And the winner is...Non, non, non confundín a campaña electoral estadounidense coa entrega dos óscar de Hollywood, anque non me digades que hai moita diferencia. A política é hoxe, máis que nunca, espectáculo puro e duro, onde importa máis se leva a raia ao medio o candidato que para que lado calza o seu programa electoral. E o peor é que iso é así en USA, pero tamén por estes nosos pagos.
Agardo impaciente o resultado desta eterna campaña electoral dos yankies, por:
1.- A conta que nos trae...por exemplo, ¿se gaña Obama, Zapatero deixará de ser personaxe non grato na Casa Blanca e poderá asistir ao cumio dos G20 sen ter que facer a súa propia, e, para moitos, humillante campaña?
2.- O aburrida que estou de ver a McCain a todas horas na televisión e nos xornais ( A Obama aínda se lle perdoa que está de bo ver ;-) )
As previsións dan a victoria a Obama, e eu coido que así será, anque creo que vai gañar moito máis axustadiño do que se di nos medios. E tamén creo que, de últimas, pouco máis nos vai dar, son moi excéptica respecto a que o pretendido
change que prometen os demócratas vaia cambiar moito a política de USA que nos afecta directa ou indirectamente. Deus queira que me equivoque...
O espectáculo de verdade non fai máis que comezar. Obama é bo actor, sabe espertar o lado sensible dos votantes ( anque teña que utilizar á súa avoa para conseguilo) Imos ver o que da de sí.
Agora ben, se gaña McCain, ¡que Deus nos colla confesados !
Mañá falamos ;-)
Cuspedepita