten moito que ver nese feito.

Un chucho

Zeltia dijo...

pois que pena, o das cereixas que di Chousa, porque así, acabadas de coller da cerdeira, están boísimas. As cereixas teñen un algo provocador e sensual.
O do camiño non me enterei moi ben se é un falar metafórico ou se vas ir facer algunha etapa, xa contarás, é algo que está ahí, na miña mente de cobardica nogallán facendo ferida

paideleo dijo...

O camiño é unha das cousas pendientes por facer que non dou feito.
Espero que a camiñada ( real ou literaria ) che sexa proveitosa.

d´Agolada dijo...

Ten razón Chousa, como che toque unha etapa das jodidas, con perdón, valo pasar mal, pero a paisaxe, merece a pena. Bicos. Por certo, xa me pasei polo blog da túa filla, non está mal.

Suso Lista dijo...

Vas ben acompañada, pero non collas un empacho. Bicos

aopedofarelo dijo...

Pero que materialistas sodes....o importnte non é o de comer as cereixas, que me decides da armonia ca naturaleza, o encontro co descoñecido, as xentes, as beiraruas dos camiños,as rutas polo descoñecido.....a Aventura da vida. -....
Cuspe,,,animo non fagas caso estou contigo, e espero as tuas cronicas do que atopas

Cuspedepita dijo...

Non, non, tratábase só de "andar ás cereixas", pasar unha tarde de vagar con Rosaly para coñecela persoalmente, porque eramos "amigas por internet " desde fai xa tempo.
E de certo que pasamos un día especial, rico en momentos de grande emoción tanto no Cebreiro coma en Samos, onde ademáis coñecemos xente encantadora e empapeime coma unha esponxa de cultura brasileira.
Se teño tempo escribirei unha entrada para contalo máis polo miudo.
Amoseille os vosos comentarios e riu moito coa ocurrencia de Chousa de que habiamos ter que comer as follas :-))
Concorda contigo en que Coelho ten moito que ver, anque ela "nao gosta" de Coelho.
Tamén sorriu e afirmou coa cachola lendo sobre o carácter provocador e sensual das cereixas do que fala Zeltia. Dixo " Si, si, ten moita razón"
Nunca me decepcionou ninguén co que fixera previamente amizade por internet, e mira que din que a xente minte, que inventa cousas...
Neste caso a verdade é que Rosaly gaña en persoa, é unha muller á que paga a pena coñecer. É alegre, vital, inqueda e simpática, amiga das bromas, agarimosa...

Lúa dijo...

...la mejor descripcion de una persona que he leído nunca!!!!bicos

vakastolas dijo...

Pois nada mellor que facer do virtual realidade que entra polos sentidos. A mín encantanme as cereixas.

Zeltia dijo...

Veño nunha escapada para decirche que non mandei fotos muller (e se o fixera coma te iba a deixar fora a ti?)E que o mesmo post hai un link, que está non verde esvaído, o enlace está nas mesmas palabras "mis tetas" (no medio do texto) e lévate as mencionadas traídas e levadas, que son un recorte dunha foto pequena que fixen mais grande. Non é mais ca o "canalillo" muller, que ainda que me dou o puntiño exhibicionista, non foi éste de moita intensidade emocional ;-)

Noraboa por esa amistade internauta que botou o salto fora da pantalla, que non hai nada coma un bo abrazo

Unha aperta para tí.