martes, 29 de abril de 2008

De monstros e víctimas

Hai casos, coma o do monstro austríaco que descubrimos estes días, que nos sacoden a conciencia ata o máis fondo.

Que a sociedade civilizada da vella Europa poida agochar no seu seo sotos tan lóbregos, dá que pensar.

Que 24 anos, día tras día, noite tras noite, puidera estar pasando, a metros da vida normal, semellante monstruosidade, sen que ninguén de decatara, ponme os pelos de punta.

Todos coñecemos casos de incesto que se prolongaron no tempo, e casos de secuestro que duran xa moitos anos, pero este supéraos a todos por combinar ambas formas de tortura e pola simple circunstancia de que sexa un pai o que as aplica.

Penso nesa rapaza vivindo 24 anos sen ver o sol, torturada por quen debera querela máis que a nada no mundo, violada, parindo soa e criando fillos nesas circunstancias, e tamén penso neses rapaciños medrando sen máis agarimo que o da súa nai, sen amigos, sen compañeiros de escola, sen escola, sen xogos ao aire libre, sen baños ao sol do verán, sen luz natural, coma toupas ...

A fortaleza humana, a capacidade de resistir e sobrepoñerse ás máis adversas circunstancias saíndo fortalecidos ( o que en psicoloxía chaman resiliencia) é abraiante.
Agardo que os seus mecanismos puideran desenvolverse no interior das víctimas deste dexenerado.

lunes, 28 de abril de 2008

Primeiros premios :-)))


Premio "QUE TE PIQUE UN POLLO"


Premio "BRILLANTE WEBLOG"

Fai uns días recibín o aviso de D´Agolada( http://dagolada.blogspot.com/ ) de que teño dous premios no seu blog que me aledan moito e que lle agradezo de corazón:"Brillante Weblog" e "Que te pique un pollo".

Avísame que estes premios teñen as seguintes bases:

-Ó recibir o premio, hai que escribir unha entrada mostrando o mesmo e hai que citar o nome do blog ou web que cho regala e enlazalo ó post dese blog ou web que te nomea gañador.

-Elixir un mínimo se sete blogs (poden ser máis) que cres que brilan pola súa temática e / ou deseño. Escribir os nomes e os enlaces a eles e avisalos de que foron premiados co premio "Brillante Weblog" (deixarlles un comentario é unha boa opción).

-Opcional: Exhibir o premio con orgullo no teu blog facendo enlace ó post que ti escribes sobre el.

Eu vou incumplir un pouco estas bases para premiar só a tres blogs: os dous das dúas blogueiras máis noviñas que coñezo, a Iria polas súas fotos e a Os nenos polos seus contos, e ao blog de Zeltia porque sempre me sorprende e me engaiola.

Iria : http://www.blogoteca.com/iria/

Os nenos : http://osnenosipvo.blogspot.com/

Zeltia: http://zeltia.zoomblog.com/

viernes, 25 de abril de 2008

Xornadas Universidade e Discapacidade




Hoxe comezaron en Lugo, no salón de actos da E U de Formación do Profesorado, as segundas Xornadas Universidade e Discapacidade, "Favorecendo o coñecemento, fomentando a participación", que seguirán ata o domingo, día 27, coa participación de destacados especialistas da Universitat Jaume I , da Universidade de Murcia, e da de Santiago de Compostela. Tamén participan alumnos con discapacidade funcional e ponentes do Foro de Vida Independente.


Con estas segundas xornadas cristaliza a colaboración entre a Vicerrectoría da Comunidade Universitaria e Compromiso social e as distintas entidades sociais de Lugo ( ONCE, COGAMI, ASPNAIS, DOWN- LUGO...).

Os interesados nas xornadas poden informarse máis polo miúdo no xornal da USC:


O programa das Xornadas: