martes, 29 de abril de 2008

De monstros e víctimas

Hai casos, coma o do monstro austríaco que descubrimos estes días, que nos sacoden a conciencia ata o máis fondo.

Que a sociedade civilizada da vella Europa poida agochar no seu seo sotos tan lóbregos, dá que pensar.

Que 24 anos, día tras día, noite tras noite, puidera estar pasando, a metros da vida normal, semellante monstruosidade, sen que ninguén de decatara, ponme os pelos de punta.

Todos coñecemos casos de incesto que se prolongaron no tempo, e casos de secuestro que duran xa moitos anos, pero este supéraos a todos por combinar ambas formas de tortura e pola simple circunstancia de que sexa un pai o que as aplica.

Penso nesa rapaza vivindo 24 anos sen ver o sol, torturada por quen debera querela máis que a nada no mundo, violada, parindo soa e criando fillos nesas circunstancias, e tamén penso neses rapaciños medrando sen máis agarimo que o da súa nai, sen amigos, sen compañeiros de escola, sen escola, sen xogos ao aire libre, sen baños ao sol do verán, sen luz natural, coma toupas ...

A fortaleza humana, a capacidade de resistir e sobrepoñerse ás máis adversas circunstancias saíndo fortalecidos ( o que en psicoloxía chaman resiliencia) é abraiante.
Agardo que os seus mecanismos puideran desenvolverse no interior das víctimas deste dexenerado.

8 comentarios:

Suso Lista dijo...

Un espanto que nin as peliculas de terror mais terrorífico superarían.

d´Agolada dijo...

Que razón tes, é completamente indignante o deste ¿tipo?, como se pode ser capaz de encerrar durante 24 anos a unha rapaza, é indignante. E logo está o dos veciños que non sabían nada, é certo que non teñen porque sabelo, pero con semellante psicópata ó lado, deberían saber algo. Como di Suso Lista, un espanto que nin as peliculas de terror mais terrorífico superarían. Bcos.

asbeirasdoarnego dijo...

Que, que despreciable, hai que estar mal, pero de verdade, para ter a un ser humán hai nun sótano encerrada, pobre, menos mal que xa sáíu. Un Saudo
www.asbeirasdoarnego.blogspot.com

Chousa da Alcandra dijo...

Costa moito artellar palabras sobre este asunto. Resulta ben complicado saber que existen persoas con tanta capacidade de perversión e maldade.
Supoño que non ten xeito plantexarse un motivo, unha razón para facer unha cousa así.

Un bico!

Raposo dijo...

E como si a perversidade do ser humán non tivera límites. Agora ben, sorpréndeme que a súa muller e os fillos non souberan nada en todo este tempo, non lles dera en 24 anos por visitar o soto, ese lugar onde seu pai fixo obras e visitaba tan a miúdo.

Anónimo dijo...

que sociedade estaremos criando cando non escoitamos os berros, cando despreciamos a presenza dos nosos semellantes, cando un pai mata.

paideleo dijo...

É unha historia que semella incrible.
Esas víctimas non sei como reaccionarán agora á luz do día.

Nuca dijo...

Estiven a pensar como reaccionaría eu na situación da rapaza. Suicidio foi a única saida que atopei.

Efectivamente cómo é que ela e os cativos soportaron tal situación é unha cuestión que merecería ser estudada.

Con respecto ao pai penso en o curtos que se quedan os guinistas que crean perosoaxes noxentos e ultramalvados.